"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • entrecruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Corcubión, no litoral da parroquia do Pindo, concello de Carnota, situada ao N da punta de Quilmás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide de sabor moi amargo que constitúe o principio activo da cuasia. Ten aplicacións farmacéuticas ao aumentar a secreción de zumes gástricos e favorecer o funcionamento da vesícula biliar. Emprégase tamén nos tratamentos das febres tropicais e como insecticida. Administrado en forma de clister, elimina helmintos parasitos localizados no recto e no ano, onde non chegan os medicamentos tomados por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade mensual que se publicou en Fene en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hiperfunción corticosuprarrenal cun exceso da segregación de glicocorticoides, descrita por H. W. Cushing. Pode ser primaria, cando a alteración só é cortical, ou ben secundaria debido a un aumento da produción da ACTH hipofisaria, caso no que se denomina enfermidade de Cushing. Máis frecuente en mulleres, caracterízase pola obesidade da cara e do tronco, estrías abdominais da cor do viño, atrofia muscular, osteoporose, hipertensión arterial, hiperglicemia, amenorrea e impotencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da Costa da Morte, no litoral da parroquia de Nemiña, concello de Muxía, que pecha polo O o Seo de Nemiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico estadounidense. Comezou como realizador nos EE UU, pero en 1950, presionado polo maccarthismo, estableceuse en Europa. Deste xeito continuou a súa carreira con diferentes filmes, como Night and the City (1950); Du Rififi chez les hommes (1955), premiada no festival de Cannes; Phaedra (1962); Topkapi (1964) e Circle of Two (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo que estaba inchado perda volume.

    2. Perder volume unha parte do corpo que estaba inchada.

    3. Perder volume un obxecto. OBS: Este uso pronominal non é correcto cando se refire a unha parte do corpo, xa que neste caso ten valor intransitivo. Así, Desinchoulle o pé co antiinflamatorio e non *Desinchóuselle o pé co antiinflamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desincorporar ou desincorporarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algo que estaba incorporado.

    2. Deixar de estar incorporado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desincrustar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desincrusta.

    2. Composto comercial de diversos disolventes que actúa enerxicamente para abrandar capas pitóricas, xeralmente graxa, co fin de eliminalas.

    3. Substancia empregada para disolver as incrustracións formadas en certos aparatos, como caldeiras de vapor, conducións de auga ou radiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limpar ou eliminar algunha cousa de onde está incrustada.

    2. Eliminar as capas que se forman debaixo dunha superficie e que xeralmente se deben á precipitación dos sales insolubles que acompañan a auga, como por exemplo o carbonato cálcico nas caldeiras de vapor, as conducións de auga ou os radiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación da estrutura ecónomica dunha área concreta, onde o sector industrial representaba previamente unha gran porcentaxe na produción e na distribución da poboación ocupada. Este cambio pode enmarcarse dentro dun proceso de desenvolvemento ou, polo contrario, pode ser consecuencia dunha grave crise. No primeiro caso, débese ao traslado das instalacións industriais cara a outras localizacións con condicións máis favorables para o desenvolvemento das actividades (solo máis barato, mellores comunicacións cos mercados e cos provedores de materias primas ou marco fiscal e lexislativo máis propicio), pero os centros de decisión mantéñense na área de orixe, que experimenta unha terciarización da súa economía. No segundo caso, a desindustrialización pode ser resultado dunha perda de competitividade que finalmente derive na inviabilidade das actividades industriais instaladas nesa área, de xeito que se xeran un conxunto de problemas sociais e económicos que poden levar ao declive dos centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter a desindustrialización.

    2. Producirse unha desindustrialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade gramatical que se coloca ao final dos temas na declinación e na conxugación. As variacións que implica o uso das desinencias están motivadas pola necesidade de sinalar o xénero, o número e o caso (desinencia casual) nos substantivos e adxectivos, e todas as posibles categorías gramaticais propias do verbo: persoa, número, tempo, modo, voz e aspecto (desinencia verbal ou persoal). Por exemplo, en galego o plural indícase por medio da desinencia -s, o copretérito, por medio da desinencia -aba ou -ia, etc. As desinencias, ademais, empréganse na lingua para facilitar as funcións de interrelación e interdependencia entre as palabras dunha mesma frase; por exemplo, o -s engadido a un substantivo e o -n engadido a un tema verbal (os pícaros xogan) indican a correlación entre os elementos de número plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á desinencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de accións dirixidas a eliminar, destruír ou inactivar os xermes nocivos ou os microorganismos patóxenos que un obxecto ou un ser vivo poden conter ou que o poden acompañar. Os procedementos habituais de desinfección son o lavado cunha disolución acuosa de desinfectante, a pulverización ou a impregnación das superficies a tratar e a fumigación con gases en lugares pechados. A desinfección de obxectos inanimados é un problema diferente da desinfección de tecidos vivos. No primeiro caso, hai que destruír todos os xermes (esterilización) xa que, se permanecen vivas algunhas bacterias, se reproducen rapidamente. No segundo caso, os tecidos vivos dispoñen de mecanismos de defensa contra a invasión bacteriana, e a finalidade dos desinfectantes usados (antiséptico) é a de axudar á xa mencionada defensa; moitas veces é suficiente a inhibición do crecemento dos xermes.

    2. Práctica de cultivo que se emprega na horticultura intensiva, consistente na aplicación de fumigantes ou vapor de auga para destruír ou polo menos reducir a poboación de parasitos e patóxenos do solo que se puidesen desenvolver como consecuencia dun cultivo precedente, a uns niveis economicamente aceptables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desinfecta.

    2. Substancia ou produto que ten a propiedade de matar ou inhibir o crecemento de microorganismos patóxenos e que adoita ser tóxica para as células dos tecidos humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO