"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu inicialmente como corrente interna de Izquierda Unida (1992) e que celebrou o seu congreso constituínte en novembro de 1996. En marzo de 1998 tivo lugar o I congreso de Nueva Izquierda, en que Cristina Almeida foi elixida presidenta do partido e Diego López Garrido secretario xeral. Integrouse como corrente no PSOE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política fundada en 1974 co nome de Unión Social-Demócrata Galega. O seu fundador e primeiro presidente foi Alfonso Zulueta de Haz, aínda que tamén destacou J. L. Fontenla Rodrigues. Defendía a autodeterminación de Galicia, para integrarse nun estado federal, e a democracia, e definíase como socialista humanista, personalista, comunitario e demócrata. Propugnaba unha reforma socialdemócrata. En 1976 formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas e disolveuse despois do fracaso das eleccións de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política que se constituíu en Madrid en 1984. Aglutinou, sobre todo, militantes da Unión de Centro Democrático e estivo presidida por Antonio Garrigues Walker. Presentouse ás eleccións de 1986 pero, ao non conseguir representación parlamentaria, disolveuse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política de ámbito español que se organizou tras a Revolución de Setembro de 1868. Quixo ser a concreción organizativa do federalismo e do republicanismo, pero tardou en converterse nun verdadeiro partido político e inicialmente foi só un movemento que se pretendeu fundamentar na teoría do pacto de F. Pi i Margall. O movemento axiña se dividiu en benévolos e intransixentes. Os primeiros tendían a supeditar o partido á representación parlamentaria. Os segundos inclinábanse máis aos pactos rexionais e á actuación na rúa ou á insurrección armada. Tras o Pacto de Tortosa de maio de 1869, Pi i Margall impuxo a sinatura dun pacto nacional (xuño de 1869) que non puido evitar a insurrección federal. Na Primeira Asemblea Federal estableceuse, para conseguir máis unidade e eficacia, un directorio de cinco membros residente en Madrid. Ademais, a división interna continuou a agravarse, feito que favoreceu a proclamación da Primeira República Española. Como resposta configurouse unha tendencia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado en 1991 durante o congreso de Rimini como sucesor do Partito Comunista Italiano. O seu secretario xeral, Achille Occhetto, decantou o partido cara á socialdemocracia. Nas eleccións de marzo de 1994 foi a forza principal da coalición Progressistas. Por culpa dos precarios resultados electorais daquel ano, A. Occhetto dimitiu da secretaría xeral, cargo que foi ocupado por Massimo D’Alema que o revalidou no I congreso (1997). D’Alema, liderou a coalición L’Ulivo con Romano Prodi, e a vitoria desta coalición nas eleccións xerais de 1996 posibilitou a entrada no goberno desta formación. Ao final de 1998, a causa da crise de goberno provocada por Rifondazione Comunista, R. Prodi dimitiu do seu cargo de xefe de goberno e foi substituído por D’Alema. En 1998 pasou a formar parte, xunto con outras formacións, de Democratici di Sinistra (DS), que á súa vez forma parte da coalición electoral L’Ulivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristalización dos elementos das rochas por efecto da presión causada por formas oroxénicas.
-
PERSOEIRO
Escultor grego. O seu nome apareceu na base de diversas estatuas atopadas, sobre todo, en Rodas, e mencionouno Plinio. Crese que realizou a imaxe do navarco Axesandridas, que figura na birreme esculpida na acrópole de Lindos e a Vitoria de Samotracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta pleocroísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cambio de cor que se observa nun mineral examinado a través dun microscopio polarizador, cando se fai xirar a platina.
-
-
Forma de goberno en que o poder reside nun grupo social minoritario ou reducido, privilexiado polo seu poder económico, ou no que o criterio de elección dos gobernantes ou dos que participan nela se mide segundo a riqueza que posúen.
-
Conxunto dos ricos que teñen poder ou influencia debido á súa riqueza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten poder ou influencia debido á súa riqueza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á plutocracia ou aos plutócratas.
-
-
Relativo ou pertencente aos presocráticos ou á súa filosofía.
-
Cada un dos pensadores gregos anteriores a Sócrates (ss VI-V a C), que integraron o primeiro período da filosofía grega. Destacaron os membros das denominadas escolas xónica, pitagórica e de Elea, como tamén os pluralistas e os sofistas, malia que boa parte dos pensadores integrantes destes dous últimos grupos foron contemporáneos de Sócrates ou mesmo posteriores. Foron coñecidos a partir de fragmentos que citaron nas súas obras filósofos e historiadores posteriores (Platón, Aristóteles ou Dióxenes Laercio) que intentaron, en xeral, explicar a constitución fundamental e o cambio da natureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia dun suxeito a postergar a realización de algo, xeralmente debida a unha neurose obsesiva.