"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Marcel Marceau, especializouse no mimo, e creou o personaxe de Bip, co que mesturaba a sensibilidade romántica coas situacións tráxicas. Destacan os seus espectáculos Paris qui rit, Paris qui pleure (1959), Le danseur de tangos (1972) e The Bowler Hat (2000). Traballou tamén na serie televisiva First Class (1984) e nos filmes Barbarella (1968), Silent Movie (1976), Elogio della pazzia (1986) e Kinski Paganini (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul e xurista. Participou na Terceira Guerra Púnica (149 a C), e asediou Cartago xunto con L. Marcio Censori sen éxito. Foi un dos fundadores do ius civile, e escribiu Manilii monumenta, unha obra en sete libros. Atribúenselle outras leis, fórmulas e actuacións xurídicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formato bibliográfico susceptible de ser tratado por ordenador, desenvolvido pola Library of Congress de EE UU en 1966. É un intento de definir unha fonte estándar de información bibliográfica que permita o intercambio e a manipulación no ámbito internacional. Despois de mellorar o formato inicial apareceu o MARC II (1968). Estrutúrase segundo campos que poden almacenar máis de 500 informacións sobre unha soa obra.
-
PERSOEIRO
Poeta catalán. Consérvanse seis poesías líricas datadas entre os anos 1410-1430. Tamén destacan as súas poesías relixiosas e amorosas enmarcadas dentro da tradición trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, fillo de Pere Marc. A súa obra componse de 128 poemas conservados en 13 manuscritos de finais do s XV e a primeira metade do s XVI, e en cinco edicións antigas, aparecidas entre 1539 e 1560. A súa poesía tratou principalmente o tema amoroso, fundamentada nunha ciencia de ideas aristotélico-tomistas sobre o amor, pola que os homes poderían atopar a plenitude do seu goce só coa contemplación do obxecto amado. Nas obras que pertencen a unha primeira época, aparecen os tópicos do amor cortés, e as que se inclúen nunha segunda época, aparece a contradición simbolizada pola oposición odio/amor. Da súa etapa final destaca o poema 87, primeiro dos grandes poemas morais e didácticos que caracterizan a súa poesía tardía: os seis Cants de mort e o Cant espiritual, a súa obra mestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta catalán. En 1393 foi nomeado mantedor dos primeiros xogos florais por Joan I, cargo que volveu ocupar en 1399. A súa obra literaria comprende tres poemas alegóricos, seis poesías breves e un dicionario de rimas, o Libre de concordances (1371).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta catalán, señor de Beniarjó e pai de Ausiàs Marc. Consérvanse nove poesías líricas dun ton sentencioso e moralizante e os poemas extensos Lo mal d´amor, L´arnes el cavaller e Lo compte final.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Despois de estudar teoloxía e filosofía dedicouse á pintura. Pertenceu a Der Blaue Reiter. Interesado por expresar o movemento na vida e os animais, o seu tema preferido foron os cabalos, Serie de cabalos de Lenggries (1908). Destacan Os tres cabalos vermellos e Os cabalos brancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Sinal que se lle fai a algo ou alguén para distinguilo doutros.
-
marca de canteiro
Sinal que coloca o canteiro en cada unha das pedras labradas para diferenciar o seu labor.
-
-
-
Distintivo externo particular e exclusivo que un fabricante pon nas súas mercadorías para garantir a súa procedencia.
-
Empresa que fabrica produtos de marca.
-
marca rexistrada
Signo ou nome representativo dunha fábrica inscrita no rexistro competente e que goza de representación legal.
-
-
Trazo ou conxunto de trazos que deixa algo ou alguén no lugar en que estivo.
-
Acción de marcar.
-
-
...
-
-
-
DIARIOS
Diario deportivo publicado en Donostia a partir do 21 de decembro de 1938. Baixo o subtítulo “Semanario gráfico de los deportes”, deulle grande importancia ao material gráfico. En 1940 trasladouse a Madrid e, a partir do 25 de novembro de 1942, editouse en formato saba. En 1984 pasou a formar parte do Grupo Recoletos. En marzo de 2002 cambiou o deseño, e acadou a metade da cota de mercado e converteuse no xornal máis distribuído en España, por riba dos diarios de información xeral. Dirixido por Elías Israel a partir de 2001, inclúe información de máis de 60 deportes, cun papel destacado para o fútbol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación aplicada aos territorios hipánicos, fronteirizos co Imperio Carolinxio e que despois foron coñecidos co nome de Catalunya.
-
TERRITORIOS
Territorio do extremo N de Aquitania, que limitaba ao N con Berry, ao L con Auvernia, ao O con Poitou e o condado de Angulema e ao S con Lemosín. Divídese en Alta Marca, que tivo a súa capital inicialmente en Charroux e logo en Gueret, e en Baixa Marca, con capital en Belac. Parece que foi separado de Lemosín cara a 940 polo duque de Aquitania e concedida como condado a Bosón I o Vello. No s XIII pasou á casa de Lusignan e incorporouse ás posesións da coroa francesa en 1531.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico, político e historiador francés. En 1622 foi nomeado presidente do Parlamento de Pau. En 1641 publicou De concordia sacerdotii et imperii, onde expoñía ideas galicanas e, cando modificou a obra, o Rei Luís XIII de Francia nomeouno bispo de Courresan. Con motivo do Tratado dos Pireneos foi convocado á illa dos Faisáns para asesorar os representantes franceses. O cardeal Mazzarino nomeouno delegado francés na Conferencia de Céret, onde a súa superioridade erudita permitiulle confundir os delegados de Filipe IV e facer a división máis favorable a Francia. Luís XIV de Francia recompensouno co nomeamento de bispo de París pero morreu pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico estadounidense. Foi un dos fundadores do Eight Street Club (1949). O máis representativo da súa obra son as colaxes, feitas con toda clase de materiais e baseadas na ensambladura de formas de perfís redondeados inspiradas no corpo humano. A súa actividade desenvolveuse entre Europa e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. De orixe humilde, é o trobador máis antigo despois de Guillerme de Peitieu. Estivo activo nas cortes de Poitiers e de Leonor de Aquitania, sobre todo, pero tamén na corte castelá de Afonso VII. Consérvanse 42 composicións da súa autoría, en que amosa unha actitude moralista e crítica. Atacou o amor cortés, o adulterio e a inmoralidade, e é o representante máis característico do trobar clus no aspecto conceptista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de marcar.
-
Ángulo entre a dirección da proa e a vertical dun astro ou dun obxecto.
-
-
-
de marcar.
-
Que se percibe de maneira clara.
-
Aplícase a unha unidade lingüística que presenta unha particularidade que se opón ás outras unidades da mesma natureza dentro dunha mesma lingua. OBS: Oponse ao que se considera neutro ou non marcado.
-
-
-
Que ou quen serve para marcar.
-
Taboleiro en que se marcan os tantos dun equipo ou xogador nunha competición.
-
Xogador que se encarga de marcar o adversario.
-
Xene ou sección de ADN, de localización física coñecida sobre un cromosoma, a herdanza do que pode ser seguida, o que fai que se empregue para a identificación de segmentos cromosómicos. Os marcadores xenéticos contribúen á identificación e localización dos xenes responsables de determinadas enfermidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
marchantiáceo.
-
-
Pequeno xerador de estímulos eléctricos que, conectado permanentemente ao corazón, o excita ritmicamente e asegura a súa contracción e o seu ritmo cando é incapaz de facelo por si mesmo.
-
Calquera tecido especializado que inicia e mantén o ritmo de determinadas funcións do organismo (contraccións do útero, latidos do corazón).
-