"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Autor de diversas obras de antropometría, foi o creador dun sistema antropométrico de identificación de criminais nomeado bertillonaxe, que obtivo un destacado éxito dende a súa implantación. Escribiu La photographie judiciaire (A fotografía xudiciaria, 1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e demógrafo. É autor de La statistique humaine en France (A estatística humana en Francia, 1880). Foi xefe dos servicios de estatística da cidade de París (1883-1913) e director dos Annales de Démographie (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, antropólogo e demógrafo. Foi un dos fundadores da escola de Antropoloxía de París e da Société d´Anthropologie. Escribiu Démographie figurée de la France (Demografía figurada de Francia, 1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Larva de libélula ou doutro insecto, verme ou saltón empregado como engado na pesca fluvial.
-
Rapaz inquieto que non para de andar dun lugar para outro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de precisión construído por F. W. Bessel para a medida de bases.
-
PERSOEIRO
Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fardo de roupa ou conxunto de cousas atadas que poden ser transportadas con facilidade na cabeza, na man ou mesmo debaixo do brazo.
-
Fol que non chega á medida dun ferrado empregado para a fariña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buceira en forma de cesta elaborada con vergas que se lle pon ao gando para que traballe e non se entreteña comendo.
-
-
Castaña asada e cocida, xeralmente sen casca.
-
Ourizo que só ten unha castaña sa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de prata e cobre, empregada para a fabricación de moedas de pouco valor na maior parte dos estados europeos, desde o s X ata o s XIX. En Castela, o billón, como unidade de conta, usouse baixo a denominación de real de billón. Ata a guerra de Sucesión se mantivo, aínda que cunha feble aliaxe de prata. A partir do s XVII a conta en reás de billón foise espallando de tal xeito que no s XVIII era unha forma totalmente xeneralizada, cada vez con menor cantidade de prata. Chegou a ser oficial na monarquía hispánica, baixo Xosé Bonaparte, primeiro, e baixo Isabel II despois. Á fin deste reinado, desde xuño de 1864, intentouse a introdución dunha nova unidade, o escudo, de valor equivalente a dez reás de billón, reforma que perdurou ata a Revolución de 1868. No s XX substituíuse o cobre por aluminio e níquel en aliaxe.
-
-
Un millón de millóns. OBS: Gráfase cun 1 seguido de doce ceros ou 10 12 .
-
Nos EE UU, e antigamente en Francia, mil millóns.
-
-
-
Billa grande que actúa como comporta para regular o paso da auga nunha canle.
-
Pedra redonda e perforada, colocada no punto inferior de desaugamento da cuba do muíño, na que encaixa a billa.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Formouse como asistente de Gaston Ravel. Realizou Nuits de Venise (Noites de Venecia, 1931), Au service du Tsar (Ó servizo do Tsar, 1936), La bataille silencieuse (A batalla silenciosa, 1937), Vautrin (1943), realizada durante a ocupación nazi de Francia, L’homme au chapeau rond (O home co sombreiro redondo, 1945), baseado na novela de Dostojevskij O marido eterno, e Jusqu´au dernier (Ata o final, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ordinal correspondente a billón.
-
Fraccionario correspondente a billón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de azul, unhas castañas cocidas.
-
-
Paociño, cuberto de estopa, que vai colocado na metade dun pipote ou na súa tapadeira. Permite extraer pequenas cantidades de viño que serven de proba, especialmente aos compradores.
-
Pequeno anaco de pau redondo ou tarugo que pecha a piqueira, o burato situado na parte inferior do pipote do viño.
-
Peza do muíño fariñeiro que serve para regular o paso da auga que fai mover o rodicio.
-
Especie de tubo por onde cae a auga ao rodicio do muíño.
-
Marco ou travesa de fiestra.
-
Órgano sexual masculino.
-
Rectángulo situado baixo as ménsulas onde se apoian as columnas dos retablos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece estrabismo e torce a vista ao mirar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trunfo pequeno no xogo da baralla.
-
-
Cría da troita e, en xeral, peixe pequeno de calquera especie.
-
Comida que leva a ave dunha vez no bico para alimentar as súas crías.
-
-
-
Porción de pan aberta en dúas metades en forma de rebandas entre as que se coloca xamón, queixo, chourizo ou calquera outro alimento.
-
Nunha obra de teatro, intervención dun actor no diálogo cando consiste en poucas palabras.
-
Oco en branco con diversas formas que aparece nos cómics, chistes ou gráficos, encerrando as palabras e as expresións dos personaxes.
-