"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Marcial Valladares Núñez que se considera a primeira novela escrita en lingua galega. Foi publicada por entregas en 11 números en La Ilustración gallega y asturiana (1880) e non se volveu publicar ata 1970, ano en que se dedicou o Día das Letras Galegas ao seu autor. Na obra, cunha temática simple e marcada por elementos románticos e costumistas propios da literatura da época, hai un interese por parte do autor por amosar un rexistro de galego culto, alleo a formas enxebres e populares. Os diálogos entre os personaxes, artificiais e moi elaborados, alternan entre o galego, para os labregos, e o castelán, para os máis urbanos.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo inglés. Comezou retratando as paisaxes e a arquitectura natal para logo centrarse na fotografía teatral con Hugh Cecil. Anos despois, fotografou os actores de moda (Vivien Leigh, Laurence Olivier ou Peggy Ashcroft) cunha perspectiva orixinal de luces e sombras. Foi o fotógrafo oficial de The Royal Opera House e traballou ao servizo de espectáculos de teatro, música e danza en Hollywood durante as décadas de 1960 e 1970. Foi elixido para facer a portada do LP Please Please Me de The Beatles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Don McLean, o seu estilo pop-folk pretendeu reflectir a realidade da América profunda. Acadou o éxito co seu tema “American Pie” (1971), e publicou os discos Tapestry (1971), Believers (1981), River of Love (1995) ou You’ve Got to Serve (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
madeixa.
-
meia.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mugardos baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘pola miña culpa’ e que se emprega para manifestar alguén a culpa e o arrepentimento por algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Mugardos. Atopábase nunha ladeira do antigo Bisancos, preto do río Xubia. Faise referencia a el nun documento de 23 de abril de 1099 no que o abade de Caaveiro, Tedón, lle cede a este mosteiro unha parte da vila de Chantelos.
-
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Caracterizou á súa filosofía como un “behaviorismo social”, que tentou explicar a relación do individuo e a sociedade. Escribiu The Philosophy of the Present (1932) e Mind, Self and Society (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnóloga estadounidense. Foi discípula de F. Boas e de R. Benedict, realizou numerosos traballos de campo en Samoa, Nova Guinea e Bali e tamén estudiou os indios de EE UU. Escribiu New Lives for Old: Cultural Transformation (1928-1953), Coming of Age in Samoa (1928), Sex and Temperament in Three Primitive Societies (1935) e Male and Female (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
madeixa.
-
PERSOEIRO
Economista británico. Seguidor da teoría neoclásica, especializouse en comercio internacional e en diversos aspectos de política económica. Das súas obras destacan: Economy Analysis and Policy (1936), The Theory of International Economic Policy (1951, 1955), The Controlled Economy. The Theory of Economic Externa Pities (1973) e The Just Economy (1976). En 1977 recibiu, xunto con Bertil G. Ohlin, o Premio Nobel de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1965 por Algur H. Meadows na Southern Methodist University of Dallas (Texas). Dedicado ao estudo e divulgación da arte española, a súa colección está composta por obras de importantes pintores e escultores que abranguen desde o s X ao s XX. Posúe unha das grandes coleccións privadas de pintura española con obras de Goya, Velázquez, Murillo, Zurbarán, Miró e Picasso, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cidoiro.
-
GALICIA
Dirixente deportivo. Foi vicepresidente e presidente do R.C. Deportivo de La Coruña, vicepresidente e presidente da Federación Galega de Fútbol, vogal da Liga Nacional de Fútbol Aficionado, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe e presidente do Comité de Competición.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Sar, entre Cruces (Padrón) e Seira (Rois). Data do s XVII e está construída en cantería, con dous vans con arco de medio punto e tallamar triangular. Ten o perfil algo alombado e a calzada de pedras. Sitúase nun antigo camiño cara a Santiago de Compostela.
-
-
Curva ou sinuosidade pronunciada producida por unha corrente fluvial. Vai asociado a unha marxe cóncava, onde se realizan os procesos de erosión, e unha convexa, onde se producen os procesos de sedimentación e onde a auga perde unha boa parte da capacidade erosiva e de transporte. A erosión fluvial pode romper un meandro por desbordamento, que pode estar causado por unha crecida importante, ou por unha escavación da súa base.
-
Motivo decorativo arquitectónico formado por liñas sinuosas e complicadas, dispostas en bandas circulares ou en ángulo recto. Este ornamento atopouse xa na arte prehistórica, sobre todo na arte xeométrica grega.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Meaño ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Meaño.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Meaño, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés, situado ao O de Galicia e da provincia de Pontevedra. A súa posición xeográfica é 42° 26’ de latitude N e 8° 46’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Ribadumia (O Salnés), ao L cos concellos de Meis (O Salnés) e Poio (Pontevedra), ao S co concello de Sanxenxo (O Salnés) e ao O cos de Sanxenxo e Cambados (O Salnés), e coa ría de Arousa. Abrangue unha superficie de 26,5 km 2 , cunha poboación de 5.479 h (2007) distribuídos nas parroquias de Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil. A capital do concello está no lugar das Covas, situado a 19 km ao O da cidade de Pontevedra e a 67 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á á arquidiocese de Santiago e á ao partido xudicial de Cambados.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo configúrase en dúas unidades. A primeira é unha pequena dorsal montañosa que se estende pola parte oriental do concello. Trátase dunha prolongación suroccidental do monte Castrove, na que as altitudes...