"Manuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
GALICIA
Avogado, escritor e xornalista liberal. Xuíz na Cañiza, Pontedeume, Lalín, Béjar e Pontevedra, foi presidente das xuntas revolucionarias pontevedresas dos anos 1843, 1846 e 1854. Colaborador dos periódicos pontevedreses Las Musas del Lérez (1842), La distracción (1852), El País (1857) e La Perseverancia (1859), foi ademais fundador e redactor dos semanarios El Ferrocarril Gallego (1853) e El Esquilón (1861), semanario satírico no que escribía baixo o pseudónimo de Frei Gustavo de la Fé. Foi o autor, xunto con Xosé López de la Vega, de Vida e viajes de los hermanos Bartolomé y Gonzalo Nodal e de numerosos escritos humorísticos publicados en El Cojo e El Cepo. Pouco antes da súa morte iniciou un Dicionario galaico portugués que non rematou.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piragüista olímpico. Participou na categoría C-1 (canoa individual) nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sydney 2000, nas probas de 500 m e 1000 m. No ano 2000 proclamouse Campión de España de C-1. Tamén acudiu a varios campionatos mundiais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1913. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios, o xornal Galicia Libre. Publicou os seus gravados e caricaturas, entre outros medios, en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego e Galicia Gráfica. Refuxiouse en Uruguay en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista bizantino. Estableceu escolas de cultura grega en Italia (Florencia, Milán e Venecia) e Constantinopla. Traduciu ao latín a República de Platón e a Odisea de Homero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi un dos iniciadores da escola de Tebra, caracterizada por unha temática intimista e angustiada, e colaborou en diversas revistas e xornais da época. Publicou os poemarios Frauta na noite (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1947), Fabulario novo (1952) e Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán natural de Melide, e de Petra Enríquez Nogueira, oriúnda de Vilanova dos Infantes, pasou a súa infancia e primeira mocidade na súa vila natal marcado pola tiranía e o integrismo católico do pai, home despótico e violento. Rematados os estudios elementais na escola de Manuel Rebollo, comezou a traballar como escribente para o seu pai, ao tempo que se impregnou da literatura clásica e romántica. A situación entre pai e fillo acabou por facerse insufrible e Manuel, con quince anos, fuxiu da casa paterna cara a Ourense onde o acolleu un antigo compañeiro de escola. De Ourense partiu para Madrid (entre 1866 e 1867); alí instalouse na casa do seu irmán Ricardo e iniciou os estudios de bacharelato xunto cos de dereito, que non rematou. Na capital atopou a protección e favor do ourensán Modesto Fernández González, delegado de Facenda e xornalista que o iniciou nesta última profesión. Participou na Revolución de Setembro de 1868, denominada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Policromou unha imaxe de san Roque, obra de Francisco de Moure (1598).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia Moderna na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Córdoba. Entre as súas publicacións cómpre salientar Ideologías y opciones políticas a través de la prensa a finales del s XIX (1982), El poder municipal y la organización política de la sociedad: algunas lecciones del pasado (1998) e A historia de Galicia vista por Alfredo Brañas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e de Educación da Universidade de Vigo, dá clases na facultade de Ciencias da Educación no campus ourensán. Vicepresidente da Asociación Española para la Educación Especial e membro de diversos comités de revistas científicas e anuarios, dirixe a revista Educación, Desarrollo y Diversidad. Desenvolve unha liña de investigación centrada nas dificultades da aprendizaxe matemática, sobre a que publicou Los conocimientos lógico matemáticos en la escuela infantil (1993), Dificultades de aprendizaje numéricas y matemáticas (1994), Desarrollo de operaciones lógico-matemáticas en sujetos con retraso ligero (1996), La discalculia (1998), Dificultades de aprendizaje del cálculo (1999) e Cómo prevenir las dificultades del cálculo (2000). Tamén desenvolve outra liña de investigación centrada na deficiencia mental, sobre a que publicou Modelos de orientación en educación especial (2001),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e poeta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, residiu ata os dez anos na súa vila natal e logo en Ourense, Palencia e Valladolid. En 1928 regresou a Córgomo e exerceu como avogado no Barco de Valdeorras, á vez que comezou a colaborar con artigos e poemas no xornal Heraldo Orensano co pseudónimo Corgomófilo. Na Guerra Civil española trasladouse a Valladolid, logo a Portugal e a Francia, para máis tarde chegar á zona republicana española na que permaneceu ata a fin da guerra. En xullo de 1939 exiliouse a Guadalajara (México), onde traballou a prol da cultura galega promovendo diversas iniciativas, como a fundación da revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista ou o Ateneo de Galicia; ademais colaborou nos xornais Galicia, Heraldo de Galicia, Nova Galicia e Opinión Gallega. Tralo seu pasamento, as súas cinsas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987. Como poeta deu ao prelo Bebedeira (1934),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e poeta suízo. Foi soldado en Italia (1516) e defensor da Contrarreforma. Deseñou gravados, vidreiras e o cadeirado do coro da catedral de Berna. As súas obras caracterízanse polos detalles macabros e burlescos; entre elas destacan A tentación de santo Antonio, ou A morte e a moza. Partidario do movemento iconoclasta protestante, abandonou os temas relixiosos e cultivou os mitolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Escribiu artigos de carácter científico en publicacións especializadas, e textos literarios e de actualidade en diversos xornais. Publicou Fábula en tres escenas. El dolor de la guerra (1941) e Oración a Sevilla (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Licenciado na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa (1977), foi profesor na Universidade Técnica de Lisboa (1985-1996), na Universidade do Porto (1997), na Universidade Autónoma de Lisboa (1998) e na Facoltá di Architettura do Politecnico di Milano (1999). Traballou con Egas José Vieira, con quen fundou o estudo Contemporânea (1990). Entre as súas obras destacan a nova sede da Associação Portuguesa de Arquitectos no antigo edificio do Banhos de São Paulo (Lisboa, 1991), o Pavilhão de Portugal na Expo’92 (Sevilla, 1989-1992) e a Porta Sul da Expo’98 (Lisboa, 1998). En 1999 recibiu, xunto con Vieira, o Prémio AICA/Ministério da Cultura (Arquitectura) polo conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en Madrid nos obradoiros de D. Vázquez Díaz. Integrouse no movemento vangardista madrileño e relacionouse, entre outros, con B. Palencia, M. Mallo e A. Sánchez. En 1929 viaxou a París onde coñeceu o cubismo. A súa obra mostra unha influencia de Braque e Matisse. Cultivou a paisaxe castelá e os bodegóns, cun predominio dos tons terra nas súas primeiras obras e cun achegamento á abstracción nas últimas. Destacan as súas obras Tierras (1962), Pueblo (1974), Tierra Azul (1982) e Mancha negra (1987). Recibiu o Premio Nacional de Pintura (1958) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1980). Doou o seu legado á Fundación Díaz Caneja de Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especializado nas carreiras de medio fondo, participou en dúas edicións dos Xogos Olímpicos: nos de Atlanta 1996 correu na distancia dos 800 m; en Sidney 2000 disputou as probas dos 1.500 m, e na final rematou no sétimo posto, polo que recibiu o diploma olímpico. Tamén participou en Campionatos do Mundo: nos de Sevilla 1999 foi quinto nos 1.500 m, distancia na que gañara ese ano a Medalla de Bronce no mundial en pista cuberta celebrado en Meabashi. A súa mellor clasificación nos campionatos de Europa foi o cuarto posto que acadou en pista cuberta nos 800 m en 1996 e nos 1.500 m en València no ano 1998. En 1999 converteuse en plusmarquista europeo dos 1.500 m en pista cuberta, ao cubrir a distancia en 3’ 33’’ 32 centésimas. O seu palmarés complétase coa medalla de prata dos 800 m na Universiada de 1997 e dous campionatos de España de pista cuberta na mesma proba, en 1992 e 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid (1945), doutorouse coa tese El latín de Valerio del Bierzo. Contribución al estudo del latín visigodo. Catedrático de Filoloxía Latina nas universidades de València, Salamanca e, dende 1968, de Santiago de Compostela, especializouse no latín tardío e medieval, e nos eidos da patrística e codicoloxía. En 1950 traballou en Múnic na redacción do Thesaurus linguae latinae e, xunto a Paul Lehmann, continuou os traballos paleográficos e codicolóxicos que iniciara en Madrid con Jean Mallon e Pascual Galindo. Organizou a Primeira Reunión Galega de Estudios Clásicos (1979), o coloquio sobre Circulación de códices y manuscritos entre Europa y la Península en los siglos VIII-XII (1982), a Segunda Reunión Galega de Estudios Clásicos (1984), o VIII Coloquio do Comité Internacional de Paléographie Latine (1987) e o seminario Camino de Santiago. Rutas y peregrinos (1989). Autor de manuais de latín para ensino medio, director...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista, político e profesor. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1972 incorporouse ao departamento de Estrutura Económica da facultade de Ciencias Económicas compostelá e doutorouse coa tese Política rexional en Galicia. Dos polos de Desenrolo ás ZUR. En 1972 ingresou no Partido Socialista Galego e en 1977 participou na formación do Colectivo Socialista Galego, que no 1978 se integrou no PSG-PSOE, do que foi secretario xeral de Santiago de Compostela. Deputado autonómico desde a primeira á cuarta lexislaturas (1981-1997) pola circunscrición de Lugo, foi voceiro parlamentario de Asuntos Económicos do grupo socialista. Da súa produción escrita destacan os artigos “Agricultura e capitalismo en Galicia: o proceso de modernización da agricultura galega” (1979) e “Problemas estruturais na integración da agricultura galega na CEE” (1981), publicados en Revista Galega de Estudios Agrarios, e “Galicia na CEE” (1987), editada en Encrucillada....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Ebra, diplomouse en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña (1991). A súa obra, de carácter realista, reflicte paisaxes, o mundo mariño e bodegóns. Traballou, principalmente, ao óleo, ao acrílico e á pluma. Colaborou como debuxante no traballo de investigación Estudio da arquitectura popular e etnografía de Castro Caldelas da Xunta de Galicia (1993). Entre outras mostras colectivas, participou na Colectiva de Pintura da Junta Municipal de Moncloa (Madrid, 1996-1997), na Feira do Debuxo e do Gravado da Xunta de Galicia (1998-1999-2000), no I Salón Vigart de Artes Plásticas de Vigo (1998) e na Feria de Artes Plásticas Arte na Estación (Vigo, 1998-2000-2001). Foi seleccionado nos Premios Ejército del Aire de Pintura en 1996 coa obra 1927, Vuelo sobre Lalín, adquirida polo exército, e en 1997 con Teoría de Vuelo, e no III Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1999) con Herdanza. Realizou exposicións,...
VER O DETALLE DO TERMO