"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou o concello de Barbadás desde a súa constitución ata 1851.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barbadás baixo a advocación de san Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Balacan, na illa de Luzón, Filipinas, situada a 5 km de Manila Bay (340.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Favorito da Raíña Mariana de Austria, foi secretario de Carlos II. Enfrontado con Xosé Xoán de Austria, cando este entrou en Madrid coas súas tropas (1677), foi detido e desterrado a Filipinas. En 1689 trasladouse a Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Militante do Partido Galeguista e colaborador de Alexandre Bóveda e Castelao, participou nas actividades do Seminario de Estudos Galegos. Co inicio da Guerra Civil Española, en 1936, foi detido e encarcerado en Silleda. Liberado, fuxiu a Francia, onde foi detido (1939) e condenado tras a ocupación nazi. En 1949 conseguiu o indulto e marchou a Bos Aires, onde publicou as novelas autobiográficas Non agardei por ninguén (1957), estruturada como un diario sen datas e na que introduce o tema da Guerra Civil; e Era tempo de apandar (1980), máis complexa estruturalmente e onde analiza o mundo do cárcere e a posguerra. Ademais escribiu a peza teatral As bágoas do demo (1964), unha traxicomedia estreada baixo a dirección de E. Blanco Amor; O Naranxo (1966), en que recompila diversos relatos publicados anteriormente en prensa; e o ensaio Historia do galeguismo político (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista. Acadou prestixio polo estilo ameno e satírico das súas crónicas da vida cidadá. Publicou a novela Hay que sonreír (1966), Realidad Nacional desde la cama (1990) e os relatos Simetrías (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Servir unha cousa ou persoa para realizar algunha función.

    2. Ter algo validez.

    3. Estar permitida unha cousa.

    4. ir ben ou ser conveniente algo.

    5. Ter unha persoa ou unha cousa unha calidade ou conxunto de calidades que a fan ser estimada.

    6. Axudar ou auxiliar a alguén.

    7. Custar a cantidade que se expresa.

    8. Ter o mesmo valor ca outra cousa.

    9. Ser digno de algo.

    10. Poder facer un mesmo as cousas sen axuda.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Trujillo, Venezuela, situada ao SO da cidade de Trujillo (128.190 h [2001]). A industria alimentaria e as construcións eléctricas son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Ingresou no corpo diplomático e ocupou diversos cargos políticos. Cultivou todos os xéneros literarios, desde a tradución á crítica literaria, ensaios sobre relixión, filosofía, estudos sobre política e historia, a narración breve, o conto, o teatro e, sobre todo, a novela, xénero ao que se incorporou serodiamente e no que destacou. Contrario á novela naturalista, defendeu a tese de que a novela é unha forma de poesía, e nas súas obras tentou retratar o ambiente andaluz e unha fixo profunda análise psicolóxica das personaxes. Da súa obra salientan Pepita Jiménez (1874), Doña Luz (1879) e Juanita la Larga (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e biblista. Monxe xerónimo, abrazou a reforma protestante. Fuxiu da Inquisición e refuxiouse en Xenebra, onde publicou diversos tratados teolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Bo coñecedor da política do seu tempo -desde o reinado de Xoán II ata os Reis Católicos-, sobre a que reflexionou nas súas obras Crónica abreviada ou Valeriana (1482), Memorial de diversas fazañas e Crónica de los Reyes Católicos. Escribiu tamén, entre outras, unhas Epístolas e a Defensa de virtuosas mujeres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eamon De Valera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na ribeira dereita do río Júcar (1.502 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia romana comprendida durante o Baixo Imperio (s IV) na diocese de Roma, entre o Piceno, a Umbria e a Campania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Bautizada, segundo a lenda, por san Marcial, bispo de Limoges, morreu decapitada. Segundo a tradición, colleu a cabeza entre as mans e dirixiu a vista dos verdugos ao altar, onde san Marcial estaba oficiando. Represéntase coa cabeza entre as mans. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Muller de san Vidal, foi nai dos santos Xervasio e Protasio. A súa festividade celébrase o 28 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de ata 1,5 m de altura, cun rizoma curto e fibroso e follas opostas, pinnaticompostas ou pinnatisectas, de 5-25 folíolos. As flores son pequenas, sésiles, tubulosas de cor rosa pálida ou abrancazada, dispostas en corimbos densos e apicais. O froito é un aquenio oblongo-ovado con vilano. Florece entre a primavera e o verán en bosques e zonas húmidas e pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 2.000 m, no N da Península Ibérica e sistemas montañosos do centro. En Galicia atópase fundamentalmente en zonas do interior. Emprégase coma planta medicinal polas súas propiedades sedantes e hipnóticas. OBS: Tamén se denomina herba bendita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas, da familia das valerianáceas, que está representado por unhas 200 especies con ampla distribución nas rexións temperadas, subtropicais e tropicais. En Galicia están presentes diversas especies, entre elas V. officinalis, V. pyrenaica, V. dioica e V. montana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás valerianáceas.

    2. Planta da familia das valerianáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou raramente arbustivas con follas opostas, simples ou pinnadas, flores pentámeras, asimétricas, xeralmente hermafroditas, con poucos estames e entomófilas, e froitos en aquenio con vilano. Son propias do Hemisferio Norte e dos Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO