cuasicontrato
cuasicontrato
(
s
m
[DER]
Acto xurídico, lícito e voluntario, que non se regula por ningunha convención expresa pero que pode xerar efectos e obrigacións recíprocas entre as partes ou cara a un terceiro, de igual xeito ca un contrato. É unha fonte de obrigación. No dereito civil diferéncianse a xestión de negocios alleos e o cobro do indebido, aínda que antes tamén se podían regular por cuasicontratos a tutela e curatela, as comunidades de bens e a aceptación de herdanzas. As formas aceptadas teñen o efecto común de producir asemade o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento doutro.