"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Licenciado en Física (1963) e en Ciencias Económicas (1969). Afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1960. De 1966 a 1971 traballou no Servicio de Estudios do Banco de España. Ocupou diversos postos directivos en empresas e institucións; foi subdirector (1971) e director xeral (1974) de investigacións no Instituto Nacional de Industria (INI), director de planificación estratéxica de Explosivos Río Tinto, S A (1975-1978), economista do Banco de España (1979-1981), director xeral de planificación e estudios no Instituto Nacional de Hidrocarburos, INH (1981-1982) e presidente do Banco Exterior de España (1985-1988). En 1989 foi nomeado conselleiro do Grupo Construciones y Contratas, S A (GRUCYCSA), Fomento de Obras y Construciones, S A (FOCSA), Portland Valdeminas, S A e Corporación Financiera Reunida, S A (COFIR, S A). Dende 1993 é vicepresidente de FOCSA. No eido da política entrou a formar parte do comité executivo do PSOE en 1976. Foi deputado por...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral francés. Licenciouse en Filosofía pola Sorbonne e estudiou Teatro no Conservatorio de París. Especialista en personaxes románticos e apaixonados, traballou con Bette Davis, Olivia de Havilland, Ingrid Bergman e Hedy Lamarr. Foi nominado ao Oscar ao Mellor Actor en tres ocasións. Entre os seus filmes destacan: L´homme du large (O home ancho, 1920), Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e The April´s fools (Os tolos de abril, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico, graduado na Universidade de Wisconsin. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou para o exército na Universidade de Standford, e logo na Universidade de Minnesota e no Navy Medical Research Institute en Bethesda. Dende 1965 dirixe o Molecular Biology Institute da Universidade de California. En 1997 acadou o Premio Nobel de Química, compartido con John E. Walker e Jens C. Skou, polo descubrimento do mecanismo enzimático da síntese do trifosfato de adenosina (ATP).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poetisa norteamericana. Publicou, entre outros, os seguintes libros: Wedding day (Día de voda, 1931), Generation without farewell (A xeración sen despedida, 1959), Testament for my students (Testamento para os meus estudiantes, 1970) e Fifty stories (Cincuenta historias, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata, conde de Burlington. Introduciu en Gran Bretaña o estilo de Palladio despois de viaxar a Italia entre 1714 e 1715. Ademais das obras de Andrea Palladio estudiou tamén a Iñigo Jones e propuxo unha recuperación do estilo destes dous arquitectos. A culminación das súas ideas obsérvase na Assambly Room de York (1730), reprodución da galería exipcia do mesmo Palladio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico irlandés. Foi membro destacado do Invisible College, que en 1660 pasou a chamarse Royal Society. En 1657 construíu xunto con Robert Hooke unha bomba pneumática baseada nos traballos de Otto von Guericke. Observou que no aire hai un compoñente necesario para a combustión e a respiración, e que o aire é o soporte das ondas sonoras pero que non inflúe sobre os fenómenos eléctricos e magnéticos. Perfeccionou o termómetro de Galileo e adoptou como punto fixo da escala termométrica o de fusión do xeo. En resposta a unha crítica ao seu libro New Experimental Physico-Mechanical touching the Spring of Air and its Effects (Novo experimento psico-mecánico con respecto á fonte do aire e os seus efectos, 1660), describiu a lei de compresibilidade dos gases ou lei de Boyle-Mariotte. Na obra The Sceptical Chemist (O químico escéptico, 1661) opúxose ás doutrinas tradicionais que constituíran a base da Alquimia. Atomista con trazos cartesianos, diferenciou claramente elementos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
René Tardiveau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo megalítico (2.700-2.500 a C) da zona oeste do río Boyne (Irlanda) que se caracteriza por unha evolución dende as cubertas planas, típicas dos dolmens de galería iniciais, ata as cubertas de aparello reducido e de falsa cúpula dos dolmens de corredor.
-
PERSOEIRO
Autor e dramaturgo coñecido co pseudónimo de Michel Baron. Actor da compañía de Molière (1670), máis tarde estableceuse pola súa conta, concretamente coa compañía do Hotel Borgoña. Foi considerado o primeiro actor da súa época. Retirouse en 1691 pero volveu cun éxito notable en 1720. É autor de L’homme à bonnes fortunes (O home con boa fortuna, 1680).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. En 1895 determinou, usando unha balanza de torsión deseñada por el mesmo, a masa da Terra en 6·1024 kg (experiencia parecida á de Cavendish). En 1890 inventou o radiomicrómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo. Foi membro do círculo artístico de Richard Parkes Bonington. É coñecido por ser autor de paisaxes que anunciaron o Impresionismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cadea ou trozo de cabo, firme a un lugar da cuberta do barco. Ten varias utilidades, entre elas as de aguantar momentaneamente un cabo ou un aramio mentres se amarra. Neste caso, sitúase a boza sobre o cabo e danse dúas voltas ao seu redor e, a continuación, unha ou dúas voltas máis en sentido contrario cun corte intermedio.
-
Cabo que está fixo na proa por un extremo para suxeitar co outro, por medio dalgunhas voltas, o cabo do que se está tirando nunha manobra, para que non escorregue mentres se amarra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
1bocha.
-
PERSOEIRO
Historiador de arte. Especialista en Arte Contemporánea, realiza as súas investigacións dende unha perspectiva sociolóxica. Entre as súas publicacións destacan: El realismo plástico en España de 1900 a 1936 (1967), Historia del Arte en España (1972), El arte del siglo XX. La construción de la vanguardia (1978), La ilustración gráfica del XX en España (1979), Sátira y tragedia: las imágenes de Castelao (1987), Arte y ciudad en Galicia, s XIX (1990) e Arte del siglo XX en España (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Frelar os dentes.
-
Amarrar con bozas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[it: Bolzano] Capital da provincia homónima, no Tirol meridional (Südtirol ou Trentino-Alto Adige), Italia, situada na confluencia dos ríos Eisack e Talfer (97.043 h [1998]). Trátase dunha importante encrucillada de comunicacións cara a Suíza e ao Tirol austríaco. É un centro turístico, que ten como principal atractivo as paisaxes alpinas que lle permiten dispor dunha oferta de ocio baseada nas actividades deportivas na natureza. Tamén é un núcleo comercial e industrial, favorecido pola abundancia de enerxía hidroeléctrica; destaca, sobre todo, o sector siderúrxico. Nos ss VII e VIII a antiga Bauzanum pertencía aos duques de Baviera, e no s X pasou aos bispos de Trento e aos condes do Tirol. De 1531 a 1890 estivo baixo o dominio dos Habsburgo, ata que formou parte do reino napoleónico de Italia. En 1814 pasou a Austria e en 1919 foi anexionada a Italia polo Tratado de Saint-Germain-en-Laye. O réxime fascista (1922-1945) creou un centro industrial para atraer os obreiros italianos e así...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Trentino-Alto Adige (ou Südtirol), Italia (7.400 km2; 459.358 h [1998]). A súa capital é Bozen. A súa superficie coincide cos límites históricos do Tirol do Sur.
-
-
Parte exterior da boca.
-
Aparello que se lles pon aos animais arrodeándolles o fociño para que non traben ou para que non se deteñan a comer no momento en que están a desenvolver outras tarefas. Pode estar feito de madeira, corda, plástico, arame, coiro, metal, etc.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos bozos.
-
Individuo do pobo bozo.
-
Pobo de Mali, nas ribeiras do Níxer e do Bani. Viven da pesca e da agricultura. Son os habitantes máis antigos do país xunto cos dogons.
-
-
PERSOEIRO
Pintor soviético. Membro da Academia de Arte da URSS e artista do pobo. Coa súa visión poética e realista amosou as preocupacións sociais e revolucionarias da sociedade soviética. É autor, entre outras, das seguintes obras: Retrato de Svetlana Šipunova (1950), Enfermeira (1952), Pensamentos, os meus pensamentos (1959-1960) e Lenin (1961).
VER O DETALLE DO TERMO