"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • Gran abundancia de algo, ás veces excesiva. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fartura sete faltas disimula. Coa fartura calquera pobre atura. Non peca de gula o que nunca tivo fartura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de facer algo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Quen fai fillo a muller allea, perde o fillo e a feitura”.

    2. Maneira de estar feito ou de ser algo ou alguén.

    3. Cousa que alguén fai ou provoca, especialmente algo malo.

    4. Aparencia exterior das cousas.

    5. Parecido de algo ou alguén con respecto ao seu creador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bóla que se fai con manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e político. Graduado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en canons na Universidad de Ávila. Ocupou, entre outros cargos, o de conselleiro de Indias e presidente do Consello de Castela. Empregou a súa influencia na promoción e defensa dos intereses de Galicia, inicialmente representados por un único deputado en cortes. Foi o mecenas da Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741). Participou, directa ou indirectamente, en todas as leis dos reinados de Fernando VI e Carlos III, entre as que destaca, o Concordato de 1753. No seu testamento instituíu a Fundación Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da horticultura que trata do cultivo das plantas para a obtención de flores destinadas, sobre todo, á ornamentación. Ocúpase de aspectos diversos, como o estudo das condicións climáticas e edáficas óptimas para o desenvolvemento de cada unha das especies, o coñecemento das enfermidades máis frecuentes e os métodos de prevención e curación, o melloramento das variedades xa existentes e a obtención doutras novas, etc. Os problemas cos que se atopa o floricultor son moi numerosos. En primeiro lugar, cómpre conseguir reunir nunha mesma variedade as características máis apreciadas que presentan variedades diversas, como o tamaño da flor, a variedade dos pétalos, ou a máxima conservación das flores xa cortadas. Tamén é conveniente dispoñer de variedades que permitan prover o mercado durante unha temporada longa, para isto son moi apreciadas as plantas que florecen gradualmente ou aquelas nas que é factible a indución artificial da floración. A causa das variacións climatolóxicas estacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en México o 13 de setembro de 1943 e asociada ao Banco Nacional Hipotecario y de Obras Públicas. Posteriormente, ligouse ao Banco de México e logo ao goberno estatal. As súas dúas primeiras obras foron El dólar de prata (1944), de W. P. Shea, e Karl Marx (1944), de H. J. Laski. Malia que naceu coa pretensión de publicar obras relacionadas coa economía, co tempo ampliou a súa actividade cara ás humanidades e as ciencias sociais. En 1984 celebrou o seu cincuenta aniversario coa publicación de El libro de los seres imaginarios, de J. L. Borges. Con máis de tres mil títulos editados e máis de dúas mil cincocentas reimpresións, a súa tiraxe total supera os trinta e cinco millóns de libros. Edita a revista La Gaceta e colabora asiduamente coa UNESCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correas que se entrecruzaban no peito e nas costas dos soldados e que servían para levar as cartucheiras e o sabre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fracturar.

      1. Solución de continuidade dun óso ou máis consecutiva, xeralmente, a un traumatismo ou, ás veces, a unha contracción violenta dos músculos que se insiren. Tamén pode deberse a unha enfermidade do óso denominada osteoporose, e neste caso chámase espontánea e, a miúdo, é indolora. O tratamento comporta a redución do óso roto e o mantemento desta redución inmobilizando o membro ou a parte do corpo na que está e, ás veces, uníndoo cun cravo.

      2. fractura aberta

        Fractura en que hai unha comunicación entre os focos da fractura e unha ferida da pel.

      3. fractura articular

        Fractura en que a liña de rotura chega ata o interior da articulación.

      4. fractura completa

        Fractura que comprende todo o groso do óso, de xeito que este queda dividido en dous ou máis fragmentos.

      5. fractura conminuta

        Fractura que produce fragmentos diversos e pequenos.

      6. fractura de estela

        Fractura producida no sentido das fibras do órgano fracturado.

      7. fractura directa

        Fractura producida por un choque violento ou por unha forza vulnerante continua que actúa no mesmo lugar no que rompe o óso.

      8. fractura en rama verde

        Fractura en que os dous fragmentos non se separan totalmente porque o periostio, que non está danado, lles serve de mango. Este tipo de fractura é propio dos ósos das extremidades das persoas novas.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir a fractura de algo, especialmente dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura dedicada ao estudo e ao cultivo de árbores e plantas froiteiras. O cultivo das froiteiras tivo durante moito tempo un carácter meramente complementario doutros produtos agrícolas, xa que se destinaba a froita ao consumo familiar ou ao mercado rural ou urbano máis próximo. A partir de mediados do s XIX adquiriu un desenvolvemento autónomo e un carácter máis industrial, ao tempo que o comercio da froita adquiriu proporcións internacionais. A mediados do s XX, as melloras da tecnoloxía e a consolidación das industrias derivadas nos climas máis favorecidos, deron lugar a grandes incrementos no rendemento por unidade de explotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Canarias, ao SO de Lanzarote, illa da que está separada polo estreito de Bocayna (1.659 km2, 42.938 h [1996]). De orixe volcánica, ofrece un relevo montañoso, aínda que de escasa altitude (Jandía, 802 m). As rochas volcánicas e as cinsas ocupan a maior parte da illa, polo que é moi pobre e improdutiva. Puerto del Rosario é o seu núcleo máis importante. A agricultura e o turismo son as principais fontes de riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1987. Subtitulouse “Semestral de Arte, Diseño y Arquitectura”. Dirixírona conxuntamente Pilar Corredoira, Román Pereiro, Alberto Permuy e Xosé M. Casabella. Tentou ofrecer unha visión global do panorama artístico galego, sen esquecer a perspectiva nacional e internacional, tanto no eido arquitectónico, como na arte e no deseño gráfico e industrial. No apartado ilustrativo, ademais dos fotógrafos galegos, contou coa colaboración do Centre National d´Art et de Culture Georges Pompidou de París e coa Fundación Juan March de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha sucesión futura.

    VER O DETALLE DO TERMO