"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Matemático estadounidense. Foi profesor nas universidades de Princeton e Berkeley. Fixo investigacións en topoloxía diferencial, análise global e ecuacións diferenciais cuantitativas. En 1966 recibiu a medalla Fields polos seus traballos en xeometría diferencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade independente e científica, sen ánimo de lucro, que foi fundada en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego e que se adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio. Leva a cabo unha intensa actividade en temas relacionados coa natureza, organizando conferencias e congresos tanto sobre estes temas como sobre aves, mamíferos mariños ou micoloxía. Tamén realiza censos invernais de aves acuáticas ou de aves petroleadas, iniciada a raíz do accidente do petroleiro Andros Patria; marcaxes de aves, para coñecer a súa dispersión, e colabora na coordinación do Programa de Conservación do Arao Ibérico. Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio natural, como Paspallás e Braña, e o Atlas de vertebrados de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria francesa fundada en 1864. Nunha primeira época dirixiu os recursos a obras de infraestrutura, e posteriormente, especializouse como banco de depósitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira belga constituída pola fusión en 1965 do Banque de la Société Générale de Belgica (1822), a Société Belge de Banque e o Banque d’Anvers. En 1988 acordou a súa fusión progresiva co Amrobank dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estatal francesa que ten o monopolio do transporte ferroviario de persoas e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou a compilación Donskie rasskazy (Contos do Don, Premio Stalin 1926), Tikhij Don (O Don de plácidas augas, Premio Stalin 1941), unha das súas obras fundamentais; e Podn’ataja Celina (Terras cultivadas, 1932, Premio Lenin 1960). Foi membro do Sóviet Supremo desde 1946. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Considerado un dos autores máis importantes do seu tempo, radicalizou o seu pensamento ata extremos de loucura antisoviética e de relixiosidade medieval, actitude que influíu sobre a calidade literaria das súas últimas obras, inferiores ás primeiras. Destacan Matrenin dvor (A casa de Matriona, 1963), Rakovyj korpus (Pavillón de cancerosos, 1969) Arkhip’elag Gulag (Arquipélago Gulag, 1973). En 1970 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo ruso. Participou na Revolución rusa e foi membro da asemblea constituínte. Oposto ao réxime soviético, marchou a EE UU e naturalizouse estadounidense. Das súas obras destacan Social and Cultural Mobility (1927-1941), Contemporary Sociological Theories (1928), Social and Cultural Dynamics (1937-1941), Man and Society in Calamity (1942) e Modern Historical and Social Philosophies (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Coñecido como Antonio Soto, a comezos do s XX instalouse na Patagonia, onde iniciou a súa actividade sindical en Sociedad Obrera. Promoveu unha folga xeral no Gran Hotel do porto de Río Gallegos, co fin de mellorar as condicións de vida dos obreiros, pero a sublevación foi atallada polo exército. Fuxiu a Chile e instalouse en Punta Arenas, onde fundou o Centro Republicano Español, o Centro Gallego e unha filial de Cruz Vermella Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e historiador. Doutor en Xeografía coa tese Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980 (1990). As súas principais liñas de investigación son a didáctica da xeografía e a ordenación do territorio e o urbanismo en Galicia. Colaborou na redacción de plans de ordenación urbana de Vigo e Cangas. Autor de numerosas obras relacionadas coa didáctica da xeografía, publicou, entre outras obras, Xeografía humana (1988), Vigo: cen anos de historia urbana, (1880-1980) (1990), As Parroquias (1995), Vivendas e cidades (1997) e Planeamento estratéxico e mercadotécnica territorial (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Xefe do partido agrario búlgaro, foi encarcerado pola súa oposición á Primeira Guerra Mundial. Ao seu remate foi nomeado xefe do Consello de Ministros (1919). Derrocado por un golpe de estado (1923), foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Coñecido como Aleksis Kivi, abriu a literatura do seu país ao realismo e ao neorromanticismo. Das súas obras destacan a traxedia Lea (1869) e a novela Seitsäman veljestä (Os sete irmáns, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1958 entrou a formar parte da Secretaría General del Movimiento. Procurador en Cortes por Ávila (1967) e gobernador civil de Segovia (1968), foi director xeral de Radio Televisión Española (1969-1973). Secretario xeral do Movimiento (1975-1976), o Rei Xoán Carlos I designouno presidente do goberno en xullo de 1976. Impulsou a transformación do réxime franquista nunha democracia de tipo occidental. Presidiu a coalición Unión de Centro Democrático, coa que gañou as eleccións xerais de 1977 e orientou, con criterio pragmático, a configuración do novo sistema político, tarefa para a que obtivo o apoio da oposición (Pactos de La Moncloa, outubro de 1977). Foi reelixido presidente do goberno en 1979 pero, debilitado polas discordias no seo do partido, dimitiu da presidencia do goberno en 1981 e, ao ano seguinte, fundou o Centro Democrático y Social (CDS). Deputado por Madrid desde 1977, en 1991, logo dos malos resultados do CDS nas eleccións, dimitiu dos seus cargos políticos. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade que, respecto a un pequeno número de trazos, adopta un dialecto nunha determinada área do seu dominio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Filosofía e Dereito e graduado pola Escuela Oficial de Periodismo, foi fundador e redactor da revista Certamen. Pertenceu á Xeración do 36 e foi autor de A beira da vida (1988), publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada ao SO da baía de San Francisco e ao NO de San José (131.760 h [2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á variante lingüística que está por riba de todas as variedades dialectais.

    VER O DETALLE DO TERMO