"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Acción de disimular.

    2. Actitude de quen disimula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Naceu no seo dunha familia de cantantes de zarzuela e aos nove anos trasladouse coa súa familia a México. Alí comezou a súa formación musical, fundamentalmente adquirida no teatro cos seus pais e no Conservatorio de México, ao que acudía esporadicamente. Comezou a cantar como barítono ao debutar na zarzuela Gigantes y Cabezudos (1957), de Manuel Fernández Caballero, e aos dezaoito anos na Ópera Nacional de México como tenor co papel secundario de Matteo Borsa de Rigoletto de Verdi. O seu primeiro papel importante como tenor foi o de Alfredo de La traviata (1961) e ese mesmo ano debutou xunto a Lily Pons en Dallas co papel de Arturo de Lucia di Lammermoor. Posteriormente trasladouse a Tel Aviv onde adquiriu experiencia teatral en máis de trescentas representacións e, a partir de 1965, traballou nos principais teatros e festivais europeos e americanos (París, Viena, Berlín, Chicago, Milán, Barcelona, Washington, Salzburgo, Nova York, etc). Debutou no Metropolitan de Nova York...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Dedicouse ao cine a partir de 1915 e despois da Primeira Guerra Mundial participou nas correntes vangardistas. Publicou numerosos escritos sobre cine en distintas publicacións. Entre as súas producións destacan La fête espagnole (A festa española, 1919), La souriante Madame Beudet (A sorrinte Madame Beudet, 1922) e La coquille et le clergyman (A cuncha e o crego, 1926), de tipo surrealista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exaltación ou elevación do espírito producidas, especialmente, pola consciencia do éxito ou da prosperidade, que pode levar ao ensoberbecemento ou á presunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de electroterapia que emprega a calor dun electrodo puntiforme polo que se fai pasar unha corrente de alta frecuencia para a destrución de tecidos anormais, sobre todo tumorais, para deter hemorraxias e como anestésico local. Tamén se coñece como diatermia cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimulación eléctrica dun tecido con finalidades terapéuticas ou experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de emascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emular.

    2. Desexo que impulsa a emular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de encapsular.

    2. Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.

    3. Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.

    4. Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.

    5. Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enquisa de caracter trimestral realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que ten por obxecto coñecer as características da poboación con relación ao mercado de traballo. Achega as estimacións sobre as principais categorías poboacionais (ocupados, parados, activos, inactivos) e algunhas das súas características sociais e económicas (sexo, idade, nivel de estudios). Lévase a cabo por un procedemento de enquisa aleatoria. A EPA cobre todo o territorio nacional, disgregando para as comunidades autónomas resultados equivalentes ao coeficiente de variación das diferentes categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enfilar.

    2. Punto de referencia do relevo da costa, que serve ao pescador ou mariñeiro como guía para orientarse na situación do barco no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enlazar.

    2. Cousa  que serve para unir ou relacionar dúas ou máis cousas.

    3. Persoa que se dedica a manter a comunicación e facilitar a coordinación de esforzos entre persoas ou entidades que non teñen contacto directo.

    4. Cerimonia por medio da que dúas persoas contraen matrimonio.

      1. Lugar onde empalman os trens.

      2. Cruzamento de vías deseñado de xeito que se suprimen ou limitan os puntos en que os vehículos que circulan por unha calzada interceptan os que circulan por outra. Os recursos máis utilizados son o paso a diferente nivel das vías, o establecemento de ramas de conexión entre as calzadas, a prolongación dos tramos de trenzado, a amplitude do espacio ocupado, etc. Segundo os movementos que permite e os puntos de conflito que limita, recibe diversos nomes, alusivos en xeral a elementos físicos de silueta similar á súa planta. Os tipos principais son os enlaces de trevo, de trompeta e de diamante.

      1. Interacción entre dous ou máis atómos que ten como resultado a formación dun composto, é dicir, dun agregado que é estable dentro dun certo intervalo de temperaturas e presións. O enlace resulta das forzas de Coulomb entre as cargas eléctricas positivas e negativas do núcleo e dos electróns. A creación dun enlace entre dous ou máis átomos vai acompañada, obrigatoriamente, de liberación de enerxía e implica o seu achegamento ata unha certa distancia de equilibrio chamada distancia de enlace. Un enlace é máis forte e libera máis enerxía cando máis pequena é esta distancia. Pódense considerar separadamente tres enlaces diferentes, o  iónico, o  covalente e o metálico, que representan cada un deles un caso límite, aínda que todos os casos intermedios tamén son posibles. En todos os casos, cada núcleo conserva preto del os electróns da capa de valencia. Por outra parte, os electróns de valencia localízanse de xeitos diversos. No enlace iónico ou enlace heteropolar...

      2. enlace hidróxeno

        Enlace de feble enerxía, de natureza fundamentalmente electrostática, que está constituído por un átomo de hidróxeno unido covalentemente a un elemento electronegativo, como o fluor, o osíxeno ou o nitróxeno, que provoca unha forte polaridade no enlace covalente. Arredor do núcleo de hidróxeno diminúe a nube electrónica, de xeito que este enlace pode atraer os pares electrónicos libres do átomo electronegativo doutra molécula adxacente. Ten, xa que logo, un marcado carácter direccional. Chámase intermolecular cando se establece entre dúas moléculas dunha mesma substancia ou de substancias distintas, e intramolecular cando se establece entre dous átomos dunha mesma molécula. Tamén se denomina ponte de hidróxeno.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás eritroxiláceas.

    2. Planta da familia das eritroxiláceas.

    3. Familia de plantas, da orde das xeraniais, formada por unhas 200 especies de árbores ou arbustos tropicais, de follas con estípulas escamosas, flores solitarias ou en inflorescencias de cores claras, que dan lugar a froitos en drupa. Pertence a esta familia a coca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea, da familia das fabáceas, pertencente ao xénero Lathyrus ou Vicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión de brillos de forma intermitente con distintas cores e intensidade variable.

    2. Produción de pequenas chispas luminosas por parte dun escintilador, orixinadas polos impactos de partículas de alta enerxía. A luz prodúcese por fluorescencia.

    3. Flutuación rápida no fluxo dunha radiofonte de pequeno diámetro aparente, situada nunha dirección que pasa polas proximidades do disco solar. Débese á presenza de inhomoxeneidades no gas ionizado que constitúe o vento solar, tal como as da baixa atmosfera terrestre producen a escintilación da luz das estrelas. Foi predita por V. L. Ginzburg no ano 1956 e vinte anos despois descubriuna A. Hewish.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos espalácidos.

    2. Mamífero da familia dos espalácidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos rilladores, de forma redondeada, patas curtas e provistas de unllas, rabo moi curto, cabeza achatada, fociño en forma de pa, ollos cubertos de pel e orellas ausentes. Son animais adaptados á vida subterránea e por iso son uns formidables escavadores. Inclúe un só xénero cun certo número de especies distribuídas polo SL de Europa, O de Asia e N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear en que partículas de grande enerxía inciden sobre un núcleo co que provocan a emisión dun gran número de nucleóns individuais. O núclido residual ten un número atómico e másico bastante inferiores aos do primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pensamento creador que non só recibe os datos da experiencia senón que penetra a priori ata os seus fundamentos. Investiga a esencia íntima do experimentalmente captado ata chegar ao ser metafísico e facer visibles as leis absolutas da esencia e do ser. A especulación sérvese fundamentalmente do coñecemento esencial.

    2. Opinión ou xuízo que se basea en certos indicios ou sinais que non se coñecen con seguridade.

    3. Operación efectuada en previsión dunha modificación na estrutura dos prezos, co fin de obter ganancias extraordinarias. Este tipo de operación, que sempre leva consigo un risco, efectúase no proceso de distribución e distínguese das operacións ordinarias de compravenda porque non responde á satisfacción de ningunha necesidade concreta do suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diurético con estrutura de esteroide relacionada coa da aldosterona. Presenta un anel lactónico de cinco membros na posición C17 do núcleo. Actúa como antagonista competitivo da aldosterona. É un diurético aforrador de potasio, produce un aumento da eliminación de sodio e de auga, e diminúe a eliminación de potasio. Emprégase na insuficiencia cardíaca, na ascite e na hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO