"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Ciencia que estudia as flutuacións climáticas do pasado con relación ao desenvolvemento dos vexetais a través dos aneis de crecemento dos troncos, especialmente dos das coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que, baseándose no estudo dos aneis de crecemento das árbores, establece unha cronoloxía e obtén datos climáticos e ecolóxicos de tempos pasados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as árbores e, especialmente, o seu cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Estudiou en Francia (1921-1924) e na URSS (1925-1926). De regreso a China, colaborou na fundación do Exército Vermello (1929) e participou na Longa Marcha (1934-1935). Na Segunda Guerra Mundial integrouse, como oficial político, no exército que se enfrontou ás tropas xaponesas. Logo do establecemento da República Popular de China, o 1 de outubro de 1949, accedeu aos cargos de viceprimeiro ministro do Consello de Estado (1952), secretario xeral do Comité Central do Partido Comunista Chinés (1954) e membro do Politburó (1955). Durante a Revolución Cultural (1966-1969) sufriu duras críticas, foi cesado dos seus cargos e desapareceu da vida política. No 1973 volveu á política e, coa axuda do primeiro ministro Zhou Enlai, foi nomeado membro do Politburó (1974-1976) e viceprimeiro ministro (1975-1976). Despois da morte de Mao Zedong (1976) foi nomeado de novo viceprimeiro ministro (1977-1980) e dirixiu a desmaoización do país, que se iniciou co Proceso de Pequín contra os sectores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia ou tratado dos deberes. En calidade de determinación empírica das normas morais, a teoría deontolóxica trata dos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.

    2. Ciencia ou tratado que estudia os deberes e a ética profesional dos médicos. Establece unhas normas de conduta médica que varían segundo as influencias sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que ten por obxecto o estudo e o tratamento das doenzas da pel e dos seus anexos como o pelo, as unllas e as glándulas sebáceas. O primeiro texto dedicado ao estudo das doenzas cutáneas foi De morbis cutaneis (1572), de Girolamo Mercuriali, aínda que a constitución dos estudios dermatolóxicos como especialidade non tivo lugar ata o s XVIII. François Rayer, no Traité théorique et pratique des maladies de la peau (Tratado teórico e práctico das enfermidades da pel, 1826), introduciu o criterio anatomopatolóxico para enfocar a clasificación das afeccións cutáneas. A interpretación fisiopatolóxica e constitucional da dermatoloxía iniciouse a comezos do s XX coa obra de Josef Jadassohn e Bruno Bloch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía que trata sobre os ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desprestixiar ou desprestixiarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o prestixio ou a sona a algo ou a alguén.

    2. Perder alguén o prestixio ou a sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado sobre a placenta e as secundinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina lingüística, tamén denominada xeografía lingüística ou xeografía dialectal, que trata o estudo sistemático de todas as formas de dialectos, especialmente os xeográficos ou rexionais. Tamén se entende por dialectoloxía a descrición de falas illadas, sen referencia a outras veciñas ou da mesma familia. Os estudios dialectolóxicos teñen como antecedente a contestación que no s XVIII se produce á visión da lingua como unha entidade inmutable e de carácter basicamente escrito, aínda que non comezarían propiamente a súa andaina ata finais do s XIX. A dialectoloxía tradicional tivo a súa orixe nas investigacións dos neogramáticos para establecer as leis fonéticas, adquiriu unha certa sistematicidade en Alemaña con George Wenker e estableceuse definitivamente cos traballos de J. Gilliéron e a aparición dos atlas lingüísticos. Tomando como base cuestionarios escritos e posteriormente gravacións magnetofónicas, as investigacións dialectolóxicas tentaron ver as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano. Axudado nos inicios da súa carreira pola nai do Emperador Marco Aurelio, accedeu ao cargo de cuestor antes da idade legal. Foi edil, pretor, legado en Acaia e en África, dirixiu a Lexión XXI en Xermania e designárono gobernador da Bélxica, onde detivo a invasión dos xermanos. Nomeado cónsul, derrotou os catos, pero o Emperador Cómodo desterrouno a Mediolanum, acusado de participar nunha conspiración na súa contra. Absolto, exerceu o goberno da Bitinia, foi cónsul e procónsul en África e procónsul en Asia, entre 189 e 190, e de novo entre 192 e 193. Despois da morte de Pertinax (193), accedeu ao trono logo de subornar a garda pretoriana, poxando contra Flavio Sulpiciano, e emprendeu numerosas disposicións que xa foran promulgadas por Cómodo, ao tempo que tentou achegarse á orde ecuestre. O pobo rexeitouno como emperador e producíronse disturbios en Roma. A revolta propagouse ás provincias trala proclamación de Pescennio Nigro, gobernador de Siria, como emperador. Pola súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de dicción de carácter semántico que consiste en repetir unha palabra ou construción gramatical con diferente significado segundo o enunciado. Desta forma, xógase coa ambigüidade e co dobre sentido das voces para obter unha maior eficacia expresiva. Xunto co calembur ou xogo de palabras (procedementos da aequivocatio), foi moi empregada polos trobadores galego-portugueses medievais nas cantigas de escarnio e maldicir, nas que a sátira aguda ou as referencias de tipo erótico-sexual aparecen ocultas ao empregar palabras con dobre sentido (segundo a Arte de trobar “palavras cubertas que ajã dous entendymentos”).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise que afecta a partes simétricas do corpo. Tamén se denomina parálise bilateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os dípteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deglutición difícil debida a un trastorno do paso dos alimentos nun punto situado entre a boca e o estómago. A disfaxia bucofarínxea inclúe a disfaxia por aptialismo, a disfaxia dolorosa (odinofaxia), a disfaxia obstrutiva, a disfaxia paralítica, a disfaxia espástica e a disfaxia histérica. As causas da disfaxia esofáxica son a obstrución mecánica por procesos intrínsecos, ou ben, por compresións extrínsecas, e os trastornos da motilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade da aprendizaxe da lectura e da escritura debida a causas neuroxenéticas, a inmadurez do sistema nervioso central, a erros pedagóxicos ou a trastornos afectivos. As dificultades que se observan na lectura e escritura do neno disléxico, así como as súas deficiencias perceptivas e motrices, son as mesmas polas que atravesa o neno normal, de forma transitoria, mentres está medrando e aprendendo; só que no disléxico perdura máis do usual. Os nenos con dislexia poden presentar problemas en: confusión de letras de simetría oposta, tales como o b polo d ou o p; confusión de letras parecidas en sons; confusión de letras parecidas no seu punto de articulación; alteracións na secuencia das letras que forman as sílabas e as palabras; erros ortográficos confudindo letras que corresponden a un mesmo fonema; confusión de palabras parecidas ou opostas no seu significado; erros na separación de palabras; falta de rapidez ao ler e carencia de modulación e ritmo; falta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da linguaxe e do pensamento debido a unha alteración mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno na capacidade de coordinación dos movementos polo que o suxeito é incapaz de asociar e coordinar distintos movementos, co fin de efectuar unha acción previamente ordenada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala (chochoqueiro).

    2. Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción. Foi habitual na poesía e na prosa renacentista e barroca.

    3. Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal no que se atopen, como é o caso de grande/gran (grande importancia/gran muralla) e santo/san (Santo Agostiño/san Bernaldo).

    VER O DETALLE DO TERMO