"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo en España de A. Muñoz i Degrain, partiu dun colorismo de raíz impresionista e acadou un estilo propio nas paisaxes, onde a luz queda expresada só por diversas gamas de branco e no que as formas, desdebuxadas pola intensidade da luz, lembran a J. M. W. Turner. Destaca Paisaje y rancho (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación musical con estudos de canto, solfexo e harmonía. Colaborador da revista Ritmo e doutras publicacións como El Socialista, Revista de Occidente e La calle, foi director do programa Ars canendi en Radio Clásica, colaborou coa cadea SER e Tele 5, e foi director de Radio-2 de Radio Nacional de España. É autor de varias monografías sobre compositores clásicos, como Mozart (1995), Beethoven (1999) e Schubert: lieder completos (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e piloto de rallyes. Foi piloto de automóbiles de competición entre 1955 e 1975, gañador en 54 rallyes, e campión de España en diversas ocasións. En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar pero o gobernador civil impediu o seu nomeamento polos antecedentes republicanos da súa familia. Participou na formación de UCD en Ourense e foi deputado no Congreso na lexislatura constituínte por UCD (1977-1978). Presidente da Federación Galega de Automobilismo e vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo, en 1968 creou o Rally Internacional de Ourense. Foi galardoado coa medalla de prata ao Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense de economía editada trimestralmente pola Harvard University desde 1919. Dedica unha atención especial aos traballos de economía aplicada, pero tamén publica os principais artigos teóricos dos economistas máis recoñecidos.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Fundou o Partido Regionalista de Cantabria (PRC, 1978), do que é secretario xeral desde 1988. En 1995 foi nomeado presidente da Comunidad Autónoma de Cantabria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Trazo caprichoso escrito á man.
-
Gancho ou póla moi revirado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada por Ramón Menéndez Pidal en 1914. Inclúe estudos de lingüística e literatura, preferentemente do castelán, e ofrece información bibliográfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada por Amado Alonso (1939) e editada conxuntamente polo Instituto de Filología da Facultade de Filosofía e Letras de Bos Aires e o Instituto de las Españas da Columbia University de Nova York. Contén estudos de lingua e literatura española e portuguesa, da Península e de América, recensións, crónicas e bibliografía clasificada. En 1946 continuou como Nueva Revista de Filología Hispánica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1865 que cesou en xullo de 1870. Editado nos obradoiros da Imprenta del Siglo, foi unha publicación dirixida aos mestres de intrución primaria. Fundado por Xoaquín Buceta Solla, a partir do 8 de xullo de 1870 cambiou a cabeceira pola de La Reforma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ortigueira a partir do 1 de decembro de 1898 que cesou en abril de 1899 (nº 27). Subtitulado “Periódico bisemanal independiente”, foi dirixido por Leandro Pita Sánchez-Boado. Editada nos obradoiros de David Fojo, tivo unha periodicidade inicial bisemanal, que logo cambiou a semanal. De tendencia liberal, tratou diversos temas sobre política local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 20 de xullo de 1900. Subtitulada “Revista literaria”, xurdiu como boletín anual para informar aos visitantes da oferta artística e cultural durante as festas do Apóstolo Santiago. Dirixida por Antonio Iglesias, a revista ampliou os seus contidos e converteuse nunha publicación de carácter literario con máis artigos xornalísticos e diversas colaboracións de M. Murguía, E. Pardo Bazán, Labarta Posse ou Barcia Caballero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso revolucionario que puxo fin ao réxime ditatorial de Fulgencio Batista en Cuba. Protagonizado por Fidel Castro, a súa orixe remóntase ao ataque frustrado ao cuartel Moncada de Santiago de Cuba en 1953, polo que Castro foi condenado a prisión. Conseguíu a amnistía e exiliouse en México, onde fundou o Movimiento 26 de Julio e preparou o regreso a Cuba xunto cos seus adeptos. En 1956 desembarcaron do Granma en Niquero, na zona sueste da illa, e comezou a loita guerrilleira en Sierra Maestra. En 1958 a resistencia urbana e a guerrilla rural estableceron unha fronte común, ocupando en xaneiro de 1959 La Habana. Fidel Castro converteuse en primeiro ministro, iniciando a reforma agraria e urbana. A raíz das represalias económicas de EE UU (1960), asináronse diversos tratados comerciais e diplomáticos coa URSS, decantándose a revolución máis cara ao socialismo. Castro creou o PURS (Partido Unido de la Revolución Socialista), partido único baseado no Partido Socialista Popular (comunista),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que abrangueu desde a formación dos Estados Xerais, o 5 de maio de 1789, ata o golpe de estado do 18 de brumario de 1799. Supuxo a caída do Antigo Réxime e a obtención do poder político por parte da burguesía. A sociedade do Antigo Réxime non se adecuaba á nova realidade económica e social, ao excluír do poder político ao sector máis dinámico da sociedade, a burguesía. A filosofía da Ilustración asentou as bases ideolóxicas deste cambio. A etapa preliminar foi a Revolta dos Privilexiados (1787-1789), que tivo lugar cando os ministros da monarquía tentaron resolver a crise económica mediante a supresión dos privilexios fiscais. Impúxose a convocatoria dos Estados Xerais que se reuniron en Versailles o 5 de maio de 1789. Os deputados da burguesía (Terceiro Estado) constituíronse en Asemblea Nacional e pronunciaron o xuramento do Xogo da Pelota. O pobo de París mobilizouse e o 14 de xullo de 1789 tivo lugar a Toma da Bastilla, símbolo do absolutismo monárquico....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etapa da historia de México que vai desde a revolta que provocou a caída de Porfirio Díaz (1910) ata a consolidación do movemento revolucionario coa presidencia de Venustiano Carranza (1914-1920). O triunfo da revolución representou a derrota dos partidarios do antigo réxime, a toma do poder por parte da burguesía e a posterior neutralización dos elementos revolucionarios máis radicais, os agraristas. Díaz dimitiu a consecuencia dunha serie de motíns populares iniciados a finais de 1910, e substituíuno o seu opositor Francisco Ignacio Madero (1911-1913), quen se tivo que enfrontar a un amplo movemento popular en Morelos, dirixido por Emiliano Zapata, que reclamaba a repartición dos grandes latifundios entre o campesiñado. Madero utilizou un xeneral da ditadura porfirista, Victoriano Huerta, para vencer a insurrección, pero este tomou o poder e tentou reinstaurar a ditadura militar conservadora. Mentres, no norte, o terratenente moderado Venustiano Carranza, estableceu o Plan de Guadalupe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada por O. Bloch e A. Terracher (1925), órgano da Société de Linguistique Romane. Céntrase nos problemas e métodos da filoloxía e da lingüística románica, especialmente das linguas galorrománicas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación fundada e dirixida en París por R. Foulché-Delbosc en 1894, que apareceu ata 1930, cun total de 178 números, recollidos en 80 volumes. Desde 1905 publícouse baixo os auspicios de The Hispanic Society of America de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adaptador de guións cinematográficos, activista e teórico político, pertenceu á xeración inmediatamente posterior á da Revolución Mexicana. É autor de El luto humano (1943), En un valle de lágrimas (1956) e El apando (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Foi deputado dos Estados Xerais (1789) e, durante a Revolución Francesa, membro do Triunvirato, con Paul de Barras e La Révellière-Lépaux, e do Directorio (1795-1799). Organizou o golpe de estado do 18 de frutidor (4 de setembro de 1797).
VER O DETALLE DO TERMO