cuasia
cuasia
Nome científico:
[Quassia amara, Fam das simarubáceas]
s
f
[PLANTA]
Árbore de cortiza delgada, de cor amarela cincenta no tronco e avermellada nas ramas, de follas pinnaticompostas e dispersas, e de froitos formados por núculas. É orixinaria de América do Sur, pero tamén se cultiva noutras rexións tropicais. A súa madeira contén un principio amargo, a cuasina, de aplicacións farmacéuticas, especialmente no tratamento de dispepsias e da malaria.