"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Centrou a súa actividade médica no ámbito clínico, principalmente na cirurxía vascular. Formouse en cirurxía xeral co doutor Xerardo Fernández Albor no Policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela, e foi médico adxunto do servizo de cirurxía vascular do doutor Sobregrau no hospital Vall d´Hebron de Barcelona (1970-1975). Posteriormente foi xefe do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do centro médico POVISA de Vigo (1976-1998); dende ese posto modernizou a cirurxía vascular en Galicia. Entre as súas publicacións destaca “Isquemia aguda producida por drogas y fármacos” (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos peixes que acoden desde os ríos e lagoas litorais ao mar para reproducirse. Por extensión, considéranse parcialmente catádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar a augas máis profundas e afastadas das costas, así como as especies de auga doce que se trasladan cara á parte baixa dos ríos para desovar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento principal dun tipo de analizador de gases que determina as proporcións constituíntes de certas mesturas ao comparar as condutividades térmicas destas coa dun gas patrón. As diferencias de condutividade térmica entre os dous gases comparados provocan quentamentos diferentes de dúas resistencias somerxidas neles e que pertencen a distintas pólas dunha ponte de Wheatstone; isto provoca un desequilibrio da ponte, medido polo galvanómetro. Emprégase como detector na análise de gases industriais e na cromatografía de gas-líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar por medio de espellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecía na Antigüidade o cabo Touriñán. Estrabón tamén o denomina cabo Nerion, xa que nesta zona habitaba o pobo dos célticos nerios (celtici neri).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión diferenciada do cromosoma que ten por función dirixir o seu movemento durante a anafase. Polo xeral, caracterízase por unha constrición localizada que ocupa unha posición constante en cada cromosoma en particular dividíndoo en dous brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento feito con cera co que fretaban os músculos os atletas romanos antes de comezar a loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñación a través das figuras que forman as gotas de cera derretida, que se botan na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión inventada nos EE UU para designar a hipótese fantasiosa dun accidente nunha central nuclear de tal magnitude que o núcleo do reactor, ao non poder expandirse cara ao exterior por impedilo o edificio de contención, atravesase a Terra ata emerxer en China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de choromicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chorar debilmente, sen gana e sen motivos suficientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen chora con frecuencia e de forma débil. Ex: Ese neno xa era choromicas de pequeno.

    2. Que ou quen sempre se está a queixar por calquera cousa.

    3. Denominación que reciben algunhas aves, especialmente a avefría e algunhas gaivotas, pola similitude da súa voz co choro humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas, con forma de bastón, que poden producir o pigmento violaceína, de propiedades antibióticas e de cor púrpura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de datación en xeofísica, fundamentada na proporción relativa do isótopo radioactivo 10Be, que ten un período de semidesintegración de 1,5 millóns de anos. O procedemento de análise faise por medio dun ciclotrón, e permite facer datacións sobre escalas de ata 15 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de evolución lenta constituído por cordóns epiteliais anastomosados en forma de rede. Segregan substancias mucosas e hialinas que se depositan en cavidades cilíndricas ou no espazo situado entre o epitelio e o estroma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico para colorear imaxes ideado polo fotógrafo pontevedrés Juan Enrique Barreiro Vázquez en 1924. Consistía en utilizar dúas cores, o carmín e o azul verdoso, que substituían ao vermello alaranxado e o amarelo verdoso, co que se daba así un colorido máis natural e menos agresivo á vista ca os anteriores. Este avance foi moi ben recibido pola crítica e polo público da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono e mártir. Ordenado diácono polo Papa Marcelo (300), tiña sona de exorcista; conta a lenda que lle sacou o demo do corpo a Artemia, filla do Emperador Diocleciano, e a Fobia, filla do rei de Persia. Maximiano Hércules obrigouno a que renegase da fe cristiá, pero, ante a súa negativa, foi sometido a crueis tormentos ata que finalmente o decapitaron nas termas de Salustio. En Vilariño das Touzas (Riós) invócano contra a dor de cabeza e, sobre todo, contra o pedrazo; sen embargo, noutros lugares para pedir a chuvia mollan o santo. Na iconografía viste a dalmática e leva na man un libro; como atributos, un demo encadeado ou un dragón (exorcista), ou vai acompañado dunha princesiña coroada (a filla do emperador). A súa festa celébrase o 8 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO