"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Espacio que hai nas redes de xábega, do xeito, do boliche de pedra e doutros aparellos pesqueiros onde van colocadas as cortizas e chumbos.

    2. Mallas triangulares que nos aparellos de pesca serven de unión entre o pano e a tralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África surtropical que limita coa República Democrática do Congo ao N e NL, con Zambia ao L, con Namibia ao S e co Océano Atlántico ao O (1.246.700 Km2; 5.673.046 h [censo 1970], 10.624.000 h [estim 1997]). O enclave de Cabinda -separado do resto do territorio polo río Congo e a República Democrática do Congo-, limita polo N coa República do Congo. A capital é Luanda.
    Xeografía física
    Angola forma parte do altiplano subcontinental de rochas cristalinas cubertas en parte por sedimentos paleozoicos. Presenta unha planicie costeira baixa, máis ampla ao norte (100 Km) ca ao sur (35 Km), limitada ao leste polo altiplano. A vertente occidental do altiplano, que descende formando socalcos cara ao Atlántico, é abrupta e está sucada por numerosos ríos pequenos que aproveitan as liñas de falla; Moro Moco é a cima máis alta (2.620 m) dese sector. A vertente oriental presenta un suave descenso e está drenado polos afluentes do Congo e o Zambeze. Os ríos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Angola ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Angola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palabra procedente do latín angor, -ōris que significa ‘dor’ e que se emprega na formación de termos médicos, especialmente cando a dor é de orixe isquémica.

    2. anxina abdominal.

    3. anxina de peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raza de cabras, coellos e gatos que se caracterizan polo feito de presentaren un pelame longo, sedoso e xeralmente de cor branca. Estas razas (salvo os coellos, cunha orixe máis dubidosa) son oriúndas de Asia, da rexión de Angora (antigo nome de Ancara, Turquía). Polo xeral emprégase a locución adxectiva ‘de angora’.

      1. Tecido de pel de coello de angora, caracterizado por unha baixa condutividade térmica e por un alto contido de materia graxa, o que o fai relativamente impermeable.

      2. moher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Ancara e da súa rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Cibuq Abad, preto de Angora, en xullo de 1402, entre o Emir mongol Tamerlán e o Sultán otomano Baiazet quen, vencido e feito preso, morreu en catividade. Esta derrota frea temporalmente a expansión otomana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fibra téxtil que imita a la de angora.

    2. Tecido obtido con fibra de angorina.

    3. Capa de abrigo de mangas perdidas que normalmente chega ás canelas e que se adoitaba empregar na comarca luguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacos de pano ou tea que van atados entre o pé e a perna para que os zocos non rocen nin magoen ao andar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise de algo que é moi estreito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é angosto.

    2. Lugar onde unha cousa (un paso, un filón, unha cova, etc) se fai máis estreita.

    3. Árbore de orixe tropical que toma o seu nome da poboación de Angostura (ou Angustura) na conca do Orinoco. A súa casca, rica en aceites esenciais, empregábase para tratar a disentería e a diarrea crónica.

    4. Extracto da casca da árbore do mesmo nome, empregado na preparación de diversos licores. É un ingrediente importante na preparación dos bitters que hai actualmente no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Ciudad Bolívar (Venezuela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea convocada por Bolívar, entre febreiro e decembro de 1819, na que se reafirmaba o desexo de crear unha Gran Colombia, integrada polos actuais Colombia, Ecuador e Venezuela. Bolívar foi nomeado Presidente provisional e foi promulgada a Constitución do novo estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte sobre o Orinoco en Ciudad Bolívar, Venezuela. Ten unha lonxitude de 1.670 m, os piares centrais teñen unha altura de 120 m. Foi inaugurado no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome oficial da cidade francesa de Angulema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Francia atlántica, comprendida na súa totalidade dentro dos límites do departamento de Charente. Drenada polo río Charente. A principal actividade económica é a explotación vitivinícola, con centros de destilación como Cognac. A parte NL de Angoumois é de lingua occitana. A historia da rexión queda identificada coa do condado de Angulema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enseada ou baía moi pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda da Coruña. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha angra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade das Ilhas dos Açores, Portugal, porto da costa S da illa Terceira. Ten un castelo do s XVII. Foi capital dos Açores ata 1832.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Jean Rémy.

    VER O DETALLE DO TERMO