"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Que pode ser restaurado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Portugal comprendido entre 1640 e 1668. Iniciouse en Lisboa en 1640 coa aclamación, por parte dun grupo de fidalgos, de Xoán IV como rei de Portugal e supuxo o enfrontamento con España. Asinada a paz en 1668, supuxo a fin do dominio castelán en Portugal e a entronización da dinastía de Bragança

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de restaurar.

      2. Restablecemento nun país do réxime político que existira con anterioridade.

      3. Reposición no trono dun rei destronado ou do representante dunha dinastía expulsada.

      4. Proceso ou conxunto de intervencións progresivas que, de forma simple ou combinadamente, teñen por obxectivo prolongar a existencia dos bens culturais, mediante a mellora das súas condicións físicas. Os procesos máis habituais neste labor son a documentación, a consolidación do soporte, a limpeza de superficies, a reintegración pitórica e o envernizado ou protección final da superficie da obra. Malia que a necesidade de restaurar sempre existiu, foi importante na evolución do concepto a acción da Igrexa ao recomendar que se restaurasen as imaxes do culto e os descubrimentos de Pompeia e Herculano, coa conseguinte necesidade de conservar as pezas. No s XVIII xa destacaron algúns restauradores como Picault, Edwards e Hacquin, e os talleres de restauración de Venecia, Nápoles, Boloña e París. En Madrid, apareceu en 1853 a obra de V. Poleró Arte de la Restauración e, en 1880, un tratado de pintura cun capítulo dedicado á restauración, obra de M. de la Roca . O International...

      5. Período histórico que comeza coa reposición dunha dinastía. Entre as principais restauracións monárquicas europeas destacan a inglesa (1660-1702), que repuxo aos Stuart, a española, que restableceu a monarquía borbónica, e as dúas de Francia, a primeira (1814-1815) co regreso de Luís XVIII de Borbón, e a segunda (1815-1830), coa entronización do seu irmán Carlos X.

    1. Oficio ou actividade de restaurador.

    2. Conxunto de debuxos e planos que representan un edificio na súa forma orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de España que comprende desde o 29 de decembro de 1874, en que se proclamou a Afonso XII como rei de España, ata o 14 de abril de 1931, data da proclamación da Segunda República. Correspóndese co reinado de Afonso XII (1874-1885), a rexencia de María Cristina de Austria (1885-1902) e o reinado de Afonso XIII (1902-1931). Distínguense tres etapas. A primeira (1874-1876) é a de instalación e consolidación do novo sistema. Comeza co pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez de Campos en Sagunt (29.12.1874) e a formación do ministerio rexencia presidido por Antonio Cánovas del Castillo. Tentábase desprazar aos militares da vida política e converter a coroa en fonte de poder mediante un goberno no que os partidos conservadores e libeais alternasen por quendas e no que a manipulación do sufraxio fose algo corrente para que as forzas políticas tivesen representación parlamentaria. Neste sistema o control da demarcación territorial era básico, feito que provocou que se desenvolvese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Europa que comprende desde a celebración do Congreso de Viena de 1815 ata a Revolución de 1848. Supuxo o retorno ao Antigo Réxime coa restauración da monarquía absoluta e a reorganización do mapa europeo despois da época napoleónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen restaura, especialmente obras de arte.

    2. Persoa que ten ao seu cargo un restaurante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir do 26 de outubro de 1899. Cesou a comezos de xuño de 1913. Subtitulouse “Semanario independente” e, desde 1909, “Órgano oficial de la Comunión Tradicionalista, en la provincia de Pontevedra”. Dirixido por Manuel Fernández e de tendencia católica radical, a partir de 1907 converteuse en bisemanario, dirixido por Ramón S. Fernández. Mantivo fortes polémicas cos xornais republicanos La Lucha e La Justicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento público onde se serven comidas mediante pago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver poñer, algo ou alguén, no estado que tiña antes e que perdera.

    2. Arranxar algo roto ou que se atopa en mal estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao que serve para restaurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso, situado no límite entre os concellos da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna. Cunha altitude media de 900 m, destaca o monte Restelo con 1.013 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Reflectiu as súas experiencias en 250 volumes, entre outros, La fille naturelle (1769), Le paysan perverti (1775), La vie de mon père (1779), Les contemporaines (en 42 volumes, 1780-1785), Nuits de Paris (1783) e as memorias amorosas Monsieur Nicolas (1794-1797).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de cordón.

    2. Cada un dos pedúnculos cerebelosos inferiores, que reúne vías nerviosas procedentes da medula e do bulbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua de area ou pedra que se prolonga desde o litoral costeiro ou a beira dun río ata dentro deles.

    2. Faixa litoral que parte dun extremo dunha baía e que ao unirse con outra, formada na parte oposta,  dá lugar a unha barra continua de area ou cordón litoral, que separa a baía do mar aberto.

    3. Banco de area ou pedras en mar aberto.

    4. Bosque tropical, xerofítico e de sabana, propio do litoral de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO