"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Mīrzā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn ‘Alī Nūrī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión latina que significa ‘adquisición por causa de morte’.

    2. Expresión latina que se utiliza na adquisición a título singular que se produce co motivo da morte dunha persoa e que non constitúe un legado ou unha doazón por causa de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Coñecido co pseudónimo de Bashō, foi un dos escritores que máis axudou na modernización do haikai xaponés. O éxito do seu primeiro libro, Kaiōi (1672), levouno a instalarse en Toquio, onde tivo numerosos discípulos. En 1684 realizou diversas peregrinacións, que constituíron a base do diario Nozarashi Kiko (1685) e de numerosas antoloxías de haikais. Tamén destaca a súa obra Oku no Hosomichi (O estreito camiño a través do norte profundo, 1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das nove fillas de Zeus e de Mnemósine, segundo a mitoloxía grega. Divindades do canto e da danza, o seu número e nomes foron xa fixados na teogonía hesiódica. A orixe do seu culto parece estar en Olimpo, na rexión de Pieria, ou no Helicón, diante do Parnaso, onde estaba a fonte Hipocrene, obra do cabalo alado Pegaso. Na época helenística foille asignada a cada unha delas unha función determinada: a Clío, a poesía épica e a historia; a Urania, a poesía didascálica e a astronomía; a Melpómene, a traxedia; a Talía, a comedia; a Terpsícore, a poesía coral e a danza; a Erato, a poesía amorosa, a xeometría e o mimo; a Calíope, a poesía elexíaca; a Euterpe, a poesía monódica e a aulética; e a Polimnia, a danza e o canto sagrado. En Roma, foron identificadas coas camenas. Nalgunhas moedas veñen representadas coa lira, o rolo de papel, a cítara, a dobre frauta, a máscara tráxica, a máscara cómica e o globo.

    2. Inspiración artística, especialmente a poética.

    3. Tema, fonte ou sentimento que inspira a un artista, especialmente a un poeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de 1882. De carácter moral e instrutiva, estaba dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral árabe. Coñecido como Muza, foi gobernador de Ifrīqiya (708). Conquistou o norte de Magreb e decidiu o paso do estreito cara á Península Ibérica (712), cun exército comandado por Tāriq ibn Ziyād. Ese mesmo ano reuniuse con Tāriq en Toledo e pasou a Zaragoza, desde onde emprendeu as incursións a Galicia, en 714 as súas tropas atravesaron O Cebreiro e conquistaron Lugo. Regresou a Damasco, chamado por Walid pero, antes de partir, deixoulle o goberno de Al-Andalus ao seu fillo ‘Abd al-’Azīz ibn Mũsà ibn Nu Palatino; ṣ ayr.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás musáceas.

    2. Planta da familia das musáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das zinxiberais, integrada por unhas 80 especies tropicais de herbas perennes, normalmente arborescentes, de follas alternas moi grosas, de flores trímeras, hermafroditas ou unisexuais, co periantio corolino e polo miúdo gamófilo, dispostas en réxime, e de froitos en baga, xeralmente fariñosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida a base de berenxena, cortada en rodelas e fritida, alternada con carne picada e sazonada, de tenreira ou de boi ou dunha mestura de ambas, cocida no forno. É propia da cociña árabe e moi difundida en Turquía e Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero que pertence á familia dos sorícidos, da orde dos insectívoros, de tamaño pequeno que presenta o fociño alongado e en punta, os ollos moi pequenos e as orellas ocultas polo pelo, que é moi brillante. A maioría das especies presentan glándulas de almiscre que lles serven de defensa. Son moi activos e cazan invertebrados e pequenos vertebrados constantemente, non hibernan. A musaraña común (Sorex araneus) e a musaraña miúda (Sorex minutus) habitan por case toda Europa; a musaraña etrusca (Suncus etruscus) é o mamífero máis pequeno de Europa; a musaraña de auga (Neomys fodiens) habita nas beiras das correntes lentas de auga; a musaraña doméstica ou muraño (Crocidura russula) e a musaraña campesiña ou dos xardíns (Crocidura suaveolens) están presentes en Galicia, viven nos bosques, matogueiras e zonas algo urbanizadas, aliméntanse principalmente de insectos e os seus principais depredadores son as rapaces nocturnas e algúns carnívoros.

    2. Mamífero insectívoro de 3,6 a 5,2 cm de lonxitude, cunha cola de aproximadamente 2,5 cm e 3 gramos de peso. É un dos micromamíferos máis pequenos do mundo. Ten o pelame grisáceo e o fociño afiado con grandes bigotes. É moi voraz, polo que come a maior parte do día, aliméntase de insectos, de lombrices e doutros invertebrados, incluso de maior tamaño que ela. Non pode pasar máis de 12 horas de xaxún porque morrería de inanición. Habita en terreos abertos, xardíns, muros de pedra e zonas de cultivo.

    3. Mamífero insectívoro que vive nos xardíns, lindeiros dos bosques ou campos abertos ata os 1.600 m de altitude. É de hábitos nocturnos, aliméntase de insectos, e ten como principais inimigos a curuxa, a avelaiona e a donicela. OBS: Tamén se denomina muraño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir do 14 de agosto de 1842 e que cesou en outubro dese mesmo ano. Baixo o subtítulo “Periódico semanal de literatura, ciencias y artes”, considérase a primeira publicación de carácter literario en Pontevedra. Redactado por Manuel Anxo Couto e Antolín Esperón contou entre os seus colaboradores con Xoán Cuveiro, Marcial Valladares ou Leandro Martínez Padín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, situada na illa de Honshū, Xapón (139.165 h [1991]). É un centro residencial na periferia de Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución museística creada polo Comité Olímpico Internacional e inaugurada en 1993. Situado en Lausanne, o edificio é obra do arquitecto Pedro Ramírez Vázquez. Símbolo da unión do deporte, a arte e a cultura, dispón de información sobre os xogos olímpicos desde a antiga Grecia ata os celebrados en época moderna. Está estruturado segundo as disciplinas olímpicas, os campións e a organización dos xogos modernos. Realiza exposicións temporais, seminarios, conferencias e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta mítico, profeta e sacerdote grego. Considerado fillo e discípulo de Orfeo e relacionado cos misterios de Eleusis, atribúeselle a invención do hexámetro e da poesía didascálico-cosmogónica. Foi o autor do poema Hero e Leandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en Braga en 1918 co nome de Museu de Arte e Arqueologia. En 1981 constituíuse como un museo rexional de arqueoloxía orientado principalmente á preservación e divulgación dos vestixios romanos de Bracara Augusta. A súa colección abarca un período cronolóxico comprendido entre o Paleolítico e a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi xefe sarraceno da familia dos Banū Qasī e valí de Iruña, ata que morreu durante a revolta antiomeia que puxo fin á dominación musulmá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás narcomedusas.

    2. Cnidario da suborde das narcomedusas.

    3. Suborde de cnidarios hidrozoos da orde dos traquilinos, constiuída por medusas de pequenas dimensións que teñen a beira da umbela festonada e carecen de manubrio. Atópanse en todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o concello de Baralla ata mediados da década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte dos concellos de Baralla, Becerreá e Láncara, e comprende 13 parroquias matrices e oito anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa centroriental, afluente pola esquerda do río Oder (224 km de lonxitude). Nace en Bohemia, República Checa, e xunto co Oder, parte do seu curso forma a liña fronteiriza entre Polonia e Alemaña establecida polos acordos de 1950 (Oder-Neisse).

    VER O DETALLE DO TERMO