"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta proterandria.
-
-
Que ou quen protesta.
-
Relativo ou pertencente ao protestantismo.
-
Seguidor do protestantismo.
-
-
-
Conxunto das confesións cristiás xurdidas da Reforma do s XVI ou influídas por ela. Esta designación provén da Dieta de Spira (1529), aínda que por razóns teolóxicas e históricas, algúns grupos consideraron mellor ser denominados evanxélicos ou reformados. Antes da Reforma houbo outros movementos que a anticiparon, comos os valdenses (s XII), os loardos de J. Wycliffe (s XIV) e os husitas (s XIV), e, con posterioridade, xurdiron as catro tradicións protestantes principais: luterana, calvinista, anabaptista e anglicana. Aínda que teñen diferenzas nas súas prácticas e doutrinas, coinciden no rexeitamento da autoridade do papa e a importancia concedida á Biblia, e á fe individual. Orixinariamente pretendían volver á doutrina e ás prácticas apostólicas, pero a separación da Igrexa Católica converteuse nun feito. Valórase a predicación da Palabra por riba do sacramentalismo e das cerimonias litúrxicas e consérvanse dous sacramentos: o bautismo e a eucaristía. Rexeitan a vida monástica,...
-
Correntes teolóxicas protestantes, sobre todo luteranas, encamiñadas a conciliar a teoloxía coas ideas liberais dos ss XVIII e XIX, moi combatidas polas posicións tradicionais e ortodoxas. Partindo dun estudo do cristianismo como feito histórico e, con métodos exclusivamente históricos e filolóxicos, os primeiros teólogos liberais (D. F. Strauss, F. Ch. Baur, B. Bauer) baseáronse na filosofía da relixión de F. E. Daniel Schleiermacher, no romanticismo de F. W. Joseph von Schelling e no idealismo hegeliano. Os máximos representantes foron os discípulos de A. Ritschl, E. Troeltsch e A. von Harnack, un dedicado ás cuestións de historia cultural e social e outro máis sensible á historia dos dogmas. Ligadas a estas posicións hai diversas correntes máis recentes, como o escatoloxismo de A. Schweitzer, a Formgeschichte de M. Dibelius, R. Bultmann e H. Gunkel.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos protobranquios.
-
Molusco da subclase dos protobranquios.
-
Subclase de moluscos bivalvos coas branquias con forma de peite, só encargadas das funcións respiratorias, polo que a captura do alimento se efectúa por medio dos tactos labiais. Tamén se denominan taxodontes, porque a charneira da cuncha ten dentes máis ou menos numerosos e similares, e dimiarios, por posuír case sempre dous músculos adutores.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao primeiro canon.
-
Aplícase a cada un dos libros do Antigo Testamento que se atopan na Biblia hebrea, en contraposición cos deuterocanónicos, que foron os primeiros en ser admitidos no canon das escrituras, que se atopan soamente na versión grega dos Setenta.
-
-
-
Sentenza de Deus, recollida na Xénese, sobre a serpe no Paraíso, entendida polos Pais e os esexetas católicos como o primeiro anuncio da salvación: un descendente da muller, Xesús, vencerá as forzas demoníacas (serpe).
-
Evanxeo apócrifo atribuído ao apóstolo Santiago o Menor que trata sobre o nacemento da Virxe e a infancia de Xesús. Parece ser que foi escrito no s II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia cósmica que pode transformarse en planeta.
-
-
-
Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.
-
apófise.
-
protuberancia anular
Parte intermedia entre o bulbo, os pedúnculos cerebrais e o cerebelo. Ocupa a parte anterior e superior da fosa cranial inferior, entre o cerebelo e a canle basilar. OBS: Tamén se denomina protuberancia cerebral ou nó do encéfalo.
-
-
Fonte de gas que se orixina na cromosfera solar e que se propaga dentro da coroa ata alcanzar alturas de varios milleiros de quilómetros. Clasifícanse en eruptivas, son bastante brillantes e fórmanse nas rexións das manchas solares, e a súa altura pode chegar a ser duns 40.000 km; e quiescentes, tamén denominadas filamentos, menos brillantes, desenvólvense lentamente e poden durar menos, e a súa altura é aproximadamente de 75.000 km.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se eleva formando unha protuberancia.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Creou os Ateliers Jean Prouvé para o estudo dos elementos metálicos industrializables aplicables á construción (1931) e instalou un muro cortina na estación Citroën de la Porte de la Villette (1925). Membro da Union des Artistes Modernes (1934), creou o mobiliario para a nova Cidade Universitaria de Nancy (1933), colaborou na construción da Maison du Peuple de Clichy e no edificio do club Roland Garros no aeroporto de Buc. Foi enxeñeiro asesor no aeroporto de Orly e na torre Nobel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi un dos introdutores da ópera veneciana en Nápoles; coas súas óperas, como Lo schiavo di sua moglie (1672), contribuíu a formar a escola napolitana de ópera. Tamén escribiu oratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de provinciano.
-
-
Relativo ou pertencente a unha provincia ou ao seus habitantes.
-
Natural ou habitante dunha provincia, en oposición ao que é da capital.
-
Que ou quen se caracteriza por unha estreiteza de espírito que leva a un excesivo apego á mentalidade ou aos costumes propios dunha provincia ou dun círculo social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
provocativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que proxecta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto internacional iniciado en 1998, interesado en determinar a totalidade do xenoma humano a partir do illamento dos xenes e o seu secuenciamento. O estudo realízase a partir da recollida de material hereditario procedente de individuos de gran diversidade de poboacións.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Levou unha vida solitaria, xunto con san Saturio, nunha cova á beira do Duero, preto de Soria. Sancho, bispo de Tarazona, fíxoo arcediago e sucedeuno á súa morte. Foi sabio e converteu un gran número de pagáns. Na súa iconografía represéntase vestido de bispo, en actitude de bendicir o pobo. A súa festividade celébrase o 28 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter do exército prusiano, baseado na despersonalización, a obediencia cega e a instrución inflexible, que caracterizou as tropas alemanas ata 1945.
-
-
Relativo ou pertencente a Prusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Prusia.
-
Lingua báltica do phylum indoeuropeo que se falaba antigamente en Prusia Oriental. Extinguiuse a finais do s XVII pola penetración do alemán. A principal fonte de coñecemento do antigo prusiano procede de tres catecismos da Reforma do s XVI, traducidos do alemán: o primeiro baseouse no Catecismo Menor de M. Lutero e o segundo é unha revisión do primeiro. O terceiro, o Encheiridion, foi traducido en 1561 por Abel Will. Tamén se conservan algúns restos en topónimos e antropónimos. Os textos en prusiano antigo, e en calquera outra lingua báltica, máis antigos estaban escritos nun vocabulario xermano-prusiano, o vocabulario Elbing, que se conserva nunha copia de 1400, escrito no dialecto prusiano meridional, en Pomerania. Outro vocabulario, aínda que máis pobre, é o compilado por Simon Grunau (1517 e 1526).
-
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Entre os seus primeiros traballos destacaron as investigacións sobre hipotermia e sobre o tecido adiposo marrón dunha especie de roedores mediante flourescencia. Pero as investigación máis importantes foron as referidas a enfermidades dexenerativas, tras a morte dunha paciente súa debido a enfermidade dexenerativa de Creutzfeltd-Jakob. Descubriu que esta e outras enfermidades, como a encefalopatía esponxiforme bovina, eran causadas por un axente infeccioso, de caracter proteico, ao que denominou prión (1982). Posterioremente en 1984 deu a coñecer o xene que codificaba esa proteína. En 1997 recibiu o premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos prións.
VER O DETALLE DO TERMO