"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e tradutor. Traballou en El Día, El Periódico de Aragón e, desde 2001, no Heraldo de Aragón, ademais de dirixir suplementos culturais e colaborar en ABC, Equipo, Radio Zaragoza e Cadena Cope. Presentador dos programas “La Noche de Buñuel” (2000), “La Noche de Sender” (2001) e “Viaje a la luna” (2003) en Antena Aragón, traduciu Los dioses inaccesibles (1994) e En la hora de nuestra muerte (2003). Ten publicados libros de bibliofilia, Bestiario Aragonés (1991); de xornalismo, Veneno en la boca (1994); e de narrativa en galego e castelán, A lenda da cidade asolagada (1995), Vida e morte das baleas (1997) e Los seres imposibles (1998); ademais doutras obras como Aragón (2001) e Vidas de cine (2002). Recibiu o Pedrón de Ouro (1983 e 1986) e o Premio Zaragoza de Periodismo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1975), foi profesor nas universidades de Deusto, Alacant, Oviedo e Santiago de Compostela. Director do grupo arqueolóxico Larouco, foi membro fundador do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense e da revista Boletín Auriense. Académico correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega, publicou La red viaria romana el sudeste de Galicia (1973), Galicia meridional romana (1977), Guiones de Historia Antigua Universal (1980), O tecido urbanístico da cidade romana (1997), Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior (1997) e O santuario rupestre galaico-romano de Panóias (Vila Real, Portugal): novas achegas para a súa reinterpretación global (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lugo 1887 - Santiago de Compostela 1939) Pintor. Coñecido como Xesús Corredoira, formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e nos talleres de Cecilio Plá (ata 1906) e de J. Sorolla (1906-1909). Aínda que partiu do costumismo (Muller galega, 1905), manifestouse como un pintor achegado á estética do simbolismo. En 1910 regresou a Lugo e acrecentou esa visión, aínda que marcada por un certo misticismo relixioso-idealista (A Sagrada Familia, 1911). Os seus cadros, de gran formato, mesturaron influencias do prerrafaelismo e do simbolismo. Representou as figuras cun canon alongado, remarcado polas mans, os rostros pálidos e angulosos e as roupaxes escuras, moi achegados á estética do Greco (Orantes, Seminarista). Os volumes planos sobre fondos negros, a austeridade cromática, os escenarios sombríos e, ás veces, anacrónicos, redundan nun mundo cargado de solemnidade litúrxica (Santeiro). Desta época destaca o retrato...
-
PERSOEIRO
Escultor. De formación autodidacta, achegouse ao mundo da ferraría da man do seu avó. Traballa con diversos materiais como a madeira, o granito, o aceiro, o ferro ou o titanio, empregando materiais de refugallo procedentes, moitas veces, da súa profesión médica. Realiza obras de carácter abstracto e figurativo, estas últimas expresionistas. Das súas obras destacan Golfista (Editorial Akal, Madrid), Campus Stellae (Pontevedra), Velas en urbanización A. Cambeses (Vigo), Monumento al Labrador (Valencia de Don Juan), Outro bico (2005) e Na boca do lobo (2005). Socio fundador de Galuart, é membro do Circle des Artistes Peinares et Sculptures du Québec. Realizou exposicións en Galicia, Portugal e Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Gudiña 1956) Etnógrafo. Estudou as tradicións e os costumes do surleste ourensán, Sanabria e Trás-os-Montes. Publicou Catalogación dos muíños fariñeiros (1992), Máscaras de Entroido no Sureste Ourensán (1998), A Gudiña, historia, arte e natureza (2000), Así falan na Gudiña (2000), Terras das Frieiras (2002), con E. Rivas Quintas, e Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca (2004), con A. Lourenço Fontes. Foi autor do conto “O lobo de Transilvania” de Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Recibiu o Premio Antonio Fraguas en 1998 e 2002.
-
PERSOEIRO
Política e bióloga. Deputada no Parlamento de Galicia polo PP e vicepresidenta primeira da cámara autonómica desde 2001, presidiu o Club de Empresa Familiar da Confederación de Empresarios de Ourense e foi membro da Comisión de Comercio Exterior da Cámara de Comercio e Industria de Ourense e do consello de administración de Mecanizados Rodríguez Fernández SL.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Coñecido como Mauro, inciou a súa carreira profesional no Sardoma e xogou no Berbés, Celta, Ponferrada, Avilés, Zaragoza e Levante. Foi internacional en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e creador de monicreques. Coñecido como Tatán, formouse no Institut del Teatre de Barcelona con Harry Tozer e formou parte do grupo de investigación teatral Camille-Guérin, en Francia. Participou no grupo Cirigaita e na creación das compañías A Monda Lironda en Vigo (1982) e Tanxarina (1983), coa que realizou Rosalin no país do sol (1982). No mundo cinematográfico interpretou un papel en A lingua das bolboretas (1999), de J. L. Cuerda, e O lapis do carpinteiro (2003), de A. Reixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Especializouse no estudo das enfermidades tropicais, formándose no Instituto para as Enfermidades Tropicais de Hamburgo e na Escola de Medicina Tropical de Liverpool. Publicou Sobre anquilostomiasis en la huerta de Murcia (1936) e Infección personal por helmintos intestinales en el distrito de La Raya, Madrid (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito. Estudou en Santiago de Compostela e Madrid. Gran coñecedor das linguas clásicas, compuxo tres poemas en latín, grego e hebreo, Congratulatio regio praestantíssimo Carolo (1759), dedicados a Carlos III. Grazas a eles obtivo unha praza na Biblioteca Nacional, onde traballou con Juan de Iriarte e co que colaborou na Bibliotheca graeca. Posteriormente dirixiu este centro e escribiu Biblioteca Española, obra inconclusa da que só publicou dous tomos (1781 e 1786).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborou en El Anunciador, O Galiciano e La Unión Republicana, e dirixiu O Novo Galiciano. Dos seus escritos destaca “Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras”, publicado en Gaita Gallega (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e político. Ordenado sacerdote en Barcelona (1493), foi bispo de Badajoz, Palencia, Burgos e Córdoba e conselleiro dos Reis Católicos. Foi presidente do Consello de Indias (1519-1524) e encargado dos asuntos comerciais da Casa de Contratación de Sevilla. Opúxose aos proxectos de C. Colón. O seu poder decaeu tras o ascenso ao trono de Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi asesor do Banco de Galicia y Buenos Aires e avogado consultor na embaixada española. Membro da Real Academia Galega, foi director e membro de varias asociacións galegas en Bos Aires. Colaborou no xornal Correo de Galicia (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político paraguaio. Latinista, avogado de ideas liberais e deputado (1809), uniuse aos independentistas de Paraguay. Desprazou o resto de dirixentes ata proclamarse cónsul (1811-1816) e ditador vitalicio (1816-1840). Estableceu un réxime nacionalista que afirmou a independencia de Paraguay fronte a España, Brasil e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Juan de Padrón, educouse na corte de Xoán II, de quen posiblemente foi paxe. Escribiu a novela sentimental El siervo libre de amor (1449) e as obras Triunfo de las donas e Cadira del honor. Probable autor dos romances Conde Arnaldos e Rosa florida, escribiu o Bursario, unha tradución parcial das Heroidas de Ovidio. Algúns dos seus poemas figuran no Cancioneiro de Baena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista. Estudou medicina e odontoloxía pero axiña pasou a colaborar co Servicio Nacional de Pesca y Caza. Foi colaborador do CSIC. Fíxose moi popular grazas á realización de películas como Alas y garras e El maravilloso mundo de los pájaros, e programas documentais para a televisión, como El hombre y la tierra (1979), sobre a vida dos animais. Participou na creación de tres enciclopedias e publicou o libro Mis Amigos los Animales (1971). Na súa memoria a súa familia creou a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente en 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, irmá de Xoán Rodríguez de Legísima. Coñecida como Carme Legísima, foi autodidacta. Nas súas obras, de corte clásico e realista, predominaron os trazos grosos e as cores escuras, que lle deron un ton dramático. Cultivou o retrato (Meus pais, Miña irmá, En familia, Retrato do muiñeiro), a paisaxe, na que representou grandes espazos, o bodegón (Bodegón con pan e cereixas, Cereixas, Azucenas, Bodegón con flores) e a temática relixiosa (Oseira, Santa Teresiña). Recibiu a segunda medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1943) e a Medalla do Salón de Otoño de Madrid (1948). A súa irmán Matilde Rodríguez de Legísima (Ourense 1902-?) foi tamén pintora. Centrouse nos retratos de nenos (Niño de las cerezas), na representación de flores (Rosas y dalias) e nos bodegóns (Bodegón con flores).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano, xornalista e avogado, irmán de Carme Rodríguez de Legísima. Subdirector de El Eco Franciscano e fundador de Espigas y Azucenas (1914), foi reitor de San Francisco El Grande de Madrid e predicador do Rei Afonso XIII. Publicou Héroes y mártires gallegos. Los franciscanos de Galicia en la Guerra de Independencia (1912) e A las Cortes Constituyentes. Los franciscanos españoles y la misión de la raza hispana (1931). Membro da Academia Mariana de Roma, da Academy of American Franciscan History de Washington e académico correspondente da Real Academia Galega, foi nomeado cabaleiro da Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, da Orde do Santo Sepulcro e da Orde de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Realizou, por mandato do arcebispo compostelán Fernando de Andrade Soutomaior, unha Historia de Galicia, que comprendía ata o s XII.
VER O DETALLE DO TERMO