"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Heroe troiano. Dos seus amores con Afrodita naceu Eneas quen o salvou do incendio de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na depresión intrabética (40.181 h [1996]). Centro comercial e agrícola na estrada de Córdoba a Málaga, produce cultivos mediterráneos e de horta. Gandería, apicultura e sericultura. Industria agropecuaria (refinerías de aceite, fariñeiras). Canteiras de mármore, xeso e cal. Monumentos megalíticos datados no 2000 a C. Restos romanos (Antiquaria). Conserva unha boa parte do recinto musulmán (s XIII). Formou parte do Reino de Granada ata que foi conquistada polos casteláns en setembro de 1410. Igrexas do s XVI (Santa María la Mayor, San Sebastián e a Trinidad) e barrocas (San Isidro, as Agustinas de la Madre de Dios e os Remedios). Parque natural do Torcal de Antequera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador hispanoamericano. Foi oídor da Audiencia de Panamá e protector de indios na Audiencia de Charcas. En 1721 enviárono a Paraguai para resolver as diferencias entre os crioulos e o gobernador de Asunción, Diego de los Reyes Balsameda. Adheriuse ás posicións dos crioulos e destituíu o gobernador; así mesmo, apoiado polo cabido ocupou el mesmo o cargo de gobernador. En 1723, o conflito rematou en tensións bélicas que levaron á invasión das misións dos xesuítas e á derrota dos guaranís. Malia que o vicerrei ordenou a reposición de Reyes en Asunción, Antequera logrou resistir ata 1725, cando entrou nesa cidade Bruno de Zabala, que procedía de Bos Aires. Procurou a súa defensa perante a Audiencia de Charcas, sen embargo, foi detido e enviado a Lima, onde foi condeado a morte. Morreu no transcurso dun motín popular que se produciu en Lima no momento en que ía ser axustizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico de tres sílabas, dúas longas seguidas dunha breve, de orixe grecolatina. Recibe tamén o nome de palimbaquio ou baquio invertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936/1939 e 1975/1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas (Partido Comunista de España, pequenos grupos socialdemócratas e democrata-cristiáns liderados por persoeiros do Réxime, etc) e de movementos sociais (sindicatos obreiros, cristiáns de base dende o Concilio Vaticano II, etc). O movemento antifranquista manifestouse tamén a través da loita guerrilleira (Foucellas, Piloto, etc) e desde o estranxeiro (manifestacións a prol da democratización de España, goberno republicano no exilio, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que manifesta oposición ao franquismo.

    2. Militante da oposición ao réxime franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo das illas Virxes que ata que foron vendidas aos EE UU no ano 1917 estiveron baixo a soberanía danesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Antioquía.

    2. Natural ou habitante de Antioquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Hatay, Turquía, próxima ao río Orontes (137.200 h [1995]). Centro administrativo, comercial e agrícola dunha fértil área. Cidade da antiga Siria, fundada cara ao 301 a C por Seleuco Nicátor en memoria do seu pai Antíoco. A súa época de apoxeo foi o helenismo, particularmente durante o reinado de Antíoco III (242-187 a C). Cando Siria pasou a ser provincia romana (64 a C) foi o lugar de residencia do gobernador da provincia. Durante a época imperial romana mantivo unha grande importancia estratéxica, administrativa e económica, sendo un dos eixes do comercio con oriente xunto a Palmira, Damasco e Petra. Adriano embeleceuna con diversidade de monumentos e Diocleciano fíxoa sede dunha das dióceses de Oriente. Foi un dos primeiros e principais centros cristiáns (Patriarcado de Antioquía). Ocupada e destruída polo Emperador persa Cosroes I (538), AntioquÍa foi reconstruída por Xustiniano e chamada dende aquela Teópole. Conquistada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (63.612 km2; 4.919.619 h [1993]). A capital é Medellín. Situado á beira do mar Caribe, limita ao N co mar, ao L cos departamentos de Santander e Boyacá, ao S con Caldas e ao O con Chocó. O clima vese afectado pola circulación das masas de aire procedentes dos Océanos Atlántico e Pacífico, e os seus rexistros térmicos e pluviométricos vanse atenuando en función do factor altitude a medida que se penetra no interior. As elevadas precipitacións e a súa baixa latitude permiten o desenvolvemento dunha vexetación de selva húmida ecuatorial nos vales dos grandes ríos. Litoloxicamente amosa gran diversidade; está dominado por un gran batolito metamórfico de orixe precámbrica e paleozoica, e cun sector occidental composto por rocas sedimentarias e ígneas do mesozoico, outra meridional de rochas volcánicas, e depósitos cenozoicos nos vales fluviais. Dúas cordilleiras, a Central e a Occidental, atravesan o estado en dirección N-S. Ata a chegada dos españois durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Pisidia, coñecida tamén polo nome latino de Cesarea, situada nos límites de Pisidia e Frixia. Fundada en tempos dos seleúcidas, os romanos anexionárona ao Reino de Pérgamo e convertérona en colonia co nome de Cesarea. Consérvanse parte das ruínas preto da actual Yalvaç.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade mítica da Antigüidade fundada por Antíoco, asolagada por encantamento baixo a lagoa de Antela, na Limia. Podíanse oír as súas campás certas noites do ano, como a de san Xoán, Nadal e Epifanía. Segundo a tradición, a baixada no nivel das augas da lagoa deixaba ver as torres da cidade que se comunicarían cos castelos de Sandiás e A Pena a través dun subterráneo que gardaba tesouros agochados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición das cabezas das igrexas Siríaca Católica (residente en Beirut), Melquita Católica e Maronita (residentes en Bekoš, no Líbano), Melquita Bizantina (residente en Damasco) e Siríaca Xacobita (da que depende o katholikós de Malancar, India). A primeira comunidade cristiá de Antioquía foi confiada ao apóstolo Bernabeu, quen no ano 42 ou 43 chamou a san Paulo para a misión apostólica. Segundo os Feitos dos Apóstolos, foi alá onde os discípulos de Cristo se denominaron por primeira vez “cristiáns”, e a procedencia pagá da maior parte deles enfrontounos á tendencia xudaizante dos procedentes do pobo xudeu. Consecuencia desta situación foi o Concilio de Xerusalén e o enfrontamento dos apóstolos Pedro e Paulo nesta cidade, provocado pola actitude compracente de Pedro cara aos ritos e ás prácticas dos xudaizantes. A tradición considera o apóstolo Pedro como iniciador do episcopado na cidade, o que conferiu aos seus bispos a hexemonía relixiosa sobre toda a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado latino fundado no 1098, a raíz da Primeira Cruzada, por Boemundo I, príncipe de Tarento. A súa obra foi completada e consolidada polo seu neto Tancredo. O Principado estendíase ao longo duns 200 km de costa, dende o norte de Alexandreta ata o sur de Bâniyâs; ao sueste incluía Apames e Maaret en Naamân e, a certa distancia de Alepo, alcanzaba os límites do condado de Edesa. Independente de dereito, aceptou someterse a Bizancio en vasalaxe. Saladino (morto no 1193) apoderouse da maior parte do seu territorio. A súa existencia rematou con Baybars, quen se apoderou da cidade de Antioquía no 1268, en tempos de Boemundo VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento psiquiátrico nado en Inglaterra durante a década do 1960 como denuncia das bases da psiquiatría clásica. Considera a enfermidade mental como un fenómeno socioxenético e, polo tanto, estende a súa denuncia á organización da sociedade e dos sistemas ideopolíticos, rexeitando a existencia de enfermidades mentais. De acordo con isto, basea o seu tratamento nun cambio das estruturas sociais, onde deberán desaparecer os vínculos de autoridade, de poder, de opresión e de marxinación social. Foron representantes destacados deste movemento: en Inglaterra, R. D. Laing, D. G. Cooper e A. Esterson; en Francia, R. Gentís; e, en Italia, F. Basaglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a antipartícula do quark.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate o raquitismo.

    2. Medicamento que combate ou prevén o raquitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise de calquera medio ou arma con capacidade para destruír, inutilizar ou polo menos dificultar a actuación de tanques e doutros vehículos blindados. Os sistemas pasivos (valados, obstáculos, obstrucións, etc) son de carácter secundario diante dos activos, actualmente moi diversos e dunha maior eficacia. As minas antitanque clásicas lánzanse dende aeronaves ou mediante foguetes e, pasado un certo tempo, desactívanse elas mesmas. Ao lado dos lanzafoguetes portátiles que disparan proxectís de carga baleira, igual ca os dos canóns sen retroceso, existe unha ampla gama de mísiles antitanque: os máis lixeiros, guiados por fío e disparados por un só soldado, teñen un alcance duns 2.000 m; cun alcance de 4.000 m, existen uns mísiles guiados por infravermellos ou ben por láser. Todos estes mísiles poden ser lanzados dende helicópteros de ataque, sendo esta a combinación máis efectiva na loita antitanque. Malia estes avances tecnolóxicos, o canón dos propios tanques preséntase aínda como unha arma...

    VER O DETALLE DO TERMO