"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘saber’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘mestre’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado no Freixo de Sabardés (Outes). Ten a súa orixe nun oratorio arruinado no s XI que reedificou o conde Pedro Froilaz. Foi priorado de San Paio de Antealtares e despois de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, reformada no s XVII, e algunhas dependencias monacais que forman a casa reitoral.
-
PERSOEIRO
Ilustrador e autor de banda deseñada. Foi o creador de Los grandes inventos del TBO, protagonizados polo Profesor Franz de Copenhague.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. En Roma foi discípulo de L. Vanvitelli, co que interveu na construción do palacio de Caserta (Nápoles). En 1760 trasladouse a España e traballou para Carlos III en reformas de edificios, como os palacios reais de Madrid e de Aranjuez, e na construción doutros novos en estilo neoclásico como a Puerta de Alcalá (1764), La Aduana (1769), a Puerta de San Vicente (1775) e a Casa de los Ministerios (1776), todos en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina modalista sostida polos partidarios de Sabelio, herexe do s III, que negaba a Trindade de Deus.
-
-
Relativo ou pertencente a Sabelio ou ao sabelianismo.
-
Seguidor do sabelianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba para a diagnose bacteriolóxica da toxoplasmose.
-
PERSOEIRO
Suposta mártir romana ou antioquense. Os seus actos foron probablemente inventados para explicar o titulus Sabinae, máis tarde titulus Sanctae Sabinae, da basílica do outeiro Aventino en Roma, coñecido xa no s V. Na súa iconografía represéntase ricamente vestida cun veo na cabeza, por ser viúva. Como atributos leva a palma, por ser mártir, e unha espada, instrumento do seu martirio; como atributo persoal unha ánfora, para indicar que asistía aos mártires. A súa festividade celébrase o 29 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Morreu xunto cous seus irmáns, Vicente e Cristeta, ao esmagárselles a cabeza con pedras ou entre táboas de madeira. Unha serpe custodiou os corpos ata que se enroscou nun xudeu que ía profanalos e que despois se converteu e construíu un templo. Na súa iconografía represéntase con túnica romana e leva como atributo persoal unha serpe. A súa festividade celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado no extremo oriental do Canal de Berdún, á dereita do Gállego (8.578 h [2001]). Na súa economía destaca a industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos sabinianos.
-
Membro dunha escola de xurisprudencia romana fundada por Caio Casio Lonxino, condiscípulo de Masurio Sabino, de quen tomou o nome. Opostos á escola dos proculeianos, tiveron un talante máis conservador e representaban o ius gentium (normas das relacións cos estranxeiros ou entre estes e os cidadáns). A súa existencia e as súas controversias duraron ata os tempos de Marco Aurelio.
-
-
PERSOEIRO
Novelista brasileiro. Cronista da vida urbana, analizou as súas contradicións con sutil humor. Da súa produción destaca Encontro marcado (1956), de contido en parte autobiográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Foi bispo de Asís e cortáronlle as mans e despois lapidárono. Na súa iconografía represéntase coas mans apuntadas a carón de imaxes esnaquizadas de ídolos. A súa festividade celébrase o 11 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Psicólogo. Doutor en Psicoloxía e catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación céntranse na participación política, nos movementos sociais, na violencia política e no nacionalismo. Escribiu, entre outras obras, Ideología y actitude (1982), Métodos y técnicas de investigación en psicología social (1986) e Psicología política (1996), e con outros autores Xuventude e política en Galicia (1992), Participación política, modelos teóricos (1993), Medios de comunicación de masas y conduta política (1997) e Do descontento á acción: a construción social da protesta (2004), ademais de ser un dos editores de Psicología y derechos humanos (2004) e Madrid 11-M: un análisis del mal y sus consecuencias (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Porqueira. Fundárono, xunto co de Santa María de Sabucedo, a condesa Goto e a súa filla Lupa. Truduli, a neta da condesa, xuntou os dous mosteiros e en 1043 uniunos ao de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A excepción de.
-
VER O DETALLE DO TERMO
píntega.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. A súa vida coincidiu coa época de decadencia da literatura en lingua vulgar. Escribiu poemas, como La battaglia delle donne (1350) e Sposizione dei Vangeli (1378-1381), ademais da colección de contos Trecentonovelle (1385-1392).
VER O DETALLE DO TERMO