"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Preboste cosaco. Desertou do exército austríaco e organizou a revolta dos cosacos, aos que se uniron os campesiños do Volga e os obreiros dos Urais. Finxiu ser o Tsar Pedro III e apoderouse do baixo Volga, destruíndo Kazan’. Traizoado por algúns dos seus e apresado polo exército imperial, foi decapitado e despezado en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor italiano. Estudou con T. Gelosio e percorreu Europa como concertista. Estreou óperas en Londres e Turín, como Achille in Sciro (1785) e música de cámara. Foi mestre do gran violinista Giovanni B. Viotti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Aproveitou elementos extraídos do redescubrimento do pop e do kitsch, con finalidade crítica, e interesouse polos mitos e pola renovación da fición. É autor das novelas La traición de Rita Hayworth (1968), Boquitas pintadas (1969), El beso de la mujer araña (1976), levada ao cine por H. Babenco; Pubis angelical (1979), Maldición eterna a quien lea estas páginas (1981) e Sangre de amor correspondido (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e actor teatral e cinematográfico. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, como actor cinematográfico destacan as súas interpretacións en Mi general (1986); Pasión Lejana (1987); Un paraguas para tres (1992), Todos los hombres sois iguales (1994), El amor perjudica seriamente la salud (1996), Airbag (1997), Amnesia (2002) e Inconscientes (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia (1.031 km2; 1.313.449 h [2000]). A súa capital é Pinang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. De orixe xudía, foi secretario de Isabel I a Católica e embaixador en Roma (1473) e París (1474-1475). Nomeado cronista oficial en 1481, escribiu Crónica de los señores reyes católicos don Fernando y doña Isabel, acabada por Afonso Santa Cruz e publicada postumamente, Libro de los claros varones de Castilla (1486) e unhas destacadas Glosas a las Coplas de Mingo Revulgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao N da capital provincial (4.437 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e pianista. Estudou contrapunto, harmonía, piano e composición en Vigo, Madrid e Barcelona, con Francisco Guerrero, Tristán Murail, Manuel Rodeiro e Magnus Lindberg. Influenciado polas novas tendencias estéticas europeas como o postespectralismo francés, a súa música, dunha grande forza expresiva, amosa unha clara preocupación polo timbre e polo timbre. Das súas obras destacán “Un ceo tódalas noites”, “Liebeslied” para orquestra, “Trío” para clarinete, viola e piano e “Reload” para quinteto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciou a súa traxectoria profesional como profesor, combinando o tempo dedicado ás aulas coa súa faceta artística. Destes primeiros anos destacan as súas representacións de escenas rurais (Home do campo, 1967; Vellas, 1969), as paisaxes (serie Montes de Casayo, 1970) ou os retratos (Ramón Otero Pedrayo, 1973). A súa vocación artística desembocou no traslado a Barcelona, onde se especializou en pintura e gravado na Facultat de Belles Arts de Sant Jordi e onde se afanou por abrirse camiño cara á arte internacional. De estilo expresionista, na súa pintura destaca o debuxo esquemático, o emprego da pincelada ancha e firme, e a multiplicidade cromática, violenta e chea de contrastes, a través da que se definiron os diferentes espazos dos seus cadros (O Berbés, 1986-1987; Camiño vermello, 1988).
    O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tren ou autocar de luxo que se dedica fundamentalmente ao turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. Xunto con Ben Field realizou en Chicago un tipo de vagón de ferrocarril con camas (1863). O primeiro vagón-cama construído foi bautizado con nome de The Pioneer (1865), e axiña se difundiu mundialmente. Tamén ideou outros perfeccionamentos e melloras para a comodidade, como os asentos extensibles ou o vagón restaurante. Fundou unha fábrica en Palmyra e unha cidade que leva o seu nome, Pullman City, en Chicago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, primoxénita de Arcadio. Foi rexente do seu irmán Teodosio II entre 414 e 416, e sucedeuno no trono imperial á súa morte, xunto co seu esposo Marciano I (450). Loitou contra as herexías e contribuíu co Papa León I ao triunfo da ortodoxia calcedonia. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce pulsacións.

    2. Aplícase á magnitude física que varía periodicamente, pero sen cambiar de signo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo punan.

    2. Individuo do pobo punan.

    3. Pobo de orixe mongoloide, tradicionalmente nómade, que habita nos bosques, nas áreas montañosas e preto dos grandes ríos no centro da illa de Borneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de India setentrional, repartida entre India e Paquistán. Esténdese desde o Indo ao O ata o Yamuna ao L, e do Himalaia ao N ata o deserto do Thar ao S. É esencialmente unha chaira aluvial formada por cinco afluentes do Indo. O seu clima é continental rigoroso. A influencia do monzón é pouco sensible e as precipitacións son débiles e separadas por longos períodos secos. A agricultura depende do réxime estacional dos ríos. Case todo o territorio está cuberto por canais (uns 36.000 km) que conectan os ríos e distribúen as augas, o que permite cultivos de cereais, oleaxinosas, algodón, forraxe e cana de azucre. No III milenio a C xa posuía unha civilización urbana, entroncada coa mesopotámica dos sumerios. Sufriu diversas invasións: a dos persas (ss VI-IV a C), a dos gregos (s IV a C), a dos hunos (ss V-VI), a dos árabes (s VIII), a dos turcos (ss X-XII) e a dos afgáns (ss XII-XIII). Parte do sultanato de Delhi foi dominado polos mongois (ss XVI e XVII), que impulsaron a economía e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada no NL da illa da Palma (2.337 h [2001]). Destaca na súa economía a agricultura, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Punxeiro (Viana do Bolo). Coñecida como a casa dos Escarpizos, ten planta rectangular e dúas alturas, con patios interiores. Os muros son de lousa lucida. Ten unha capela barroca de cantaría no centro da fachada principal, fundada en 1726 por orde de Rodrigo Noboa Pimentel Sarmiento, e un portal con tres arcos que servía de paso da vivenda ao coro da capela. Ten pombal e fonte nas súas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pica ou punza.

    2. Que causa unha sensación dolorosa aguda e penetrante.

    3. Que molesta, fire ou causa dor.

    VER O DETALLE DO TERMO