"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Cónsul romano. Cuestor en Sardeña e pretor, foi nomeado cónsul en 89 a C despois de obter diversas vitorias durante a guerra social. Outorgou coa lex pompeia o dereito latino ás cidades de Transpadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Queizán (O Corgo). O seu cumio acada os 573 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que leva o estandarte.

    2. Soldado que portaba o vexillum no exército romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar da Costa en Viascón (Cotobade). Sitúase nunha estación rupestre integrada por varias rochas con insculturas. Destaca a de maiores dimensións que presenta diversos motivos, con combinacións circulares e cazoletas na parte superior, e paletas na zona inferior. Foi declarado BIC (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poder, facultade ou dominio que se ten sobre persoas ou cousas.

    2. Xurisdición sobre un castelo ou demarcación que se tiña en feudo dos ss X ao XV. Cando o vasalo tiña a investidura dun feudo por un señor superior, aquel e os seus sucesores tiñan que devolver a súa posesión cando lla requirisen.

    3. Conxunto de anxos que constitúen a xerarquía inferior do segundo coro da orde anxélica na anxeloloxía do Pseudo-Denís.

    4. patria potestade.

    5. Exercicio dunha facultade mediante un proceso aplicador do ordenamento xurídico en que ten unha relevancia especial a estimación subxectiva ou libre apreciación da administración.

    6. poder espiritual.

    7. Exercicio dunha facultade que exclúe a apreciación subxectiva da administración ao prever e determinar o ordenamento xurídico todas as súas condicións, os seus termos e as súas consecuencias.

      1. Poder civil.

      2. Potestade que correspondía ao monarca e aos organismos xurisdicionais dependentes deste, dos ss XV ao XIX, contra os xuíces eclesiásticos que querían ocuparse de materias reservadas á xurisdición secular.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é obrigatoria a súa realización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Redactor de A Nosa Terra (1977-1979), La Voz de Galicia (1979-1993) e director de Antena 3 Radio en Santiago de Compostela (1990-1993), foi profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. Publicou Guía del Camino de Santiago (1982), El camino de Santiago (1992), El sistema radiofónico gallego (1995) e A imaxe sonora na radio en Galicia (2001). Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e médico. Obtivo o título de mestre e foi frofesor de debuxo en Pontevedra. Posteriormente licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou o Sanatoria Médico Quirúrgico Pozas (1902) e dirixiu o hospital de Pontevedra. Pertenceu ao Partido Republicano Radical Socialista e á Unión Republicana, da que foi presidente e pola que foi elixido deputado en 1936. Ao comezo da Guerra Civil foi detido e condeado a morte e, conmutada a pena, estivo catro anos no cárcere da illa de San Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia que, segundo Plinio e Ptolomeo, habitaba no convento xurídico Lucense e ocupaba, posiblemente, a península do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre escultor. Identificouse, con reservas, co mestre Estevo e traballou na fachada das Praterías da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de lixeira anestesia inducido pola inxección de substancias narcóticas antes da anestesia xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predestinar.

    2. Predeterminación por parte de Deus relativa aos que serán ou son salvados ou condenados. Xurdiu en explícita controversia co pelaxianismo e foi enunciada primeiro por santo Agostiño, de maneira que a liberdade e responsabilidade humanas aparecen cuestionadas. A disputa de auxilis que se desenvolveu nos ss XVI e XVII tivo como obxecto a compaxinación desta liberdade humana coa soberanía de Deus no outorgamento da graza da salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predestinar.

    2. Que está previamente destinado a algo.

    3. Aplícase á persoa destinada por Deus á salvación ou á condenación. Emprégase xeralmente, dunha maneira case exclusiva, no seu sentido positivo de elixido para a salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decidir previamente o futuro ou o destino de algo ou de alguén.

    2. Predeterminar Deus a salvación ou a condenación de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preestablecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta que consiste nun manguito, unha brida, etc, con estopada impregnada nun lubrificante, que ao ser axustada hermeticamente a unha árbore, a un pivote, etc, impide as fugas de vapor ou de gases nos cilindros e noutros elementos das máquinas de vapor ou de motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de prestar ou de prestarse.

      2. Obriga que dimana da lei ou que, en virtude dun convenio, cumpre unha das partes.

      3. Imposto ou servizo esixible por unha autoridade competente.

      4. prestación patrimonial

        Medida administrativa de gravame sobre os bens particulares de carácter forzoso. Pode ser tributaria ou extratributaria.

      5. prestación persoal /

        Servizo persoal obrigatorio esixido pola lei. Foi empregada para construír camiños municipais e obrigaba aos veciños dunha poboación a realizar obras ou servizos de utilidade común. Proporcionábase un traballo persoal duns cincuenta e dous días ao ano, compatibles cos traballos agrícolas, dedicándolle unha xornada semanal.

      6. prestación persoal

        Servizos ou traballos que os servos e colonos debían ao señor.

      7. prestación social ON

        Medida ofrecida pola Administración Pública para atender aos cidadáns en situacións de necesidade.

      8. prestacion social substitutoria

        Actividade, servizo ou obra de utlidade pública ou de interese xeral que os obxectores de conciencia realizaban en substitución do servizo militar obrigatorio.

    1. Conxunto de calidades que caracterizan cuantitativamente as posibilidades dun avión, dun automóbil ou dunha motocicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen presta.

    2. Persoa que nun contrato de préstamo deixa os cartos ao que toma o diñeiro a préstamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou entidade que, nun contrato de préstamo, recibe os cartos do prestador e se compromete a devolvelos xunto cos xuros acordados.

    VER O DETALLE DO TERMO