"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
-
Acción de pestanexar.
-
Sensación visual producida por flutuacións periódicas da luz en réximes que se estenden desde uns poucos ciclos a algunhas decenas de ciclos por segundo. Pode ser eliminado mediante o entrelazamento.
-
-
-
-
Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que causa unha gran mortaldade.
-
Enfermidade epidémica causada polo bacilo aerobio Gram-negativo, Yersinia pestis, descuberto simultaneamente por Kitasato e Yersin en 1894, que se transmite directamente de home a home ou mediante animais, ratas, pulgas e chinches, entre outros. Presenta tres formas típicas: a peste septicémica, que se desenvolve a partir da forma bubónica non tratada; a peste pulmonar, unha afección pulmonar causada polo bacilo; e a peste bubónica, máis frecuente, con dolorosas tumefaccións ganglionares. A peste bubónica transmítese pola picadura de pulga infectada de rata. A sintomatoloxía consiste en dor de cabeza, inflamación dos ganglios, taquicardia, mialxias xeneralizadas e febre alta. Os microorganismos penetran pola picadura e invaden os condutos linfáticos, ata chegar aos ganglios, que se inflaman e mesmo poden chegar a supurar e drenar, e onde se pode formar unha pústula ou unha úlcera; despois distribúense por todos os órganos a traves do torrente sanguíneo...
-
peste negra [ingl: Black Death]
Andazo de peste que asolou Asia e Europa desde mediados do s XIV ata principios do XV. A denominación debeuse á frecuencia das petequias, que se caracterizaban pola cor escura do sangue no pescozo, tórax e membros, e o deselance sempre tráxico da mesma, polo que tamén se chamou morte negra. Orixinouse no Extremo Oriente, chegou a Constantinopla en 1347 e de aquí estendeuse rapidamente polos países latinos. Asegúrase que en 1350 todo o mundo coñecido na época estaba infectado, con cifras de mortaldade que nalgúns lugares superaba os dous terzos dos habitantes.
-
-
-
Doenza contaxiosa que ataca masivamente animais e plantas.
-
peste porcina africana
Enfermidade vírica do porco, caracterizada por vómitos e hemorraxias, inflamación e necrose dos pulmóns e dos ganglios linfáticos do abdome, e complicacións diversas do sistema nervioso central. É endémica na Península Ibérica, moi contaxiosa e de declaración obrigatoria; esixe, ademais, un control sanitario estrito e illamento dos animais afectados, ademais do seu sacrificio.
-
-
Mal olor ou cousa que o produce.
-
-
Abundancia excesiva de algo molesto ou malo.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Albert Camus en 1947, en que o autor pretende atopar unha resposta clara á inxustiza humana, para o que se serve dunha alegoría, en que unha epidemia substitúe a todas as pragas da época actual, e das que o ser humano é vítima e cómplice. A narración transcorre en Orán, onde se describe con crueza a atmosfera dunha cidade acosada pola peste e as drásticas medidas que se toman para contela; pero, sobre todo, amosa persoas que se aferran aos derradeiros momentos da vida. Nesta obra, Camus cambiou o seu pesimismo cara a un nihilismo que debía ser punto de partida para unha sociedade máis humana, libre e xusta.
-
PERSOEIRO
Militar. Organizou varias sociedades secretas e manifestou as súas ideas nun proxecto de Constitución. Foi un destacado xefe da conspiración decabrista e foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
praguicida.
-
-
Que causa ou porta a peste.
-
Que desprende un mal olor.
-
-
-
Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que provoca gran mortaldade.
-
Cheiro moi forte e desagradable.
-
-
-
Relativo ou pertencente á peste.
-
Que porta ou pode transmitir a peste.
-
-
-
Que está infectado de peste ou dunha enfermidade grave.
-
Que contaxia a peste ou unha enfemidade grave.
-
Que desprende un olor moi desagradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Salsa elaborada a base de follas de alfábega frescas, allo, queixos romano e parmesano, aceite de oliva, sal, pementa e piñóns, coa que se acompañan diversos pratos de pasta na cociña italiana.
-
PERSOEIRO
Escritor bielorruso. Das súas obras destacan o volume de poemas Navarce (De garda, 1940), de carácter patriótico, e as novelas Sustrenemsja na barykadakh (Atopáronnos nas barricadas, 1954) e Seradzibor (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario dedicado á Virxe do Pilar, situado en Zaragoza, no lugar onde a lenda di que a Virxe se lle apareceu ao Apóstolo Santiago sobre un piar de mármore xunto ao Ebro. Trátase da primeira aparición da Virxe. A igrexa baséase no proxecto de Francisco Herrera o Mozo, moi modificado por arquitectos posteriores. Destacan a capela da Virxe, as pinturas de Bayeu e de Goya e o retablo maior renacentista. Foi declarada BIC en 1904.
-
CAPITAIS
Capital do judeţ de Argeş, Romanía, situada nos contrafortes dos Cárpatos, próxima a Argeş (187.001 h [estim 1999]). É un importante centro da industria química e conta con xacementos de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ de Prahova, Romanía, situada nun rico campo petrolífero ao N de Bucarest (251.981 h [estim 1999]). A súa economía baséase nas refinarías de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Máxima autoridade das cidades do norte e do centro de Italia nos ss XIII e XIV. Durante o fascismo, recibía este nome o xefe da administración municipal italiana.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pol. Tense noticia da súa existencia no s XIII, aínda que se puido construír con anterioridade, e foi reedificada no s XIX. Consta de nave rectangular cunha cuberta de madeira a dúas vertentes. A capela maior está a maior altura e o retablo maior é barroco (1763). Na fachada hai un óculo redondo e unha espadana dun só van.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Composto que contén dous ou máis grupos éster na súa estrutura.
-
Cada un dos compostos de natureza polimérica que conteñen grupos (-CO-O-) repetidos ao longo da súa cadea principal. Desde un punto de vista industrial, os tipos máis importantes de poliésteres son os lineais saturados, os lineais insaturados, os ramificados tridimensionais (resina alquídica) e os policarbonatos. Dos lineais saturados cómpre diferenciar os de peso molecular baixo
-
-
Nome xenérico dos plásticos obtidos por policondensación de poliácidos con alcohois non saturados ou con glicois, ou por polimerización de ésteres do ácido acrílico ou do ácido metacrílico, que non poden ser considerados nin termoplásticos nin termoendurecibles, xa que poden formar obxectos endurecidos definitivamente, cun endurecemento non conseguido pola acción da calor senón pola de axentes químicos. Pode producirse este endurecemento químico disolvendo un poliéster en estireno monómero. Os poliésteres utilízanse moito nas industrias de pinturas e vernices, na fabricación de fibras téxtiles sintéticas, no apresto de tecidos, no curtido de peles e na elaboración de obxectos fabricados tradicionalmente con vidro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da sensación táctil pola que un mesmo obxecto parece sentirse en diferentes lugares á vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
polistireno.