"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de filmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de filtrar ou filtrarse.

      2. Operación de filtrar un fluído. Na filtración a fase líquida do sistema, por efecto do gradiente de presión, pasa a través dun material permeable (de papel, tecido, metal, etc), no que a fase sólida queda retida.

      3. filtración glomerular

        Primeira fase do proceso de depuración do sangue polas nefronas, nos riles. A maior parte dos elementos do plasma sanguíneo (glicosa, auga, urea, cloro, sodio, fosfato, ácido úrico e, en xeral, todas as moléculas de pequenas dimensións) atravesan a membrana do glomérulo e pasan á cápsula de Bowman. A ultrafiltración producida por todos os glomérulos dos riles supón máis de 150 litros ao día, pero o 99% deste volume é reabsorbido polo sangue nos túbulos renais.

    1. Información secreta que se dá a coñecer a través dunha canle non identificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de finalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fiscalizar.

      1. Control que se exerce sobre a actividade administrativa, realizada polos órganos superiores xerárquicos da mesma administración, polos tribunais de xustiza, polas institucións parlamentarias e pola opinión pública.

      2. Control da actividade administrativa realizada pola xurisdición contenciosa administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio mediante o que se debuxan os átomos de carbono tetraédricos e os seus substituíntes en dúas dimensións, de maneira que as valencias do átomo de carbono se dirixen cara a atrás (liña de puntos), mentres que as valencias dos outros substituíntes se dirixen cara a adiante (liña grosa). Con este método a molécula debúxase en forma de cruz, co átomo central no punto de intersección. Cómpre que a función máis oxidada permaneza na parte superior da fórmula proxectada. A convención de Fischer establece un criterio para representar diversas configuracións nun plano. Estas fórmulas de proxección de Fischer non representan fórmulas planas, senón que son a representación plana dunha fórmula tridimensional. Só son válidas no plano no que se proxectaron, é dicir, non se poden levantar dese plano. Un intercambio de dous grupos substituíntes entre eles produce unha inversión da configuración, é dicir, o enantiómero, mentres que dous intercambios dan unha forma coa mesma configuración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu en Vilagarcía de Arousa o 5 de xuño de 1997. Entre os seus obxectivos cómpre subliñar diversas iniciativas para o estudio, a investigación e o debate de temas e proxectos de interese local para Vilagarcía de Arousa, impulsando a xestión das institucións locais e dos responsables políticos, co fin de acadar unha óptima realización dos proxectos. Ocúpase tamén do fomento e desenvolvemento do tecido social e económico. O seu padroado está constituído polo presidente Xosé Barros Cuervo, o vicepresidente Félix Acuña Vidal, un secretario, un tesoureiro, e cinco vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é real ou é falso.

    2. Que ten un valor acordado por convención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de fixar ou fixarse.

      2. Transformación dos haluros de prata dunha película ou positivos non expostos en sales solubles. Trátase dunha etapa posterior ao revelado, ao baño de parada e ao branqueado.

      3. Técnica para conseguir a estabilización dun tecido ou dun organismo e conservar a súa estrutura orixinal, fixar a coloración e impedir a putrefacción por causa dos microorganismos. A fixación pode ter lugar mediante desecación, calor ou fixadores.

      1. Idea fixa e obsesiva.

      2. Establecemento, por reiteración, dun hábito motor susceptible de retención.

      3. Adhesión da líbido a unha persoa, a un obxecto ou a un estadio do desenvolvemento psicosexual.

    1. Dispositivo mecánico, composto de dúas partes (ancoraxe de punta e de talón), empregado para suxeitar a bota ao esquí. A maioría das fixacións son automáticas, que se caracterizan polo feito de que cando a bota se move subitamente, no caso dun golpe ou unha caída, unha ou outra ancoraxe, ou as dúas ao tempo, se abren e liberan a bota do esquí.

    2. fosilización.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de flabelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de flaxelar ou flaxelarse.

    2. Castigo penal que consistía en darlle un número determinado de azoutes ou lategazos a un individuo por motivos diversos e con distintos intrumentos. Na Antigüidade foi unha das penas máis xeneralizadas. Nas relixións mistéricas executábase como un acto ritual vinculado aos ritos iniciáticos. A ascese medieval cristiá converteu a autoflaxelación nun método de mortificación e penitencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de flexibilizar ou flexibilizarse. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de agregados compactos nunha disolución coloidal por fenómenos de natureza eléctrica (atracción de partículas de signo contrario), evaporación ou arrefriamento.

      1. Tratamento ao que se someten os sólidos disgregados dispersos no seo dun fluído para formar agregados de partículas que fan posible a separación do sólido por sedimentación ou por filtración. Só se emprega cando as partículas sólidas son moi pequenas.

      2. axente de floculación

        Substancia tensoactiva ou electrólito que se emprega para producir a floculación.

      1. Aparición dun enturbamento nunha solución coloidal dosificada, á que se lle engade unha cantidade determinada dun soro cun exceso de gammaglobulinas. Emprégase para diagnosticar certos estados patolóxicos do fígado que ocasionan un aumento nas gammaglobulinas.

      2. Tipo de reacción inmunolóxica de precipitación que producen algúns antisoros, fundamentalmente os que se preparan con toxinas diftéricas e estreptocócicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación das flores que comporta a transformación da xema vexetativa en xema floral. Isto implica un cambio no meristema da xema, fórmanse o periantio, os estames e os carpelos. Na maioría das plantas a floración depende do fotoperíodo (ciclos de día longo ou curto) e da temperatura (alta ou baixa). As condicións axeitadas de fotoperíodo e de temperatura dan lugar á síntese de fitohormonas, que inducen á floración. Non obstante , algunhas especies son indiferentes a estas variables ecolóxicas, e dependen só do estadio de crecemento da planta. Tamén se denomina florescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII) Abade e bispo de Estrasburgo, fillo dun príncipe irlandés que marchou a Alemaña onde se fixo ermitán. Considérase o apóstolo de Alsacia. Na iconografía viste de pontifical; leva, como atributos xerais, a maqueta dunha igrexa e un bordón de dobre cruz, e, como atributos persoais, un animal bravo ou unha meniña cega aos seus pés. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada ao SL do Gran Bos Aires e que forma un partido propio (235.554 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s V) Bispo africano deportado polos vándalos á illa de Sardeña, onde morreu no ano 496. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo un dragón. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín Florentius, e este de florens, florentis ‘que florece, que está en flor’, cognome romano formado a partir do participio presente do verbo floreo ‘florecer’. Por mor do seu carácter augural, usárono moito os primeiros cristiáns; así, entre os mártires e santos que o levaron, destacan o bispo africano san Florencio (s V) ou san Florencio de Estrasburgo (s VII), celebrado o 3 de xaneiro. Tamén houbo en Galicia un san Florencio que foi abade de Carracedo e que se celebra o 10 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO