"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Papa (1271-1276). Reuniu o II Concilio de Lyon (1274) para unificar as igrexas grega e latina, emprender unha cruzada e reformar os costumes dos clérigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1370-1378). Tentou poñer fin á Guerra dos Cen Anos e aprobou bulas de condena contra os seguidores de Wycliffe. En 1377 recuperou a sé papal de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1406 -1416). Patriarca titular de Constantinopla, foi elixido polos cardeais romanos fronte ao antipapa Benedicto XIII, nomeado en Aviñón. Deposto polo Concilio de Pisa, despois do Concilio de Constanza renunciou ao seu cargo para evitar a separación da Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1572-1585). Fundou a Universidade Gregoriana en Roma como Escola Superior dos Xesuítas, así como diversos colexios e seminarios en Viena, Praga e Gratz. Axudou a Filipe II contra os hugonotes e fomentou a oposición católica a Isabel I de Inglaterra. Acometeu a reforma do calendario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1590-1591). Excomungou a Enrique IV, que se puxera de acordo cos reformistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1621-1623). Axudou aos irlandeses e favoreceu a restauración católica en Francia. Preocupouse das misións para as que instituíu a Congregación de Propaganda Fide (1622).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1831-1846). Relixioso camaldulense, durante o seu papado recorreu á axuda de Austria para acabar coas loitas que xurdiron no Vaticano. Rompeu relacións diplomáticas con Prusia, Rusia, España e Portugal (1835-1840) e potenciou as misións católicas en América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755-1785), estivo ao servizo de Carlos III. Contable da casa Baretta en Nápoles, foi nomeado por Carlos III administrador xeral de víveres militares (1742), director xeral de aduanas (1746) e secretario de Facenda (1753). Tras recibir os títulos de marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755), acumulou na súa persoa as carteiras de Guerra, Mariña e Comercio do reino napolitano. En 1759, tras ocupar Carlos III o trono español, trasladouse a Madrid, onde ocupou a carteira de Facenda. Desde 1763 ocupou tamén a secretaría de Guerra e interinamente a de Gracia e Xustiza. Iniciou un programa de reformas que o levaron a fundar montepíos para viúvas e orfos, á creación do sistema de loterías, a impulsar a urbanización de Madrid e a promulgar o bando sobre capas e chapeos (1766), que iniciou o motín de Esquilache. Tras ser cesado polo monarca nos seus cargos (24.3.1766), trasladouse a Sicilia e foi nomeado embaixador de España en Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Domingos de Santiago, foi profesor de filosofía e teoloxía en Santiago (1794-1798 e 1800-1805), Oviedo (1798-1800) e Ourense. No 1815 obtivo o título de doutor na Universidade de Santiago feito que lle permitiu, un ano despois, ser designado polo claustro compostelán como substituto da cátedra de Teoloxía. No 1817 foi nomeado moderante da Academia de Teoloxía, da que tamén foi presidente. Finalmente no ano 1833 obtivo a cátedra de Institucións Teolóxicas. Dentro da súa orde relixiosa desempeñou os cargos de calificador do Santo Oficio, prior do convento de Pontevedra (1813-1816), prior do de Santiago (1826-1829) e vicario xeral de Galicia (1825-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome latino Gregorius, tomado do grego Gregorios ‘esperto’, ‘activo’, ‘vixiante’ e este do verbo γρηγορέω ‘vixiar’. Presenta os hipocorísticos Xilgorio, Goro, Goros; Goriño, Gorecho/Goriña e Gorecha. Destacan con este nome os doutores da Igrexa Grega san Gregorio Nazianzo e san Gregorio de Nisa; san Gregorio de Tours e san Gregorio I o Magno, padre da Igrexa Latina, e dezaseis papas. San Gregorio é titular de tres parroquias. O frade bieito san Gregorio, bispo de Ostia, ten culto en Monterrei.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista italiano. A súa obra teórica e as súas realizacións buscan a superación do racionalismo. Construíu diversos edificios de vivendas en Novara e Milán, sedes de facultades universitarias en Palermo e Florencia, e proxectos de actuación urbanística. Foi coautor do proxecto de remodelación do estadio olímpico de Montjuïc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e compositor. Destacou polas súas investigacións sobre óperas esquecidas ou descoñecidas e escribiu óperas como Fata Malerba (1927), música sinfónica e para películas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano sucionador propio de certas plantas parasitas que é capaz de absorber substancias nutricionais de hóspedes. Existen haustorios que penetran nos tecidos da planta hospedante e outros que se constitúen por un disco adhesivo do que parten unha serie de pequenas raíces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas, xeralmente das especies de pasto, producida por fungos do xénero Helmintosporium. Caracterízase pola aparición de manchas na follaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gregorio Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas causada por fungos do xénero Heterosporium. Produce manchas descoloridas nas follas, con zonas escuras concéntricas. Ataca, entre outras plantas, os caraveis e algunhas bulbosas.
-
-
-
Estudio bibliográfico e crítico dos escritos sobre a historia e as súas fontes.
-
historiografía da arte
historiografía da arte.
-
-
Conxunto de obras e investigacións históricas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á historiografía.
-
-
Persoa que está designada para escribir a historia dun reino ou estado, dun monarca ou dun acontecemento específico.
-
Persoa especializada en historiografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica dunha serie de observacións, ordenadas e expresadas en función do tempo, relativas a unha variable física, económica, meteorolóxica, etc, que permite poñer de manifesto a tendencia, a periodicidade e, en xeral, a variabilidade da magnitude considerada.