"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Situado na parroquia de Castrelos (Vigo), no Parque Municipal Quiñones de León, coñécese tamén como Pazo Quiñones de León. Ten a súa orixe nunha antiga torre coñecida como Torre de Lavandeira que sufriu as incursións portuguesas de 1665. Os seus donos, Benito Tavarés e Ana Ozores de Soutomaior, construíron en 1670 o edificio que substituíu a torre anterior. Ten planta rectangular cun corpo central enmarcado entre dúas torres ameadas. Ao corpo central engadíuselle a principios do s XX unha nova ala que se prolongou ata a capela. A fachada principal destaca pola disposición regular e xeométrica dos vans e a decoración cun grande escudo dos Tavarés e outros máis pequenos coas armas dos Castro, Ozores, Soutomaior e Oia. A fachada posterior dá ao xardín que se divide en diversos espacios: un xardín de rosais, un xardín francés, obra dun xardineiro portugués cunha disposición xeométrica, e un xardín inglés formado por grandes extensións verdes cun pequeno estanque e rodeado por unha corredoira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vigo. Datada nas primeiras décadas do s XII, conserva unha inscrición do ano 1216 no interior. Pertenceu á encomenda de Beade da orde de san Xoán de Malta. Ten unha única nave e unha ábsida semicircular na cabeceira; a cuberta da nave é de madeira a dúas augas e a ábsida cóbrese con bóveda de canón no treito recto e de cuarto de esfera no semicircular. O exterior da ábsida presenta tres óculos ornamentados con axadrezados e flores de seis pétalos. Estes motivos están presentes na decoración das portas de arco apuntado das tres fachadas do templo, mentres que nos tímpanos o motivo decorativo é a cruz de Malta. As tres portadas son abucinadas e caracterízanse por ter os tímpanos decorados polas dúas caras, as arquivoltas apuntadas e dobradas, e con rosetas de seis pétalos como motivo ornamental básico, que se repiten no arco triunfal e no interior das ventás laterais da nave. A fachada principal ten unha ventá semicircular con seteira interior e remata nunha espadana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Listón de madeira situado na parte exterior do bordo das embarcacións de pesca, que forma a parte máis alta do costado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do Courel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega situada en Perelada, Girona, fundada en 1923 e adscrita ás Denominacións de Orixe Empordá-Costa Brava e Cava, especializada en viños de liña moderna (con castes de uvas francesas) e en cavas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das meliáceas, de follas pinnaticompostas e flores amarelas, propio da América tropical. Contén, entre outras, a especie Cedrela odorata, da que se explota a madeira para facer mobles e caixas de habanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas desordenadas e revoltas.

    2. Cousa que se realiza sen ningún coidado.

    3. Situación ou asunto confuso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea ou de roupa vella gastado e roto.

    2. Porción de neve que cae.

    3. Excremento humano sólido e con forma cilíndrica.

    4. Trenza que se fai con moi poucos cabelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula de neve que cae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e animador teatral. Logo de colaborar con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet, formou unha compañía non profesional coa que investigou a improvisación, a dramatización e o xogo dramático, procedementos que utilizou nas súas propostas de creación de grupos de teatro para a infancia e a mocidade. Foi un dos promotores da regularización da docencia da Expresión Dramática, mesmo publicou en 1936 un libro pioneiro no ámbito do teatro e da educación: Jeux dramatiques dans l’éducation. Introdution a une mêthode (Xogos dramáticos na educación. Introdución a un método).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo da orde dos perciformes. Duns 40 cm de lonxitude, presenta corpo alto e comprimido lateralmente, aletas ventrais negras, e nos lados bandas azuis e douradas. Posúe unha mancha negra moi grande na parte posterior da cabeza, dende a liña dorsal ata o ángulo do opérculo, e outra na base do pedúnculo caudal. É unha especie hermafrodita e omnívora, común no Atlántico tropical ata o Golfo de Bizkaia e no Mediterráneo; vive na zona litoral costeira sobre fondos rochosos e nos portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. perdiz charrela.

    2. carrán caribranco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira unida ao pau da dorna que serve para izar a vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero das algas verdes unicelulares e inmóbiles, da orde das clorococais, que ademais de vivir de xeito libre, é a alga predominante na simbiose con organismos de augas continentais. Vive no plasma de protozoos, esponxas, celentéreos e cilióforos, pero tamén aparece na simbiose de fungos liquenizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Choca de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido que se elabora coas vísceras e cos restos do despezamento do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (268-270). Recibiu o apelativo de Gótico e destacou como militar durante o goberno do Emperador Decio. Defendeu as Termópilas do ataque dos bárbaros e no reinado de Valeriano foi gobernador da Iliria. Sucedeu a Galieno á fronte do Imperio, despois de ser elixido emperador polos seus soldados. Venceu os godos en Margus e detivo o avance dos alamanos, pero fracasou no intento de pacificar a Galia e Exipto. Morreu víctima da peste e sucedeuno Aureliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa a un animal imaxinario que se utiliza para burlarse das persoas que pretenden cazalo. Ex: É tan parvo que unha noite intentou cazar un cocerello.

    VER O DETALLE DO TERMO