"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de flotar.

    2. Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda. Pode tratarse de flotación limpa, cando non intervén en ningún momento o banco central do país correspondente, e flotación sucia, cando si intervén comprando ou vendendo para estabilizar a moeda.

      1. centro de flotación

        Centro de pulo.

      2. liña de flotación

        Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe; é dicir, separa as obras vivas (carena), das obras mortas, cando o buque leva o seu máximo de carga.

      3. liña de flotación en lastre

        Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.

    3. Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura de minerais, de compostos químicos, etc, en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar. Este comportamento selectivo débese á distinta afinidade superficial dos materiais fronte á auga ou ao aire. Emprégase a flotación para concentrar o mineral extraído das minas, do que elimina unha parte da ganga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fluidificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de fluidizar un sólido pulverizado. Emprégase para o transporte de sólidos pulverizados a través do encanamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de fluorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de flutuar.

      1. ariación experimentada no curso xeral da actividade económica ou nunha magnitude económica relevante.

      2. fluctuación cíclica

        ariación no prezo e na cifra de vendas dun determinado produto, en función da época do ano.

      3. fluctuación dos cambios

        ariación no valor de cambio das moedas como consecuencia de aumentos ou diminucións na súa oferta e demanda, en función da evolución económica dos países.

    2. Desviación do valor dunha magnitude variable respecto do seu valor medio. Este termo impreciso foi formalizado máis claramente mediante os conceptos de desviación tipo e varianza.

    3. Movemento ondulatorio dun líquido.

    4. Sensación de onda que experimenta a man colocada sobre a pel a nivel dunha rexión tumescente, mentres que a outra man, colocada no costado contrario, provoca, mediante un golpe, unha oscilación do líquido contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de focalizar.

    2. Acción que consiste en concentrar un feixe de partículas ao redor dunha traxectoria ideal. Se as partículas están cargadas, acádase por medio de campos electromagnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (858-867 e 878-886). Sucedeu o Patriarca Ignacio trala súa deposición, pero non recibiu a confirmación do Papa Nicolao I, que o excomungou (863). Defendeu a autonomía do patriarcado e enfrontouse co papado pola cuestión do filioque e pola primacía entre os búlgaros. Deposto polo Emperador Basilio I (867), que restaurou o Patriarca Ignacio, trala morte do patriarca foi restituído no cargo co apoio do Papa Xoán VIII. Trala chegada ao trono do Emperador León VI, foi deposto e exiliado. Entre outras obras escribiu: Myrobiblion, un resumo de 279 obras de diversos autores. Os ortodoxos venérano como santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estratego e político. Discípulo de Platón, representou a aristrocracia e foi nomeado estratego corenta e cinco veces. Opúxose ao nacionalismo expansivo de Demóstenes e liderou xunto con Esquines o partido promacedonio. Tralo restablecemento da democracia en Atenas, foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q. A ecuación de Fokker-Planck ten unha importancia crecente na física estatística, sobre todo no estudo dos fenómenos cooperativos e nas transicións de fase, e a dinámica da maioría dos procesos irreversibles dáse por unha ecuación de Fokker-Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disposición relativa das follas dentro da xema.

      2. De-senvolvemento das xemas foliares.

      3. Aparición das follas nas árbores e nos arbustos caducifolios.

    1. Estrutura que presentan algunhas rochas, sobre todo as metamórficas, formada por un conxunto de superficies paralelas ou subparalelas definidas por variacións da medida ou da composición dos grans, alineacións de minerais de hábitat planar, etc. A foliación é consecuencia dun metamorfismo que afectou a unha laminación previa de orixe sedimentaria (entón a foliación é paralela á estratificación), ou ben dunha deformación (foliación de orixe tectónica), producida durante fenómenos de metamorfismo rexional ou de contacto, ou como resultado destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aplicar fomentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Bos Aires a partir do 15 de agosto de 1909 como “Órgano de la sociedad Pro Escuela en Bandeira”. Cesou probablemente a súa edición en 1913. Dirixírona J. M. López e Antonio S. Freán. Incluíu, ademais de información societaria, novas sobre Galicia, artigos e colaboracións literarias. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o xornal Lux que pretendía ser o seu continuador. No ano 2002, Ir Indo Edicións publicou unha edición facsimilar de ambos os dous xornais, coordinada por Xosé Manuel Ma-lheiro e acompañada dun estudo preliminar no que se analiza a situación educativa en Galicia a principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión da voz ou de sons articulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de financiamento que o goberno español emprega para axudar a aquelas rexións menos avanzadas. O diñeiro pertence aos orzamentos do Estado (hai un 35% de investimento público) e aplícase por medio das diferentes comunidades autónomas, excluídas as de maior renda por habitante. Regúlase pola Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA) e pola Lei 29/1990 do Fondo de Compensación Interterritorial e a súa configuración estableceuse polo Acordo de Política Fiscal e Financeira (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico das Nacións Unidas creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods. Tiña por obxecto promover a cooperación monetaria e o comercio internacional e facilitar axudas aos países membros que lles permitan equilibrar as súas balanzas de pagos. Os seus membros participan cunha cota anual, que determina o seu número de votos e a proporción da que poden dispoñer dos recursos totais. Desde 1968 emite os dereitos especiais de xiro, unidade de conta utilizada no comercio internacional. Os seus órganos directivos son a Xunta de Gobernadores, autoridade máxima, composta polos ministros de facenda ou gobernadores/presidentes dos bancos centrais dos 184 países membros (2002), o Comité Monetario e Financeiro Internacional e o Directorio Executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso diacrónico de transformación fonolóxica polo que se crea unha nova oposición fonolóxica ou distintiva no sistema fonolóxico dunha lingua. Por exemplo, do paso do latín clásico ao latín vulgar produciuse a desfonoloxización da cantidade a prol da pertinencia do timbre: as vocais longas convertéronse en fechadas (lat VĒNIT > ‘el veu’) e as breves en abertas (lat VĔNIT > ‘el vén’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Estudiou na Accademia di Brera en Milán. Expuxo as súas obras en París (1934) en Abstraction-Création. Viviu en Arxentina (1939-1946) onde realizou escultura figurativa e expresionista e publicou o Manifesto branco (1946). En 1947 volveu a Milán e elaborou a doutrina do espacialismo. As superficies dos seus lenzos son planas e están rachadas; empregou tamén as luces de neon e abriu o camiño á enviroment art.

    VER O DETALLE DO TERMO