"Santa María" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 234.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tomiño. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas que existía no s XII. Consérvase a igrexa románica cunha soa nave e ábsida rectangulares. A nave cóbrese cunha falsa bóveda de madeira e a ábsida cunha bóveda de canón de cachotaría. No interior destacan os capiteis historiados do arco triunfal. De época románica destaca a portada abucinada con catro arquivoltas e tímpano liso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Carballedo. A súa igrexa consagrouse en 824 e o mosteiro está documentado desde 964. A igrexa parroquial que se conserva é de nave e ábsida de planta rectangular, con cuberta a dúas augas. Conserva a tapa dun sarcófago paleocristián de forma rectangular que está realizado en mármore branco, empotrado no muro sobre o arco triunfal. Dividido en tres compartimentos, representan a Adoración dos Reis Magos e o pecado de Adán e Eva á dereita, e a historia de Xonás á esquerda, cunha tabela no centro sen inscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cambre. Construída no s XII, foi unha bailía templaria. A estrutura orixinal de planta basilical e tres naves modificouse e presenta unha soa nave con ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón e de cuarto de esfera. O arco triunfal é de medio punto e apóiase en columnas exentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tomiño. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas, documentado no s XII. O templo, de orixe románica, reformouse no s XIX. Ten unha soa nave e unha ábsida, ambas as dúas rectangulares. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón. O arco triunfal é semicircular. Na fachada principal engadíuselle unha torre campanario. A portada está formada por catro arquivoltas sostidas por catro pares de columnas e con decoración vexetal. Nas fachadas norte e sur consérvanse canzorros historiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ribas de Sil. Realizada en estilo románico (ss XII-XIII), ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida de tramo recto cuberto con bóveda de cruzaría. Ten situadas nos costados da nave, entre o arco triunfal e as portas laterais, dúas capelas con bóveda de canón do s XVIII. Os muros son de cantaría granítica e leva cuberta de lousa a dúas augas. Destaca especialmente a fachada principal, con tres arquivoltas na portada e un ollo de boi ornamentado, e a sancristía, engadida durante o s XVIII e anexada ao tramo recto do presbiterio. Os retablos do interior foron destruídos durante un incendio en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rois. Construída en 1711, sufriu importantes modificacións en 1833. Ten nave de planta rectangular. Destaca a fachada, cunha fornela coa imaxe exenta da Virxe e o campanario barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ventosa (Agolada). Construída no s XIII, presenta nave única cunha sancristía anexada ao alzado N da ábsida. Destaca a fachada principal, rematada nunha espadana de dous vans e cunha portada principal que leva dúas arquivoltas. Os tímpanos son lisos e os capiteis levan decoración vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no centro histórico de Vigo. Antiga colexiata, comparte a condición de cátedra do bispo da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Nosa Señora da Asunción de Tui. Obra de Melchor de Prado, construíuse a partir de 1815 en estilo neoclásico. Ten planta basilical de tres naves. As laterais sepáranse da central por monumentais columnas toscanas sobre as que se estende un entaboamento con métopas e tríglifos; sobre este atópase unha cornixa na que se apoia a bóveda de canón, en cuxo arranque se abren vans en forma de arco que iluminan cenitalmente o templo. A fachada está enmarcada por dous campanarios. O corpo central remata nun frontón clásico e sobrio. No interior acóllese a imaxe do Santísimo Cristo da Vitoria. Foi declarada BIC en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. Coñecida como A Catedral, mandouna construír Fernando de Castro en 1457 para acoller unha comunidade franciscana. Ten planta rectangular cunha soa nave, dividida en tres tramos e cuberta con bóvedas de cruzaría tripartita. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de cinco claves. A portada principal está formada por tres arquivoltas aguzadas que se apoian en tres pares de columnas acobadeladas e imbuídas que teñen capiteis vexetais. Ante a portada construíuse un pórtico renacentista con cinco vans e frontón triangular. Foi declarada BIC en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vilanova dos Infantes (Celanova). Fundouno, ao redor de 950, a nai de san Rosendo, Ilduara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Viveiro. Construída na segunda metade do s XII, ten planta basilical de tres naves, separadas por tres pares de columnas cuxos capiteis sosteñen directamente a cuberta de madeira, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón semicircular e outro semicircular con bóveda de forno. A portada principal está formada por tres arquivoltas abucinadas apoiadas en tres pares de columnas acobadadas, con tímpano liso; sobre a portada erixiuse un tornachuvias e sobre este un rosetón. Os laterais rematan en dúas torres de orixe renacentista finalizadas no s XVIII e XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colexiata situada en Xunqueira de Ambía. A súa orixe remite ao s IV cando, segundo unha lenda, se apareceu a Virxe nese lugar, nunha lagoa coñecida como Juncaria, onde foi erixida unha ermida que pronto se converteu en obxecto de devoción popular. Desde o ano 955, as referencias indican que se constituíu como casa monástica baixo a fundación de Gonzalo Froila e a súa muller Ilduara, parentes de san Rosendo. En 1150 foi doada á orde agostiña, momento en que iniciou o seu período de maior prosperidade pero, prexudicada polo sistema de encomendas durante os ss XV e XVI, a súa revitalización debeuse ao administrador Alonso de Piña. Posteriormente os seus bens e a súa xurisdición quedaron relegados, por mandato real, baixo a mitra de Valladolid e converteuse nunha igrexa colexial ata a desamortización (1835). A partir de 1928, os mercedarios instaláronse na parroquia homónima e mantiveron o culto do templo. A igrexa, de estilo románico de transición, ten planta de cruz latina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Xunqueira de Espadanedo. Fundado cara a 1170, os seus monxes acolléronse á orde do Císter. As súas dependencias, que se construíron con dúas alturas ao redor dun patio, sufriron varias reformas ao longo dos ss XVI e XVII. Ademais dos dous reloxos de sol gravados no antepeito do sobreclaustro N, destaca a fachada, con porta alintelada entre pilastras acanaladas que rematan nunha cornixa con acrótera. Na parte central sobresae o escudo da Congregación de Castela entre varias cruces pertencentes a diferentes ordes militares. A parte S da á occidental acondicionouse como casa do concello. No que respecta á igrexa, anexada ás dependencias monacais, pasou a funcionar como unha igrexa parroquial desde a exclaustración do mosteiro (1835). Presenta planta basilical de tres naves, a central de anchura dobre, e cinco tramos separados por piares cruciformes, rematadas en tres ábsidas, a central precedida por un tramo recto. A cuberta realizouse en madeira, a dúas augas no exterior....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lalín. Foi priorado de Santa María de Aciveiro ata o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO