"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Médico, político e escritor, pai de Xaime Quintanilla Ulla. Formado na Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Ferrol en 1917, onde abriu unha clínica de cirurxía. Defensor do galeguismo e do socialismo, foi membro da Irmandade da Fala de Ferrol e asinou o Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala (1918). Militou no PSOE desde 1920 e foi alcalde de Ferrol coa chegada da Segunda República en 1931. Apartado da alcaldía despois dos sucesos de outubro de 1934, retornou ao concello como concelleiro en 1936. Participou na reunión dos concellos galegos celebrada o 3 de xullo de 1932 en Santiago de Compostela, foi membro e vogal do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932), director de El Correo Gallego e fundou e dirixiu a colección Céltiga. Colaborou en diferentes publicacións e dos seus escritos destacan a comedia dramática Alén (1921), a novela curta Saudade (1922) e o drama Donosiña, estreado en 1920. Morreu paseado xunto con outros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político, fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Membro do PSdeG-PSOE, foi alcalde de Ferrol (1979-1987). Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, e correspondente das academias de medicina de Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Oviedo e Madrid. Colaborador de La Voz de Galicia, escribiu El complejo mundo del suicida (1994). Recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a cruz ao Mérito Naval e a cruz da Orden Civil de Sanidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do sistema montañoso de montes do Quinxo, situado na parroquia da Illa (Entrimo). O seu cumio acada os 1.163 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, presidiu a Comisión de Arquitectura do Consello de Cultura Galega e dirixiu a revista Tectónica. Asociado con Cristóbal Crespo González e Antonio Raya, as súas obras caracterizáronse pola economía de recursos empregados, a austeridade de volumes e a integración das construcións no contorno. Destacan a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993, Premio COAG en 1994 e Premio Julio Galán Carvajal en 1995), as piscinas para a deputación da Coruña (Premio COAG, 2000) e a piscina cuberta da Laracha (Premio COAG en 2000 e Premio Julio Galán Carbajal en 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Escribiu Antoloxía de contos populares de Galicia (1993), Dicionario conceptual galego (1997) e Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Castrelo (Cambados). Ten planta rectangular próxima á forma en L, cun piso baixo e un andar. Na porta principal destaca o arco de medio punto do s XVI e nunha das fachadas engadiuse unha escalinata cara a 1900. Destaca o escudo de armas que alude aos Peña, Torre, Bazán, Abraldes, Acevedroa, Lobeira, Aldao, Somoza e Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta rectangular con piso baixo só pola parte posterior, seguindo o desnivel do terreo, e un andar no resto do edificio. Conserva unha das torres que o franqueaban e no lugar da outra construíuse unha terraza con balaústre. No interior destaca unha árbore xenealóxica con escudos situada na campá da cheminea do salón principal. O patio é pechado e con ameas, e nun dos seus extremos atópase unha capela. Nos seus arredores sitúase un hórreo e un cruceiro. A súa orixe vincúlase con Xoán de Balboa e Mariño Lobeira no s XVI. Conserva brasóns que aluden aos Mariño, Lobeira, Aldao, Andrade, Mendoza, Sotomayor, Sequeiros, Pardo de Figueroa, Bermúdez, Mosquera, Pimentel, Taboada e Varela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Foi unha torre do casal de Moldes do mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra, orientado cara ao sur. Conta cunha capela do s XVII. O conxunto está amurallado. Conserva dous escudos que aluden aos Valladares e Padín, e aos Rivera, Figueroa, Ulloa, Torres e Aponte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento astronómico, portátil de reflexión, empregado nas observacións marítimas para determinar a altura dos astros. É semellante ao sextante, pero o limbo contén a quinta parte da circunferencia, é dicir, 72°, e permite, polo tanto, medir ángulos de ata 144°.
-
GALICIA
Compositor e director de orquestra. Realizou estudos de piano, harmonía e composición, e exerceu como crítico musical en Galicia Social e El Pueblo Gallego. En 1957 fundou e presidiu a Orquesta de la Sociedad Filarmónica de Vigo, e dirixiu a Orquestra de Vigo (1980). Compuxo, ademais de diversas sinfonías, Andante con variaciones Op. 1 (1947) e Canzón de Berce Op. 31 (1981). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, marqués de Almeiras. Discípulo de Castelao e do valenciano F. Martín Marqués, foi catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña. Director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (1969-1986), destacou como retratista, aínda que tamén cultivou as paisaxes e as composicións, ademais da ilustración. Nas súas obras reproduciu unha natureza humanizada cunha técnica en que destacou a importancia do debuxo. A súa obra caracterizouse pola harmonía compositiva e colorista, pola naturalidade das súas representacións e polo abandono en parte das fórmulas clásicas para introducirse no impresionismo. Nos seus retratos intentou plasmar o ánimo dos personaxes máis alá dos seus trazos físicos. En 1925 presentou na Exposición Nacional de Bellas Artes El Berbés e Retrato de Álvaro Cebreiro. Realizou os retratos dos premiados no Día das Letras Galegas e os de Francisco Franco, Salvador Golpe (1969) e Xoán Carlos I,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. De estilo románico, aínda que con reformas posteriores, conserva a nave e a ábsida de forma rectangular. No seu interior destaca o arco triunfal semicircular. Na porta S conserva o tímpano realizado nun único bloque e debuxado no centro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi guionista, editor e produtor en Video Voz (1987-1990), presentador na TVG e director de Vieiros (desde 2003). Iniciou a súa produción poética na década de 1980. Colaborador de revistas literarias como Dorna ou Grial, da súa obra destaca Á sombra dos pavillóns (1982, Premio Esquío), en que se inclúen composicións de temática filosófica e vivencial; e O Asasino estrábico (1996). Recibiu o Premio Castelao (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Ordenado sacerdote en Concepción (Chile en 1778), doutorouse en Teoloxía. Vicerreitor do seminario de San Carlos, foi bispo de Cuenca, en Ecuador (1805-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e mestre de retórica latina. Ensinou en Roma e Hispania e escribiu libros de retórica, xa perdidos, dos que destacan De causis corruptae e Defense do Nevi Arpiano, ademais da súa obra máis destacada, o tratado de retórica clásica e ciceroniana De Institutione Oratorio, en 12 libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Político, irmán de Narciso Quintillán Cardesín. De ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concenciar o pobo contra os foros. Presidiu diversas sociedades agrarias e colaborou coa prensa galega e española con artigos sobre temática agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrarista, irmán de Dionisio Quintillán Cardesín. Desenvolveu unha grande actividade societaria, fundou diversas sociedades agrarias, presidiu a Federación Agrícola de Forcarei (1924) e colaborou nos xornais Umia y Lérez, Acción Social e La Libertad.
VER O DETALLE DO TERMO