cuasina
cuasina
s
f
[QUÍM]
Alcaloide de sabor moi amargo que constitúe o principio activo da cuasia. Ten aplicacións farmacéuticas ao aumentar a secreción de zumes gástricos e favorecer o funcionamento da vesícula biliar. Emprégase tamén nos tratamentos das febres tropicais e como insecticida. Administrado en forma de clister, elimina helmintos parasitos localizados no recto e no ano, onde non chegan os medicamentos tomados por vía oral.