"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Serie de televisión de produción galega (1998-2002), dirixida por Antón Reixa, Beatriz del Monte, Emilio Mc Gregor e Matías de la Rubia, que se ambientaba na ficticia vila mariñeira de Portozás, na Costa da Morte. Ao longo dos seus episodios mesturábanse numerosas historias de amor, situacións cómicas e temas sociais. Foi unha das series con maior audiencia da TVG, e recibiu o Premio AGAPI 2000 á mellor serie de ficción e ao mellor actor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Santiago de Compostela en 1978 por Xulio Lago e Dorotea Bárcena. Foi un dos primeiros colectivos en apostar pola profesionalización e os seus traballos destacaban por un forte expresionismo. Algúns dos seus espectáculos foron O agnus dei dunha nai (1980), sobre un texto de Dorotea Bárcena, Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), con textos de Griselda Gambarro, Acto Cultural (1981), de J. I. Cabrujas, e A noite das tríbades, de Per Olov Enquist, todos eles dirixidos por Xulio Lago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón e Castela, filla de Filipe II de Orléans e de Enriqueta Ana de Inglaterra. Casou en 1679 co Rei Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla de Antonio de Orléans, duque de Montpensier e da infanta María Luísa Fernanda de Borbón. Casou en 1878 co seu curmán o Rei Afonso XII e morreu de tifo ao cabo de seis meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Como historiador da filosofía fixo unha achega fundamental aos estudios cartesianos coa triloxía composta por Sur l’ontologie grise de Descartes (1975), Sur la theólogie blanche de Descartes (1981) e Sur le prisme métaphysique de Descartes (1986). A súa reflexión sobre o tema de Deus mostrou a necesidade de desprenderse do tratamento do ídolo para poder pensar verdadeiramente en Deus. Escribiu L’idole et la distance (1977), Dieu sans l’Étre (1982) e Prolégomènes à la charité (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secuencia de eventos tal que, a probabilidade do resultado dun evento depende só do resultado do evento anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marco fixo no que se encaixa unha porta ou ventá.

    2. Armazón de cantería dos hórreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delimitar un terreo con marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar golpes nalgunha cousa cunha marra ou unha marreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e cantante estadounidense. De nome Dino Paul Crocetti, formou parella artística xunto a Jerry Lewis en películas como At War with the Army (1950) e Artists and Models (1955). Destacan as súas interpretacións en Rio Bravo (1959), Kiss me, Stupid (1964), Rough night in Jericho (1967), Airport (1970) e Cannonball Run II (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Participou na creación da compañía Troula e traballou nos espectáculos O velorio (1978), Pedro Madruga (1980) e Tres (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado do outro lado, especialmente un terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trazar os lindes dun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral creada en Santiago de Compostela en 1986. Os seus fundadores foron Ana González Vallés, actriz, dramaturga e directora; e Baltasar Patiño, escenógrafo, iluminador e director da Sala Galán. Participou en espectáculos que apostaban pola experimentación e a improvisación en festivais como os de Sitges, Edimburgo ou Novi-Sad. Coordinou unha intensa actividade de promoción e distribución de novas formas teatrais e organizou, en Santiago de Compostela, o festival de teatro-danza na rúa En Pé de Pedra. Dos seus espectáculos destacan O cumpreanos da infanta (1986), Hamletmaschine (1989), Café Acústico (1992, Premio Compostela á mellor iluminación e á mellor dirección 1993), Deriva (1993, Premio Compostela á mellor iluminación 1994), Negro e negro (Premio María Casares ao mellor espazo escénico e á mellor iluminación 1998), The Queen is dead (1999, Premio María Casares á mellor dirección 2000) e A brazo partido (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo o pertencente ao matrilinealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización social en que o parentesco e a pertenza   a un grupo son determinantes para un tipo de descendencia que segue a liña materna. Comporta tamén a herdanza dos bens maternos e o feito de que o control e a educación dos fillos corresponden ao irmán da nai e non ao pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán apagado situado en Hawaii. É o máis alto das illas e o seu cumio acada os 4.205 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático bretón. Enunciou o principio da mínima acción (acción 25), coñecido tamén como principio de Maupertius. Foi presidente da Academia Real de Prusia, pero abandonou esta carreira e trasladouse a Basilea, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO