"Martínez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 251.
-
PERSOEIRO
Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Modelo. Despois de gañar o certame The Look of the Year comezou a traballar con algúns dos deseñadores máis destacados da moda internacional, como Christian Lacroix e Karl Lagerfeld. Exerceu como embaixadora da Moda Galega e participou no filme A rosa de pedra (1999). Tras abandonar os desfiles seguiu vinculada co mundo da moda, xa que é imaxe de marcas como Amichi ou Cortefiel e colabora con revistas de moda prestixiosas do sector en España como Telva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Militante do PP, foi concelleira no concello de Vigo (1995-1999), directora xeral de Servizos Sociais na consellería de Sanidade e Servicios Sociais (1999-2001) e conselleira de Asuntos Sociais (2001-2003). Foi deputada no Parlamento de Galicia na VI lexislatura (2002-2003) e en 2003 acadou a alcaldía de Vigo, despois da cuestión de confianza que destituíu a V. Pérez Mariño. Desde 2004 é senadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e escritor. Licenciado en Belas Artes (1984), cultivou a pintura e a fotografía dixital. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Escribiu 1937, Castelao e Souto en Valencia (1985), Tratamento Dixital da Imaxe (1999), Arturo Souto (2002) e A Guerra de Arturo Souto (2002). Colaborou, entre outras obras, no deseño de Instituto Xelmírez. Pasado e presente (1997), Con pés na terra (1999) e Dame a túa man (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Foi cirurxián maior do exército español, co que realizou viaxes por España, Italia e o N de África. Iniciador e primeiro profesor do Jardín Botánico de Madrid e interesado tamén pola fitoterapia., comezou a publicar en 1762 Flora española ou historia de las plantas que se crían en España, a primeira obra no seu xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, político e escritor, pai de Xaime Quintanilla Ulla. Formado na Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Ferrol en 1917, onde abriu unha clínica de cirurxía. Defensor do galeguismo e do socialismo, foi membro da Irmandade da Fala de Ferrol e asinou o Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala (1918). Militou no PSOE desde 1920 e foi alcalde de Ferrol coa chegada da Segunda República en 1931. Apartado da alcaldía despois dos sucesos de outubro de 1934, retornou ao concello como concelleiro en 1936. Participou na reunión dos concellos galegos celebrada o 3 de xullo de 1932 en Santiago de Compostela, foi membro e vogal do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932), director de El Correo Gallego e fundou e dirixiu a colección Céltiga. Colaborou en diferentes publicacións e dos seus escritos destacan a comedia dramática Alén (1921), a novela curta Saudade (1922) e o drama Donosiña, estreado en 1920. Morreu paseado xunto con outros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro naval e capitán de navío. Ocupou diversos cargos dentro da carreira militar. Foi presidente da Federación Galega de Vela (1988-2002), promovendo o barco Galicia 93 Pescanova, da Asociación Galega de Actividades Náuticas. Recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Cruz de San Hermenegildo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1881 e pasou á misión de Marrocos. Escribiu Sumario de las Indulgencias (1892), Colección de varios documentos referentes a la Prefectura Apostólica de las Misiones católicas españolas en Marruecos (1892) e Exposición de la Regla de los Frailes Menores por el mismo legislador N. Seráfico P. San Francisco (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social. Das súas publicacións destaca Valencia-Galicia, estudo práctico acerca del tratamiento más eficaz del cólera morbo asiático, método seguido en la epidemia colérica de Valencia del presente año (1885), que publicou tras unha estada en València como colaborador na loita contra o cólera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, das súas obras destacan La Transición morfoclimática en la cuenca del Ulla (1982) e La inversión en el sector agropecuario de Galicia: estrutura y objetivos (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Centrou os seus estudos no campo da paleografía e a diplomática. Escribiu El Monasterio cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): estudo histórico (1137-1310) (1989) e A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399) (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Axente comercial e industrial adegueiro. Formou parte da corporación municipal de Vigo, presidida por Tomás Pérez Llorente (1950). Foi pioneiro na elaboración dun mellor viño do Rosal, ao que se dedicou plenamente desde 1978. Foi presidente de axentes comerciais, colexiado de honra dos aseguradores, membro da Enxebre Orde da Vieira, membro da confraría dos Enófilos da Bairrada-Portugal (1982), confrade de mérito dos Amigos da Cociña Galega (1987) e Gran Adegueiro do País Galego (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Autodidacta e admirador do debuxante estadounidense Frank Robbins, especializouse en cómic e humor, e foi un dos primeiros creadores en achegar erotismo ás publicacións españolas con rapazas semiespidas. Colaborador con tiras de política de actualidade en El Correo Gallego, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, os seus traballos foron publicados en diversos países, como España, Portugal, México, Colombia, Polonia, Irán, Rusia, Francia, Holanda, EE UU, Austria e Alemaña. Ademais, traduciuse a súa obra ao inglés, portugués, polaco e persa. Parte da súa obra foi recompilada en nove libros publicados. Para a revista de cómics El Globo creou a súa famosa serie “El Edén”, que sobreviviu á censura. Ademais, realizou diversas exposicións individuais e colectivas en diversos países europeos, Rusia e EE UU, dos que cómpre destacar o celebrado na igrexa Marktkirche de Hannover e o do XXVI Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Foi campión de España en diversas ocasións e gañou os torneos Conde de Godó (1962 e 1970), Roland Garros (1961 e 1964), Forrest Hills (1965) e Wimbledon (1966). Durante 14 anos formou parte do equipo español da Copa Davis, co que chegou á final en dúas ocasións (1965 e 1967), e que capitaneou entre 1980 e 1985 e en 1995. En 1965 foi proclamado mellor tenista amateur do mundo. Retirouse en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Canteiro de profesión e militante da UGT desde 1907, dirixiu o periódico Lucha Social (1919). En 1921 integrouse no Partido Comunista de España e, baixo a súa presidencia, a Sociedad de Canteros integrouse na CNT. Na Segunda República colaborou en Mundo Obrero e Bolchevismo, e durante a Guerra Civil Española foi secretario xeral do Instituto de Reforma Agraria. Ao termo da contenda, logo de pasar por un campo de concentración francés, o PCE enviouno como organizador e propagandista á República Dominicana, Colombia e Venezuela. Escribiu La revolución popular en el campo: colectividades agrícolas (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Manipulador de monicreques. Coñecido como Xosé o dos Monecos e Traga Estopa, foi o creador do teatro ambulante Melodías de España, co que popularizou por toda Galicia o personaxe Barriga Verde. Destacado acróbata de circo, co tempo estableceu a súa propia compañía. Pódese considerar o fundador do teatro popular galego dos monicreques. Constituíu unha das atraccións características das festas celebradas na Praza de María Pita na Coruña, no San Froilán de Lugo, nas da Peregrina de Pontevedra, nas do Corpus de Ourense e nas festas da Ascensión en Santiago de Compostela. Retirouse en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Deseñou as cartas hidrográficas das rías de Ortigueira e Ladrido. En 1870 emigrou a Cuba e incorporouse ao Arsenal de Mariña de La Habana. Regresou a Galicia e, por motivos políticos, emigrou de novo a Uruguay e Arxentina, onde exerceu como xornalista, mestre e arquiveiro. Foi cónsul de Paraguay en Arxentina e colaborador de publicacións periódicas como El Eco Ortegano. Foi membro da Societé Académique d’Histoire Internationale de París, da Academia Americana de la Historia en Bos Aires, e correspondente da Real Academia Galega. Escribiu traballos bibliográficos e de investigación, dos que destacan Gallegos ilustres en América durante el descubrimiento y conquista (1901) e P. M. Fray Felipe de la Gándara: ensayo crítico-histórico y bibliográfico acerca de su tiempo y de sus obras (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 29.12. 1912) Pintor. En 1935 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Co estoupido da Guerra Civil foi mobilizado e ao termo desta rematou os estudos. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo e, desde 1954, concorreu ás Exposicións Nacionais, onde obtivo unha terceira medalla en 1962. Cultivou o retrato, a paisaxe, incluída a urbana, o bodegón e as escenas populares. De estilo íntimo e ecléctico, evolucionou desde o realismo figurativo e pintou figuras moi escultóricas integradas na paisaxe, exaltando sentimentos de tenrura. A súa pincelada é firme, sen veladuras nin esfumados. As súas obras achéganse, partindo dun postimpresionismo cubista, aos modos fauves. Destacan, entre outras obras, Pintora e modelo (1952), Porto de Guixar (1965), Muller con muíño (1965), O Berbés (1973), Capea en Albarracín (1984-1985), Praia (1985-1987), Boi esfolado (1985),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Marín 17.6. 1901 - 10.5.1995) Pintor. Foi un dos membros da vangarda histórica galega, do grupo dos Renovadores. Estudou maxisterio por libre desde 1914 e en 1925 trasladouse como mestre a Oia (Vigo) e comezou a asistir aos parladoiros do café Derby. En 1927 obtivo unha pensión da Deputación de Pontevedra e marchou a Madrid, onde estudou debuxo e pintura e participou en exposicións colectivas como a de arte galega realizada no palacio do Retiro. En 1931 gañou unha bolsa de viaxe da deputación provincial e viaxou a París. Foi socio fundador e profesor de debuxo da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia, que posteriormente tomou o seu nome, e realizou a maioría das súas exposicións en cidades e vilas galegas. Na década de 1920 comezou a colaborar como columnista e como viñetista en diversas publicacións como Faro de Vigo (1925),Vida Gallega (1925-1929), Céltiga (1925), El Sol (1929), La Libertad (1929), El Pueblo Gallego...