"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Panislamista, é autor de diversas narracións de viaxes en árabe e inglés, e de Muluk al-’arab (Os reis dos árabes). Introduciu a poesía libre na literatura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Asociado con Cristóbal Crespo González e Carlos Luis Quintáns Eiras, as súas obras caracterizáronse pola austeridade de volumes e a integración das construcións no seu contorno. Destacan a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993, Premio COAG 1994 e Premio Julio Galán Carvajal 1995); as piscinas para a deputación da Coruña (Premio COAG 2000); e a piscina cuberta da Laracha (Premio COAG 2000 e Premio Julio Galán Carbajal 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deputado en 1791, achegouse aos xirondinos e foi condenado a morte. En teatro acadou un grande éxito con Les Templiers (1805), aínda que destacou especialmente polo seu Choix des poésies originales des Troubadours (1816-1821), coa que contribuíu a restituír á lingua de Oc a súa dignidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cenlle. Ten planta de cruz latina cunha soa nave lonxitudinal e ábsida semicircular. As capelas laterais e a ábsida cóbrense con bóvedas estreladas. Destaca o retablo do altar maior de estilo renacentista (ss XVI-XVII) e unha imaxe da Inmaculada do s XVI. Conserva restos románicos, como os canzorros e a porta sur, con arco de medio punto lixeiramente apuntado, decorado con motivos xeométricos. A fachada principal é sobria, sen decoración, e remata nunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como Sten’ka Razin, foi cosaco do Don. Fillo de cosacos ricos, foi un guerreiro ao servizo do tsar e dirixiu a rebelión dos cosacos e campesiños (1660-1670). Figura popular, pasou a formar parte do folclore ruso como símbolo da liberdade e da loita do pobo contra a opresión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de Arabia Saudí situado no Golfo Pérsico. É o porto exportador máis importante do país e a terminal de oleodutos que proceden do interior de Arabia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente imaxinaria da impedancia nun circuíto de corrente alterna que pode ser capacitiva (debida a unha capacidade C e que vale Xc = 1/jùC)) ou indutiva (debida a unha autoindución L que vale X2 = jùL).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que participa estequiometricamente nunha reacción, tanto os reactivos iniciais como os produtos finais.
-
PERSOEIRO
Político e actor. En 1937 debutou como actor no cine e realizou máis de 50 películas. Foi presidente do Screen Actor’s Guild (1947-1952, 1959-1960) e en 1966 abandonou o cine. Membro do Republican Party, foi gobernador de California (1966-1974) e o 40 presidente de EE UU (1980-1988). Levou a cabo unha política conservadora de redución de gastos do estado nas partidas de pensións e axustes sociais e de incremento dos gastos militares, ademais de manter unha actitude enérxica perante os soviéticos. Cara á metade do seu segundo mandato iniciou unha aproximación á URSS mentres daba apoio á democratización de diversos réximes (Filipinas e Haití). Cara a finais de 1986, foi acusado de vender armas a Irán para desviar as ganancias en axuda da Contra nicaraguana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena, que ademais foi o seu primeiro director (1713-1725). O 3 de outubro de 1714, Filipe V aprobou a súa constitución e ao ano seguinte fixáronse os seus primeiros estatutos. O seu obxectivo principal é velar para que os cambios que experimente a lingua castelá non rompan a unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Consta de 46 académicos de número; en xuño de 2005 está formada por 41 académicos de número (Guillermo Rojo desde o 2001), 3 académicos electos, e dúas vacantes. Existen, ademais, académicos correspondentes españois ata un máximo de 60 (de Galicia están representados Constantino García González, Darío Villanueva e José Álvaro Porto Dapena), académicos correspondentes hispanoamericanos e estranxeiros, académicos de número das Academias americanas e académicos honorarios. Ao longo da súa historia publicou seis volumes do Dicionario, coñecido posteriormente como Dicionario...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Batallón Literario Corpo de estudantes que se constituíron como batallón de defensa en Santiago de Compostela ante a invasión francesa de 1808. Ten a súa orixe noutros batallóns de estudantes creados en 1663 e 1665, para loitar na fronteira portuguesa, e en 1702 durante a Guerra de Sucesión. Admitida a súa creación polo claustro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiuno o coronel Xoán Ignacio de Armada e Mondragón, marqués de Santa Cruz de Ribadulla, que presentou a Xunta Suprema o regulamento e a súa formación con 6 compañías con 168 cadetes cada unha, ademais de oficiais e suboficiais. A Xunta Suprema acordou que, pola súa condición de nobres, non era axeitado que os seus membros se alistasen como soldados polo que se lle concedeu aos estudantes o grao de cadete e aos licenciados e doutores os de subtenentes e tenentes. Ao marqués de Santa Cruz de Ridabulla concedéuselle o grao de doutor en todas as facultades da universidade. Entraron en loita en Castela...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chancillería.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (1.870 h [2001]). A agricultura é principalmente de regadío, onde destacan os cultivos de cítricos. Posúe fábricas de ladrillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fábrica de lenzos e manteis instalada na Coruña desde finais do s XVII. A súa apertura, entre 1684 e 1685, debeuse á iniciativa dos flamengos Hadrián de Roo e Baltasar de Kiel, que gozaron de importantes privilexios e exencións e da posibilidade de importar materias primas. Parte da súa produción, elaborada con materia prima propia aínda que seguindo o estilo flamengo, foi destinada a abastecer á Casa Real. A súa mellor época viviuna durante a segunda metade do s XVIII, debido ao incremento das demandas por parte da Casa Real e tamén polos envíos a América. Cara a finais de século comenzou a competencia con outros lenzos, como os de San Ildefonso, e a estas dificultades engadiuse o feito de que, ao permanecer ligada ás estruturas do Antigo Réxime, o seu funcionamento baseouse nos contratos que os seus administradores suscribían coa Casa Real, polo que crebou en 1809, cando parte das institucións do Antigo Réxime se viñeron abaixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manufactura real creada en 1746 e que se instalou na porta de Santa Bárbara en Madrid. Nos ss XVI e XVII acudíase aos talleres flamengos. Co establecemento da real fábrica por Filipe V comezou a realización de cartóns en que traballaron os mellores pintores da corte, como A. R. Mengs, os irmáns Bayeu ou F. de Goya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cuartel de artillaría da Coruña que se converteu en 1994 en sede do reitorado da Universidade da Coruña. Construído en 1752 tiña planta rectangular e en 1771 remodelouse adquirindo unha planta poligonal irregular e dúas alturas. Conta cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares. Está rodeado dun parque e xardíns que acollen os cimentos do antigo convento de San Domingos destruído por F. Drake en 1589.