"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que pertence ao grupo dos anficelos.
-
Anfibio do grupo dos anficelos.
-
Grupo de anfibios anuros de características primitivas. Os individuos adultos conservan un toco amodo de cola, que os machos utilizan para realizar a cópula. Caracterízanse polo feito de posuír vértebras anficélicas. Comprende unha soa familia, a dos liopélmidos ou ascáfidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos organismos que teñen dous tipos de flaxelos, un dirixido cara a adiante, ou motor, e outro dirixido cara a atrás, coma un temón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta anfidiploidía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diploidia que resulta do cruzamento compatible de xogos cromosómicos diploides de especies diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos filidios, semellantes a follas moi pequenas, que forman unha terceira serie implantada na cara ventral do caulidio das hepáticas foliosas.
-
-
Recurso estilístico de orixe grega que consiste na imitación paródica ou burlesca dun texto literario.
-
Composición curta de carácter paródico que utiliza as rimas orixinais dun poema célebre na construción doutro de sentido diferente, no que a parodia se deriva da descontextualización desas rimas.
-
-
-
Individuo do pobo anfiloquio.
-
Pobo (populi) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, mencionado por Estrabón e Xustino. A súa localización non é segura; sen embargo, é probable que ocupasen un territorio situado no val do Ambía ou do Limia. A historiografía decimonónica referiuse a eles como un pobo helenizado debido a que os consideraban descendentes dos compañeiros de Anfíloco, que dende a costa galega se espallaran cara ao interior logo da morte do heroe, e vinculado á lagoa de Antela, onde situaban unha cidade asolagada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé de verso grego e latino que ten tres sílabas, unha breve entre dúas longas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodución sexual caracterizada pola unión do núcleo do óvulo co núcleo do espermatozoide para formar o ovo ou cigoto.
-
-
Que pertence ao grupo dos anfineuros.
-
Molusco do grupo dos anfineuros.
-
Grupo de moluscos mariños, moi primitivos, que carecen de cuncha (aplacóforos) ou ben están dotados dunha serie de placas dorsais articuladas (poliplacóforos). Son litorais e reptan polo fondo ou nadan. É un grupo con poucos representantes, o máis importante deles é o quitón.
-
-
PERSOEIRO
Bioquímico norteamericano. Foi investigador do National Institute of Health, en Bethesda (Maryland) e baseou os seus estudios na estrutura da ribonucleasa pancreática e na relación entre a estrutura e a función dos enzimas. Demostrou que a estrutura tridimensional dunha proteína queda perfectamente determinada pola súa secuencia de aminoácidos. No 1972 compartiu o Premio Nobel de Química con Stanford Moore e William Stein.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Antíope e Zeus, e irmán xemelgo de Zeto. Aprendeu música coas musas e Apolo. Casou con Níobe, filla de Tántalo. Desesperado pola morte dos seus dous fillos, suicidouse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal procordado mariño, fusiforme, duns 6 cm de longo, co corpo comprimido lateralmente e rematado en punta polas dúas extremidades. O plano de organización, moi primitivo, está próximo ao do arquetipo dos vertebrados. Os adultos son unisexuais. Aliméntase de microorganismos, que son atraídos pola corrente de auga que orixina co bater dos cilios branquiais. Debido á súa forma tamén se denomina lanceta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do tipo de solos nos que a filtración é ascendente durante unha época do ano e descendente durante outra.
-
-
Que ten dous tipos de patas distintas.
-
Que pertence á orde dos anfípodos.
-
Crustáceo da orde dos anfípodos.
-
Orde de crustáceos peracáridos constituído por animais que polo xeral non miden máis de 2 cm de lonxitude, de corpo alongado e deprimido lateralmente, de segmentos non fusionados e recubertos dun tegumento delgado. Carecen de cuncha e teñen unha gran mobilidade. Os anfípodos son cosmopolitas e tipicamente mariños, pero alcanzaron as augas continentais (Gammarus) e incluso as subterráneas (Niphragus). Son extraordinariamente voraces e consomen case exclusivamente materia orgánica que acaba de morrer (cadáveres doutros crustáceos, vexetais e incluso vertebrados). A este grupo pertencen, por exemplo, as pulgas de mar, as pulgas de alga e os piollos das baleas, entre outros.
-
-
CIDADES
Cidade de Macedonia fundada no ano 436 a C por Hagnón, fillo de Nicias, preto da desembocadura do Estrimón. Foi un lugar estratéxico e comercial importante, a carón das minas de ouro do Panxeo, que abastecía de madeira a cidade de Atenas. No ano 424 a C foi conquistada por Brásidas, quen derrotara a Tucídides, e posteriormente por Filipo II de Macedonia, posiblemente no ano 357 a C. Hoxe corresponde á cidade de Neokhon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do templo que ten un pórtico de columnas en dúas das súas fachadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na clasificación xeral dos solventes de Brønsted, dise daqueles que posúen simultaneamente propiedades de ácidos e de bases. Se predominan as propiedades ácidas, os solventes denomínanse protoxénicos, mentres que se son predominantemente básicos reciben o nome de protofílicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal fabuloso representado por unha serpe con ás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito pluriocular, que procede dun ovario súpero, de parte externa (exocarpo) dura e lignificada e a interna carnosa, con numerosas sementes, como o do baobab.