antifranquismo
antifranquismo
(< anti- + franquismo)
s
m
Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936/1939 e 1975/1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas (Partido Comunista de España, pequenos grupos socialdemócratas e democrata-cristiáns liderados por persoeiros do Réxime, etc) e de movementos sociais (sindicatos obreiros, cristiáns de base dende o Concilio Vaticano II, etc). O movemento antifranquista manifestouse tamén a través da loita guerrilleira (Foucellas, Piloto, etc) e desde o estranxeiro (manifestacións a prol da democratización de España, goberno republicano no exilio, etc).