"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.
-
-
Monte da parroquia de Verducido, concello da Lama. O seu cumio atópase a 472 m de altitude.
-
Parte do final dun espacio, dun período de tempo ou dunha cousa.
-
Parte dun aparello ou dun instrumento que serve para agarrar coas mans.
-
Remate ou parte que queda cando algunha cousa está a piques de extinguirse.
-
-
Calquera corda ou aramio, especialmente o usado a bordo dos barcos, que se emprega como útil de traballo ou para amarrar un barco ou unha rede. Os cabos facíanse con fibras vexetais, sobre todo cánabo; actualmente os máis empregados son os de fibras sintéticas.
-
cabo da áncora
Corda que une a áncora coa embarcación, e que se emprega en lugar da cadea ou cando esta teña que ser substituída accidentalmente.
-
cabo da boia
Corda que arría un barco no peirao.
-
cabo de popa
Corda situada na popa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
cabo de proa
Corda situada na proa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido procedente dun topónimo que ten por etimoloxía o latín caput ‘cabo, extremo’. Moi frecuente en Galicia é o apelido Docabo, no que se conservou a preposición indicativa de procedencia ou lugar de residencia. Tamén se atesta este apelido formando parte de compostos, como é o caso de Cabodevila.
-
-
Parte do final dun espacio, dun período de tempo ou dunha cousa.
-
Parte dun aparello ou dun instrumento que serve para agarrar coas mans.
-
Remate ou parte que queda cando algunha cousa está a piques de extinguirse.
-
-
Calquera corda ou aramio, especialmente o usado a bordo dos barcos, que se emprega como útil de traballo ou para amarrar un barco ou unha rede. Os cabos facíanse con fibras vexetais, sobre todo cánabo; actualmente os máis empregados son os de fibras sintéticas.
-
cabo da áncora
Corda que une a áncora coa embarcación, e que se emprega en lugar da cadea ou cando esta teña que ser substituída accidentalmente.
-
cabo da boia
Corda que arría un barco no peirao.
-
cabo de popa
Corda situada na popa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
cabo de proa
Corda situada na proa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
-
Punta de terra que sobresae do resto da costa e que penetra no mar.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monte da parroquia de Verducido, concello da Lama. O seu cumio atópase a 472 m de altitude.
-
PENÍNSULAS
Península da costa atlántica dos EE UU, no estado de Massachusetts, ao SO de Boston. Separada do continente pola canle do Cabo Cod, é navegable desde o ano 1914. Destaca pola súa actividade comercial o porto de Provincetown.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aldea da parroquia do Castro (concello de Boiro), na beira oriental da enseada de Boiro, na ría de Arousa. É un dos principais núcleos de poboación do concello de Boiro e o seu porto un dos máis importantes do Barbanza, destacando as actividades conserveiras que acolle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Moçambique (82.625 km2; 1.202.221 h [estim 1991]). A súa capital é Pemba (16.323 h [1970]). A fertilidade do seu solo permite unha grande actividade agrícola, principalmente café, tabaco e sementes oleaxinosas. Os principais núcleos de poboación son Lúrio e Quinssanga.
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia liberal aparecido na vila de Ortigueira o 28 de setembro de 1890. Propiedade dos irmáns Xosé e Vicente Maciñeira González, foi dirixido por Federico Maciñeira e por Ramón Balsa Reboredo. Ao longo da súa traxectoria editorial titulouse tamén El Ortegal (nº 67 de 1892 ata o nº 163). Exerceu a súa actividade como voceiro do partido liberal da comarca. Amais de artigos políticos, ten publicado estudios arqueolóxicos realizados por Federico Maciñeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e médico. Colaborador da prensa liberal e republicana no primeiro cuarto do século, a partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista. Publicou o escrito de vindicación político-social Despertad gallegos! (1908), o poemario Versos gallegos: cantigas e cousas da nosa terra (1919), o estudo La Universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (1924) e a novela Semprenoiva (1925?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, cirurxián e micólogo. Licenciado en 1945 pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en medicina e cirurxía pulmonar. Especializouse no tratamento das doenzas de pulmón e de corazón, e pertence á American Trudeau Society, á Academia Médico-Quirúrgica de Santiago de Compostela, á Sociedade de Cirurxía de Galicia e á Sociedade de Cardioloxía de Galicia. Foi fundador da Asociación Internacional para el Estudio de los Bronquios, da Sociedad Española de Neurología y Cirugía Torácica e do Instituto Policlínico La Rosaleda de Santiago de Compostela. Entre as súas publicacións destaca o libro monográfico Tratamiento directo del sistema caverna-bronquio de drenaje (1966). No eido da micoloxía, foi discípulo e compañeiro de Luís Freire García, e destaca como especialista nos estudios de fungos mixomicetos. Recibiu en 1988 o Premio Galicia de Micoloxía e deu a coñecer esta materia co libro Diversidad de Myxomycetes en bosques Atlánticos del Noroeste de España...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[nome oficial port: República de Cabo
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de Dakar ata 1984.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.
-
GALICIA
Historiador. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou na historia agraria de Galicia, e ampliou estudios nas universidades de Boloña e Bielefeld. Ademais de diversos artigos e relatorios en congresos nacionais e internacionais, é autor de Pensamento económico e agrarismo na primeira metade do século XX (1997), O agrarismo (1998) e A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Profesor na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela. Licenciouse en Belas Artes (1985) e en Arte (1991). A súa pintura reproduce paisaxes e escenas urbanas compostelás. Participou en diversas mostras individuais e colectivas. Recibiu en 1975 o premio extraordinario no XVII Certamen Nacional de Arte e, en 1989, o premio de adquisición do I Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da fotografía. Cursou estudios de cinematografía en Madrid. Comezou a súa andaina profesional como creador do Arquivo de Imaxe de Galicia. Entre 1985 e 1989 colaborou na organización das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA). Dende 1990 foi o responsable do departamento de fotografía e documentación do CGAI. Participou en diversos proxectos, entre eles, a catalogación dos cinematógrafos galegos con Xosé Enrique Acuña e a reedición das obras de Paulo Pérez Costanti. Amais ten exercido como comisario de exposicións, crítico e conferenciante. Director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), escribiu numerosos artigos como “Recuperación da fotografía” (1985), “Pérez Costanti y la historia del periodismo en Compostela” (1992), “A Fotografía” (1999) e “O proxecto galego de Ruth M. Anderson”, en Ruth M. Anderson: Fotografías de Galicia 1924-1926 (1998). Entre as súas obras fotográficas destacan Imaxe de Compostela (1991), As imaxes do traxe en Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta que pecha polo S a enseada de Muros, no litoral da parroquia e concello de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta que pecha polo O a enseada do Rego de Foz, no litoral da parroquia e concello de Foz.
VER O DETALLE DO TERMO