"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Que percute.

      1. Instrumento, peza dun aparato ou parte dunha peza que percute ou serve para percutir.

      2. Punzón ou agulla de metal que golpea o estopín ou fulminante do cartucho e provoca a percusión cando o tirador actúa sobre o disparador.

      3. Aparato en forma de martelo que se emprega para realizar a percusión diagnóstica ou terapéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se aplica na pel ou a través da pel, especialmente referido aos métodos terapéuticos ou diagnósticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar golpes en algo.

    2. Explorar un paciente mediante o método da percusión

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre inglesa. A súa orixe remóntase a William de Percy (1030?-1096), compañeiro de Guillerme I o Conquistador. Tivo sona o papel que tiveron como gardiáns da fronteira inglesa fronte aos escoceses. Os seus membros máis coñecidos foron Henry de Percy (1272?-1315), xentilhome, reforzou a súa posición ao N de Inglaterra comprando terras ao bispo de Durham. O seu fillo, Henry Percy (1342-1408), primeiro conde de Northumberland, morreu durante a rebelión contra Enrique IV. O seu fillo, Henry Percy (1364-1402) rebelouse contra Ricardo II (1399) e apoiou a Enrique IV de Lancaster. Este confioulle a vixilancia das marcas orientais de Escocia. Sublevouse contra o rei (1402) e o exército real matouno. O seu fillo, Henry Percy (1394-1455), segundo conde de Northumberland, foi asasinado polos partidarios da casa de York. O sétimo conde de Northumberland, Thomas Percy (1528-1572),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. De formación eclesiástica, dedicouse ao estudo da literatura inglesa antiga. Da súa obra destacan Five Pieces of Runic Poetry (1763) e Reliques of Ancient English Poetry (1765), recompilación de romances que tirou do manuscrito Percy Folio e doutras fontes populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou obras de poesía, novela e libros de viaxes. Coordinador do volume poético En tránsito: poesía galega en Madrid (2001), xunto con Vicente Araguas, participou nos volumes colectivos Intifada (1989) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Colaborador de Encrucillada, Luzes de Galiza e O Correo Galego, da súa produción destacan Poemas da cinza (1990), onde amosa sobre todo sinceridade nun marco de continuas referencias á realidade cotiá; Todo morte (1998), Sobremesa (1999), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001, Premio Rosalía de Castro) e Libro das viaxes (2002). Gañou a IX edición do premio de relatos Casa de Galicia de León con “Día de inverno” (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Foi catedrático de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (1775-1792), alcalde do Crime da Audiencia de Valladolid e Oidor da Audiencia de Valladolid. Nomeado corrixidor de Bilbao (1778), foi secretario da primitiva Sociedad Económica Compostelana e alcalde de Casa y Corte de Madrid (1805). Escribiu Reflexiones sobre la ley agraria (1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia (1975), centrou a súa investigación nos temas gandeiros. Da súa produción destacan La Lanzada a principios del s XVIII. Población y economía (1975), Un Modelo de sociedad rural de antiguo régimen en la Galicia costera: la península del Salnés: (Jurisdición de La Lanzada) (1979) e Un Modelo social leonés en crecimiento: la Vega Baja del Esla entre 1700 y 1850 (1998). Membro da Societé de Demographie Historique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Colaborou no derrocamento do presidente Rómulo Gallegos (1948). Presidente do goberno (1952), gobernou ditatorialmente ata que foi deposto (1958). Foi xulgado e encarcerado (1964-1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formouse en Santiago de Compostela e foi alcalde da Coruña. Publicou El primer almirante de Castilla (1868) e Viaje a Egipto, Palestina y otros países de Oriente (1882-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Membro dunha familia de canteiros e carpinteiros, estudou na Escola de Artes de Oficios de Santiago de Compostela e foi alumno libre da Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Das súas obras destacan a fonte pública da praza de Alfredo Brañas en Cambados (1925), O guerreiro celta (1928) e San Ero de Armenteira (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Formouse na Universitat de Barcelona, onde foi discípulo de P. Bosch i Gimpera. Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á de València e logo exerceu como profesor de etnoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. Os descubrimentos de Parpalló e doutras covas valencianas levárono a especializarse no Paleolítico Superior. Da súa obra destaca Prehistoria de la Península Ibérica (1923), Los vasos campaniformes de la colección La Iglesia (1927), La España primitiva y romana (1934), Las raíces de España (1952) e Cincuenta años de prehistoria (1964). Vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comarcal editada en Lalín a partir de 1998. Estaba dirixida por Manuel Núñez Fiúza e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu noticias municipais, deportivas e culturais de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, na corte de Afonso X e probablemente tamén na de Afonso III de Portugal. Pola temática dalgunha das súas composicións, especialmente as dirixidas contra Deus, pensouse na súa orixe hebraica. Os tres cancioneiros principais recollen 52 composicións súas, que amosan a unha gran capacidade innovadora, mesmo no nivel lingüístico xa que empregou neoloxismos e recuperou algunhas expresións arcaicas. Segundo os xéneros, a súa produción divídese en 35 cantigas de amor, como “[A]y mia sennor e meu lum’e meu ben!”, con xogos de rima e o emprego do dobre e da palabra rima. Noutras composicións amorosas, relacionadas co amor cortés, o trobador amósase innovador e transgresor ao revelar o nome da amada, como en “Joana, dix’ eu, [S]ancha e [M]aria”, ou mesmo ao dirixirse a Deus achegándose á blasfemia, como “Nunca Deus quis nulha cousa gram ben”. Tamén é autor de dúas composicións de amigo e trece burlescas, como “Dom’na Maaria [N]egra, ben talhada” e “Maria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trobador galego. Activo entre 1228 e 1260, e proveniente dunha familia da pequena nobreza, militou nas tropas de Rodrigo Gomez de Trastámara e estivo relacionado coas cortes de Fernando III e Afonso X. Mencionado nunha doazón ao mosteiro de San Martiño de Xubia (1228), participou na Reconquista nas campañas de Murcia (1244) e Jaén (1246), acompañando a Afonso X. Posteriormente ausentouse da Península coa intención de viaxar a Terra Santa, de onde regresou en 1253. Mantivo unha relación coa soldadeira Maria Perez a Balteira, feito polo que tivo que soportar críticas doutros autores, como Afonso X, Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Baveca, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Vasco Perez Pardal. No seu corpus literario aparecen quince cantigas: unha de amor “Grave dia naçeu, senhor”, en que trata a coita e a morte por amor de forma paródica nunha composición con irregularidades métricas e rítmicas; unha de amigo “Ay, meu amigo, pero vós andades”, en que a namorada, malia saber...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral. Foi pretor en Sicilia (82 a C) e participou na primeira reacción antiaristocrática de Marco Emilio Lépido. Refuxiouse en Hispania, seguiu a Sertorio e combateu sen éxito en València e Sagunt (75 a C). Pompeio apresouno nunha emboscada e foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Como humanista, a súa cultura foi vasta e refinada, máis literaria ca filosófica, onde condenaba a corrupción e a decadencia da Igrexa, nun intento por volver á simplicidade evanxélica. A lectura das Confesións de santo Agostiño sumiuno na primeira das numerosas crises relixiosas que tivo ao longo da súa vida. Formouse inicialmente en leis en Montpellier, Bolonia e Aviñón, ata que en 1326 decidiu dedicarse plenamente á literatura. Preocupouse de forma extraordinaria polo seu estilo, baseado na lectura dos clásicos e, como humanista, polo legado que ía deixar ás xeracións posteriores. Ligado nun principio á familia do cardeal Colonna, co tempo estivo baixo a protección do arcebispo de Milán G. Visconti e mesmo mantivo relación coa familia dos Carrara. Coroado como poeta no Capitolio de Roma en 1341, as súas obras poden clasificarse entre as escritas en latín, dirixidas á nobreza e ao papado; e as escritas en lingua “vulgar”, orientadas ao estamento burgués, que cronoloxicamente...

    VER O DETALLE DO TERMO