"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Mariño e político. Ingresou na mariña en 1914 e foi ministro da Mariña (1944-1958). Partidario de Salazar, foi presidente da república (1958-1974). Destituído polo golpe militar de 1974, exiliouse a Brasil ata que regresou en 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto cristalino, branco, moi pouco soluble en auga, que se emprega en medicina como antihelmíntico no tratamento das infeccións por vermes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico cuxa estrutura consiste nun anel de cinco membros insaturado que contén un átomo de xofre e un de nitróxeno en posicións relativas 1,3. Aplícase na preparación de funxicidas, colorantes e como acelerador de vulcanización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico cuxa estrutura consiste nun anel de cinco membros saturado que contén un átomo de xofre e un de nitróxeno en posicións relativas 1,3. O esqueleto de tiazolidina forma parte da estrutura das penicilinas.
-
CAPITAIS
Capital da wilāya de Tipaza, Alxeria, situada á beira do mar, a 65 km ao O de Alxer (15.756 h [1987]). Fundada polos fenicios como centro comercial, foi colonia romana (s I). Convertida ao cristianismo no s III, a poboación sufriu unha forte persecución no s V por parte dos arianos. A cidade foi destruída e abandonada coa invasión árabe. Do seu patrimonio cultural destacan o foro e os vestixios das murallas romanas e os restos dunha gran basílica cristiá, con nove naves con columnas e pilastras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (2.072 km2; 506.053 h [1998]). A súa capital é Tipaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa dos huaxtecas, no val de México, consagrada á fecundidade e ao pracer. Adoita representarse ergueita, cos peitos descubertos e as mans sobre o ventre, coa cabeza cuberta cunha gorra cónica. Sacrofocácanse prostitutas.
-
PERSOEIRO
Raíña de Pamplona, filla de Aznar Sánchez de Larraun (neto do Rei García I) e de Ennega (filla de Fortún I), que pertence á dinastía Ennega. Casou con Sancho I, da dinastía Ximena, e desta maneira foron fusionadas ambas as dúas dinastías. Foi nai de García III, que sucedeu o seu pai sendo menor de idade. Aínda que a afectiva potestade rexia foi atribuída a Ximeno Garcés, tío de García III, converteuse na verdadeira rexente desde 926.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Presidente do Grupo Tojeiro, comezou no mercado da madeira e diversificou as súas actividades cara aos transportes e á alimentación coa creación de Gadisa na década de 1980. Foi presidente de Reganosa-Regasificadora del Noroeste, Forestal del Atlántico, Trotansa-Tojeiro Transportes S. A., Camosa-Caleras de Moeche SA, Unemsa-Unión de Empresas Madereras S. A., Intasa-Industrias del Tablero SA, Galparquet SA e Servicios Polígono Piadela SA Recibiu o Premio Grupo Voz (1998), a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2003) e a Medalla de Prata da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
priscoline.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Toledo, o 23 de setembro de 1436, entre os representantes de Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón e Xoán II. O pacto poñía fin ao conflito entre as coroas de Aragón e Castela, xurdido da chamada Guerra dos Infantes de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tor (Monforte de Lemos). Construída ao longo de diversas etapas, no s XVIII realizase a escaleira exterior e a solaina. Relacionouse coas liñaxes dos Garza, Quiroga, Losada, Sarmiento, Taboada e outros. Conserva pedras de armas dos Sarmiento, Quiroga de la Puebla, Valladares e outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pombo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cedeira (Redondela). Consta dun corpo rectangular do s XVIII ao que se lle engadiu polo S unha escaleira e unha terraza e, no s XIX, unha nova á polo O, obra de Pacewicz, autor tamén dos xardíns que rodean a vivenda. A este conxunto engadíuselle un novo corpo en 1913. Realizado en cantaría, ten dúas plantas e o corpo principal remata con ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada nas Ribeiras do Sor (Mañón). Construíuse no lugar dunha antiga fortaleza. Ten forma de L e na fachada conserva un brasón coas armas dos Teijeiro. Na propiedade acolle en 30 ha a maior plantación de camelias de Europa con 200 variedades cultivadas nela e outras 400 coleccionadas procedentes doutros lugares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada enVilamartín de Valdeorras. Ten planta próxima a un rectángulo con dúas torres aos lados e outra aos pés. Por un lado das torres ábrese un paso con bóveda de canón. O corpo principal ten dous niveis e cóbrese a dúas augas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Cristina de Castro de Amarante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lantaño (Portas). Ten planta en forma de L cunha torre con ameas de orixe medieval no ángulo. Na fachada conserva unha escaleira exterior e un patín cuberto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vide de Miño (Castrelo de Miño). Está formada por dous corpos con dúas alturas que forman unha planta semellante a un L e que se abren a un patio pechado por un muro. Unha solaina de madeira une as dúas ás. Conserva un escudo de armas que alude aos Sousas, Puga, Feijoo e Araújo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Alongos (Toén). Ten dúas plantas irregulares formadas pola unión de varios corpos. Conta cunha capela e un hórreo nas súas proximidades.