"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • (? 1380? - Lipany 1434) Caudillo checo. Comandante dos exércitos taboritas en Bohemia, causou a desfeita do legado papal Cesarini en Domažlice (1431). Bo diplomático, foi xefe da embaixada bohemia no Concilio de Basilea (1433), comandante dos exércitos husitas en Bohemia e acabou rebelándose contra o sector máis moderado destes. Vencérono na Batalla de Lipany as forzas husitas e católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caída ou descenso dun órgano, a consecuencia do relaxamento dos seus medios de fixación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe ou ascendencia familiar dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vacinación non específica, consistente na inxección de proteínas para obter unha reacción inmunitaria de defensa ante certas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en psicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades mentais, das desordes psicosomáticas e dos trastornos emocionais e da adaptación, baseado preferentemente nos métodos psicolóxicos, sobre todo, nos de relación interpersoal. Técnicas psicoterapéuticas son, entre outras, o psicodrama, a psicanálise, a terapia de grupo, a suxestión -hipnótica ou non- e a persuasión; entre as técnicas non especialmente psíquicas, a máis empregada é a narcoanálise. Distínguese entre psicoterapias superficiais ou sintomáticas (entre elas está o tratamento condutista), cando buscan só a desaparición dun síntoma ou síntomas concretos, e psicoterapias profundas, ou estruturais, cando queren conseguir a modificación da estrutura da personalidade que permite ao paciente superar os seus conflitos patolóxicos e patóxenos, e desenvolver formas máis adecuadas con el mesmo e cos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia meridional, situada no extremo SL da península, que limita ao O coas rexións de Lucania, Campania e Molise, e está bañada polos mares Adriático e Xónico. Comprende as provincias de Bari, Brindisi, Foggia, Lecce e Taranto (19.362 km2; 3.983.487 h [2001]). A súa capital é Bari. Xeoloxicamente, está constituída por un gran zócolo calcario que forma unha grande área case chaira, en que se poden diferenciar catro subrexións naturais: o Gargano, promontorio calcario achatado e recuberto localmente de bauxita; o Tavoliere di Puglia, chaira baixa e árida co zócolo calcario moi afundido; o Le Murge, altiplano calcario, con abundancia de fenómenos cársticos; e a Península Salentina, terra baixa, con cadeas de outeiros calcarios rodeados de zonas pantanosas. As difíciles condicións naturais deron lugar a unha tradición emigratoria. É a primeira rexión produtora de viño e de aceite de Italia. Outro recurso é a pesca nos portos de Gargano, Barletta e Taranto....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado ao almirante en xefe otomán. O primeiro que o empregou foi Barbarrubia. Membro do diván (consello imperial), o cargo perdurou ata a primeira metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición promulgada por Carlos II o Calvo na Dieta de Quierzy-Sur-Olse en 877 cando preparaba unha expedición a Italia. Carlos II comprometeuse nela a doar aos herdeiros dos funcionarios que morresen no curso da campaña os beneficios que estes gozase e a exercer as súas funcións provisionalmente. Conservou para o rei o poder designar de inmediato a outro sucesor. Foi un dos primeiros pasos para a consolidación do carácter hereditario dos feudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento por axentes químicos que actúan sobre determinados microorganismos ou células sen prexudicar os tecidos orgánicos. Desde Ehrlich aplícase en terapéuticas medicamentosas antineoplásticas e antiinfecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á quimioterapia.

    2. Substancia que é capaz de actuar de forma máis ou menos selectiva sobre parasitos sen danar o hóspede afectado. Segundo o parasito sobre o que actúen, clasifícanse en antihelmínticos, antifúnxicos, antiprotozoarios, antibacterianos, antivíricos e antineoplásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en radioterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á radioterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación terapéutica das radiacións ionizantes. Utilizáronse inicialmente os raios X a baixa enerxía (röntgenterapia tradicional), para logo introducir os raios gamma e â (betaterapia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico do radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao pé dos Ghates Occidentais (114.042 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate fósil do xénero Ramapithecus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles, descrito por G. Edward Lewis en 1934, incluídos en sedimentos do Mioceno Superior ou do Plioceno Inferior, cunha antigüidade duns 12-15 millóns de anos, atopados en India, Alemaña, Kenya e China. Enlazan a liña dos pónxidos coa dos primeiros homínidos. Morfoloxicamente presentaban carácteres como a redución dos caninos e dos incisivos, a forma parabólica do arco dental e a posibilidade de camiñar erecto, que o entroncarían coa liña do australopiteco. Considerado por algúns como unha forma xemelga do Sivapithecus, está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns, aínda que antes se pensaba que estaba na liña que conducía aos homínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO