"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

  • PERSOEIRO

    Político ganés. Primeiro presidente da república de Ghana (1960), instaurou un réxime centralista, unipartidista, progresista e panafricanista. En 1966, durante unha viaxe a Pequín, foi derrocado e exiliouse en Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen non fuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Roma (715-673 a C). Segundo a tradición, sucedeu a Rómulo por designación do Senado. Atribuíronselle todas as institucións relixiosas de Roma e a fixación das normas do dereito sagrado e do calendario, que distingue entre días fastos e nefastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo poboamento ou cidade dos celtiberos, famosa porque constituíu un dos centros principais da resistencia deste pobo contra a ocupación romana durante o s II a C. As ruínas, escavadas en boa parte, están no Cerro de Garray, preto de Soria. O seu poboamento remóntase ao Bronce. No momento da conquista romana era a capital dos arevacos. A primeira fase da loita provocouna o acollemento que os numantinos deron aos belos que loitaban contra os romanos. Numancia foi atacada, mais chegouse a unha paz negociada (151 a C). A segunda fase da loita derivou do alzamento de Viriato, a quen os celtiberos se uniron (143 a C). Despois de resistir diversos ataques, Publio Cornelio Escipión Emiliano, que acababa de arrasar Cartago, estableceu un asedio sólido durante dez anos ata que Numancia tivo que renderse pola fame (133 a C). Durante a época romana a cidade continuou existindo. As súas ruínas amosan a organización da cidade ao redor de dúas rúas paralelas, cruzadas por outras once, de xeito que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Numancia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Numancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón (211.382 h [1997]). Está situada na costa suroriental da illa, na desembocadura do Kanagawa, na baía de Suruga, 140 km ao SO de Toquio. Antiga cidade feudal, é un centro industrial, con produción de maquinaria, papel, metalúrxica e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xaponés. Fundou o partido progresista Kaishin-to (1882), que avogaba por un goberno parlamentario. Ministro de Asuntos Exteriores (1888-1889 e 1896-1897) e presidente do goberno (1898 e 1914-1916), declarou a guerra a Alemaña (1914). Intentou impoñer un protectorado xaponés sobre China en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao dispositivo ou mecanismo, hidráulico ou oleodinámico, en que a transmisión da forza se efectúa por aceite ou aire comprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. feluxe.

    2. parrumada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia miúda e persistente con aparencia de néboa.

    2. Néboa pouco densa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en 1984 por membros do Movemento Humanista. Participou na formación de Izquierda Unida (IU) en 1986 e asumiu unha das súas vicepresidencias, pero abandonou esta formación nese mesmo ano. A súa presenza foi testemuñal ata 1997, que comezou a medrar electoralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que perfuma.

    2. Utensilio para pulverizar perfume.

    3. Recipiente en que se queiman substancias olorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Despedir ou exhalar perfume.

    2. Botar perfume en algo ou en alguén.

    3. Botar alguén perfume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Industria ou comercio do perfumeiro.

    2. Conxunto de produtos desta industria.

    3. Tenda onde se venden perfumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á locución ‘ter sede’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das campanuláceas, que presentan as follas simples e unha única inflorescencia, en capítulo, con flores sésiles de cor azul. En Galicia aparece a especie P. hemiphaericum, que crece en zonas de pastos nas serras de maior altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Produción da pel das aves formada de queratina, máis ou menos mineralizada, que aparece como unha papila dérmica e que unha vez rematou de medrar se converte nun órgano morto fixado á pel mecanicamente. En xeral, cobren a maior parte do corpo das aves e cada unha consta dun cálamo, fixado á epiderme, que se alonga no raque, a cada lado do que están as barbas, e estas teñen en cada banda as bárbulas, co extremo distal en forma de látego, o pennulum, e pode ter uns filamentos en forma de gancho que se unen ás bárbulas que teñen diante. Se faltan as barbas, a pluma redúcese a un filamento, o raque. Na base deste pode haber unha especie de barba, desprovista dos filamentos ganchudos, chamada hiporraque. Ademais das grandes plumas das alas e da cola, denominadas penas, e as cobertoiras, que recobren o corpo, está a penuxe, debaixo das cobertoras, formada por pequenas plumas desprovistas de filamentos con forma de gancho. Todas as aves realizan a muda, regularmente, unha vez ao ano,...

      2. Conxunto desas plumas.

      1. Pluma de paxaro, xeralmente de ganso que, oportunamente cortada, se mollaba repetidamente en tinta e que foi utilizada ata o s XIX como elemento de escritura, en substitución (cara ao s IV) do antigo estilo e do cálamo.

      2. Instrumento de escritura constituído por un mango, normalmente de madeira, na punta do que está fixada unha lámina metálica que se molla repetidamente con tinta. En 1884 L. E. Waterman patentou a primeira pluma estilográfica e tres anos despois nacía a fábrica Parker en Jannesville (Wisconsin). O depósito de tinta incorporado ao mango pode cargarse con diversos sistemas ou ben substituírse, ao baleirarse, por outro (cartucho de tinta).

      3. Pequena lámina de aceiro rematada en punta e cun corte lonxitudinal que, fixada a un mango, ou formando parte dunha pluma estilográfica, serve para escribir.

      1. Arte ou actividade de escribir.

      2. Estilo ou maneira de escribir.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fotogravado simple dun orixinal a base de liñas, trazos, etc, sen medias tintas, que se efectúa sen interposición de ningunha trama.

    2. Prancha que se obtén polo procedemento de fotogravado denominado pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ectoproctos filactolemados de auga doce, que presentan o corpo con forma de pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de plumas que cobren o corpo dunha ave.

    2. Plumaxe que algunhas especies de ave presentan durante o período de reprodución e que adoita distinguirse polo colorido conspicuo e, ás veces, pola presenza de ornamentos, como as plumas dos lados da cabeza do somorgullo. Con frecuencia é exclusivo dos machos. Denomínase tamén plumaxe de verán ou de primavera (ao ser nesta época cando a maioría dos paxaros se reproducen), para distinguila da plumaxe de inverno, que adoita ser de cores apagadas.

    VER O DETALLE DO TERMO