"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Olor agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora británica. Coñecida como Jean Rhys, a súa principal obra foi a novela Wide Sargasso Sea (1966). Tamén destacaron The Left Bank (1927), Postures (1928), Good Morning, Midnight (1939) e My Day (1975), e a autobiografía Smile, please (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. otación popular que se fai para aprobar ou non unha lei ou acto administrativo, proposta polo corpo lexislativo ou polo xefe de estado. Constitúe unha manifestación do autogoberno do pobo. Segundo a materia á que se refira pode ser constitucional, lexislativo ou relativo a decisións políticas aínda non formalizadas en textos desa natureza; segundo que a súa convocatoria veña ou non esixida para a aprobación dunha norma ou a adopción dunha decisión, clasifícase en preceptivo ou facultativo; en relación coa vixencia da norma distínguese entre o suspensivo, que suspende a vixencia dunha norma aprobada pero non promulgada, e o abrogativo, en que se somete á decisión do electorado a continuidade dunha norma xa en vigor. Durante o Franquismo, despois da Lei de Referendo Nacional, promulgada o 22 de outubro de 1945, en que se dispuxo a utilización do referendo cando a transcendencia de determinadas leis o aconsellasen, celebráronse dous referendos:...

    2. Despacho en que un axente diplomático pide novas instrucións sobre algún asunto ao seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea, coiro ou outro material que se usa para tapar un furado ou reforzar algo.

    2. Reparación provisional ou imperfecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de células que forman o tecido reticular e o endotelio dos vasos capilares do fígado, do bazo e dos órganos linfáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido do sistema reticuloendotelial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipertrofia do reticuloendotelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de reverencia ou respecto.

      1. Aplícase como tratamento honorífico a dignidades eclesiásticas, prelados e comunidades relixiosas. OBS: Adoita ir anteposto ao substantivo.

      2. Título honorífico que se outorga a relixiosos e sacerdotes católicos e protestantes.

    2. Aplícase como tratamento honorífico outorgado antigamente a determinados persoeiros da clase alta. OBS: Adoita ir anteposto ao substantivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Bergondo a partir do 5 de xaneiro de 1889 que cesou en maio dese mesmo ano (nº18). Sucesor de El Escobón, do que continuou a súa numeración, foi fundado e dirixido por Fernando García Acuña. Nos seus artigos criticaba o concello da Coruña e para evitar a súa censura trasladou a súa redacción fóra da cidade. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos sucesores de Castiñeira e incluíu folletíns, moi de moda na época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Naceu no seo dunha familia nobre, os Menéndez, condes de Caldelas e detentadores do bispado de Dumio-Mondoñedo. Educouse en Mondoñedo, baixo a tutela do seu tío, o bispo Sabarico II, a quen sucedeu en 925 no bispado. Foi abade do mosteiro de San Salvador e Santa Cruz de Portomarín. Fundou o mosteiro de Celanova, onde ingresou en 946 e sucedeu a san Franquila como segundo abade en 955. O Rei Ordoño III nomeouno gobernador en Galicia, e durante o seu mandato combateu con éxito aos mouros, que cruzaran o Mondego e despois derrotou aos normandos. Volveu ao mosteiro, e desde 968 asumiu a administración da sede de Iria e a sé apostólica, pero sin ser nunca titular da mesma, ata 977. A súa iconografía represéntao vestido de bispo cun báculo na man (bispo) e unha maqueta de igrexa noutra (fundador); pode levar unha espada ou outro detalle guerreiro (condición de guerreiro da Reconquista). A súa festividade celébrase o 1 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do xermánico Hrod-sinths, latinizado en Rudesindus, composto por *hroth ‘sona, gloria’ e sinth ‘camiño’, e por extensión ‘expedición bélica’; Rosendo significa ‘o camiño da fama’ ou ben ‘a expedición militar famosa’. En galego deu lugar tamén ao apelido e topónimo Rosende. Presenta a variante feminina Rudesinda e como hipocorísticos Sendo e Roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar das Minas (Campo Lameiro). Presenta varios cérvidos, dos que destacan un cunha gran cornamenta, falo longo e bramando. Tamén están representados círculos sinxelos e cazoletas, e outros gravados difíciles de recoñecer. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Membro dunha destacada familia mexicana, en 1600 viaxou a España para estudar na Universidad de Salamanca. Considerado un dos principais dramaturgos españois do s XVII, a súa complexión física proporcionoulle crueis burlas dos seus contemporáneos, o que se relaciona co carácter ético e moralizante do seu teatro. Unha sobriedade e rara perfección na forma e un sentimento da dignidade humana constitúen algúns dos seus trazos máis característicos. Publicou vinte comedias en dous volumes, das que destacan La verdad sospechosa, Los pechos privilegiados, Ganar amigos, El tejedor de Segovia e El Anticristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso beneditino. Formouse no seminario de Tui, en San Martiño Pinario e no mosteiro asturiano de San Juan de Corias. Coa desarmorización, marchou a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote (1839), e marchou como misioneiro a Australia (1845), onde fundou a abadía de Nova Nursia e foi bispo de Vitoria (1849). Defendeu os aborixes australianos e rexeitou os bispados de Puerto Rico e Lugo. En 1860 trouxo a Galicia as primeiras sementes de eucalipto e acacia. Compuxo diversas pezas para piano e escribiu Memoria storiche dell’Australia, particolarmente della Missione Benedittina di Nuova Norcia (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Amadeo I en 1873, co marquesado de Santa Ilduara, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo, Marquina e Montes . Trae por armas escudo partido: primeiro, as armas dos Feixoo; e segundo as armas dos Sotomayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Coñecido como Jean Paul Egide Martini, estreou óperas como L’amoureux de quinze ans (1771), Henry IV (1774), Sapho (1794) e Annette et Lubin (1800), e compuxo a música da canción Plaisir d’amour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre a de Cabos Gordos e a praia de Arca Basta, na parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1997), centrouse na investigación da fotografía histórica. Fixo a súa primeira exposición en 1983 e dirixiu, xunto con Xosé Luís Suárez Canal, a programación da Sala dos Peiraos (1985-1991) e a da Fotobienal de Vigo desde 1984. Dirixiu tamén as coleccións de libros Álbum, de fotografía histórica galega, e Do Trinque, de fotografía contemporánea, ambas do Centro de Estudios Fotográficos. Publicou Ourense de Auga e Pedra (1990), Paisaxes (1991), Tempos que hai neste tempo (1995) e Cuspindo a barlovento (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Na década de 1920 viviu en Bos Aires e Nova York e estivo sempre vinculado ao periódico Cultura Proletaria e aos centros sociais organizados polos emigrantes A finais de 1932 regresou a Galicia e dirixiu Solidaridad Obrera (1933) da CRG. Incorporouse á redacción do xornal CNT e volveu á Coruña logo da Revolución de Asturias (1934). A comezos de 1935 foi mestre dos fillos dos mineiros das minas de San Fins (Lousame) e, xunto con Enrique Fernández, organizou a Federación Comarcal de Noia. A Guerra Civil sorprendeuno en Huelva, onde estaba a orientar o Sindicato de Industria Pesquera. Trasladouse a València e foi delegado regional da CNT no Comité Nacional, ocupando un cargo na sección propaganda. Escribiu “Amor que se afirma” (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade da que, nunha subtracción, se resta outra cantidade denominada minuendo.

    VER O DETALLE DO TERMO