"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • GALICIA

    Debuxante e deseñador gráfico. Influenciado por autores como Yves Chaland, Trondheim ou Mike Mignola, principiou a súa andaina creativa en Atlántico Diario, con guións de Carlos Portela, e en Edicións Xerais de Galicia e Edicións Obradoiro. Creador do personaxe Guinsy, con C. Portela, que publicou en “El País de las Tentaciones”, ambos autores, en colaboración con Fernando Iglesias, realizaron o manga Kami Seeds para Camaleón Ediciones. Ademais participou na serie Xen, para a revista Golfiño, con guións de Kike Benlloch, e colaborou en diversas publicacións como Barsowia, Caña, H2Oil, na versión de Stripburguer para España e, na revista Míster K, xunto con Bernardo Vergara, coa parodia Harry Pórrez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores e ceramistas italianos dos ss XV e XVI. Luca della Robia (Florencia 1400?-1482), foi posiblemente discípulo de Ghiberti. A súa primeira obra coñecida foi unha Cantoria (1431-1438) para a catedral de Florencia. Realizou relevos, de tema relixioso, con figuras brancas sobre fondos azuis de cerámica vitrificada entre os que destacan a Madonna delle rose, a Madonna della mela, a Madonna Frescobaldi e a Madonna do Ospedale degli Inocenti. O seu sobriño e discípulo, Andrea della Robbia (Florencia 1435-1528), divulgou as cerámicas vitrificadas. Fixo os medallóns con putti da fachada do Ospedale degli Inocenti (1463) e Madonna e i santi, da portada do Ospedale di Pistoia. O seu fillo, Giovanni della Robbia (Florencia 1469-1529), especializouse en motivos ornamentais, e foi o posible autor de obras menores atribuídas ao seu pai. Girolamo della Robbia...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Decoración de estilo rústico con imitación de rochas e elementos da natureza.

      2. Obra arquitectónica que imita as rochas e os produtos da natureza que se difundiu moito nas grutas que adornaban os xardíns a partir do manierismo.

      3. Estilo decorativo que en Francia concidiu cos estilos Rexencia e Luís XV que consiste na introdución de elementos da natureza como cunchas ou rochas nas artes decorativas. Tamén tivo difusión no mundo xermánico.

    1. Xardín, xeralmente en pendente, decorado de rochas, volcánicas ou non, pedras, e plantas rupícolas, resistentes á seca, especialmente cactáceas e suculentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Sar en Laraño (Santiago de Compostela). Realizada en cantaría e cachotaría, presenta un único van, formado por un arco de medio punto coa rasante horizontal. Sitúase no antigo Camiño Real a Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado entre as forzas francesas e as españolas ante a cidade de Rocroi nas Ardenas o 19 de maio de 1643. As tropas españolas integradas polos terzos e comandadas polo militar portugués Francisco de Melo, gobernador de Flandres, asediaron Rocroi a causa do seu interese estratéxico e das poucas tropas de que dispoñía. A derrota representou o fin do espírito da ofensiva española en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e militar. Director do Centro de Derecho Internacional Humanitario de Cruz Roja Española, foi conselleiro togado do Cuerpo Jurídico Militar, director da Revista Española de Derecho Militar, presidente do Tribunal Militar Central e director da Escuela Militar de Estudios Jurídicos. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, a Gran Cruz del Mérito Militar, a Cruz de Plata da Garda Civil e o Premio Tomás y Valiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Coronel da Armada, colaborou no Centro de Estudios Superiores de Intendencia da Armada, así como nas obras de restauración arquitectónica do Arsenal de Ferrol e do castelo de San Filipe. Publicou San Campio, patrón de levas (1977) e Rejas, balcones y otros hierros artísticos en la comarca de Ferrol (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor. Considerado o mellor poeta valenciano da segunda metade do s XV, elaborou historias de santos, como as de santa Ana e Madalena, fábulas mitolóxicas e a súa balada da pega e a merla, unha das pezas máis destacadas da lírica catalá. Traduciu a Vita Christi de Ludolf de Saxonia e imprimiu unha versión literal dos Salmos feita sobre a Vulgata. En prosa cómpre salientar a brevísima Traxedia de Caldesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Gañou o favor da corte de Filipe IV. Retocou e puliu o seu teatro co fin de conseguir en ocasións unha elegancia e unha perfección extraordinarias, e destacou por uns trazos moi característicos, como a figura da dona vingadora da súa honra, que reproduciu en Cada cual lo que le toca, Progne y Filomena, e a intensificación da figura cómica en Entre bobos anda el juego ou Don Lucas del Cigarral. Cunha poderosa forza dramática cómpre salientar Del rey abajo ninguno, en que trata o problema da lealdade á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de cortiza ou doutro material, máis alta ca ancha, que serve para tapar botellas ou outros recipientes de boca estreita.

    2. Anaco de trapo ou herba de forma arredondada que se pon na cabeza ou no lombo para levar unha carga sen que moleste.

    3. Trapo usado para limpar.

    4. Mama da porca. Estar en desvantaxe con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate lendario contextualizado en Roncesvalles en 778. Referiuse á derrota da retagarda do exército de Carlomagno, encabezada por un dos seus cabaleiros, Roldán, ao volver da súa fracasada expedición contra Zaragoza. Historicamente este exército foi obxecto dun ataque de sarracenos, conducidos por Matru ḥ e Aišũn, entre o Ebro e Pamplona co obxecto de liberar ao pai destes, Sulaymān ibn Yaq ṯ ãn al-Arabĩ, gobernador musulmán de Barcelona e Girona, cousa que conseguiron; despois os gascóns sorprenderon a retagarda do exército ao atravesar os Pireneos e desfixérona. Estes feitos serviron de punto central de cristalización do chamado ciclo do Rei da épica francesa, no que destacou a Chanson de Roland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturista francés. Profesor en Montpellier, estableceu as bases da ictioloxía moderna. Escribiu Libri de piscibus marinis in quibus verae piscium effigies expressae sunt (1554-1555), onde describiu aproximadamente 250 tipos de animais mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de ata 15 cm de altura, follas en roseta basal, pecioladas e limbo circular, inflorescencias en cimas racemiformes con flores pentámeras de cor branca e froito en cápsula ovalada. As flores ábresen durante un tempo limitado, xeralmente só unhas horas ao comezo da tarde. Florece entre xuño e setembro en brañas e lugares húmidos. É unha planta insectívora que atrapa pequenos insectos e segrega uns enzimas para dixerilos. Emprégase coma planta medicinal. OBS: Tamén recibe este nome a especie Drosera intermedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce en forma de rosca pequena, feito de masa fritida e cuberto de azucre derretido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz, filla de Roberto Rossellini e de Ingrid Bergman. Comezou a súa carreira en Roma como modelo e en 1972 trasladouse a Nova York. Naturalizada estadounidense, dos seus filmes destacan White Nights (1985), Blue Velvet (1986), Death Becomes Her (1992), Fearless (1994), Inmortal Beloved (1994) e Heights (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina, actriz e investigadora teatral, filla de Roberto Rossellini. Participou nas montaxes do Istituto di Ricerca Antropologica sull’Attore di Roma (1978-1981), no chamado teatro del rimosso, do que xorde o subsconsciente. É autora de La liquidazione del corpo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Destacou na restauración da filosofía espiritualista despois da caída do réxime napoleónico. Formulador do doutrinarismo, opúxose á ideoloxía da Ilustración e elaborou un sistema ecléctico con elementos do espiritualismo francés clásico e o da escola escocesa do sentido común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor de composicións báquicas e amorosas, e dunha maqāma en eloxio do cálamo.

    VER O DETALLE DO TERMO