"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Acción e efecto de recapitular.
-
Termo usado na Epístola aos Efesios para indicar o misterio de Xesús Cristo como cabeza de todo, onde se reúnen de novo todas as cousas do Ceo e da Terra.
-
Teoría proposta en 1783 por Kelmeyer, que foi adoptada no s XIX por outros homes de ciencia, como Haeckel, quen a impulsou novamente e lle deu o nome de lei bioxenética fundamental, postulando que a ontoxénese reproducía a filoxénese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repetir, recordar ou mencionar a xeito de resumo os principais puntos dun discurso, dunha conferencia ou dun escrito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización terapéutica dos reflexos condicionados. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Guitarrista de jazz. Coñecido como Django Reinhardt, en 1934 formou o grupo Quintet Hot Club de Francia. Desde 1946 formou parte da orquestra de Duke Ellington. Das súas composicións destacan Echoes of France (1946) e Blues por Ike (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen recae nunha herexía da que abxurara. No Tribunal da Inquisición o reo relapso merecía automaticamente o encarceramento e, a partir de mediados do s XIII, era condenado a morte e relaxado.
-
Que ou quen reincide ou incorre de novo nun pecado do que xa fora absolto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panteón Real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza ou obxecto que serve para apoiar os pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papiro exipcio, que contén un tratado matemático, de época faraónica e en moi bo estado de conservación, que foi adquirido en Tebas en 1858 polo viaxeiro británico A. Henry Rhind, e tras a súa morte, polo British Museum, onde se conserva. Data do reinado de Auserre Apopis I (1674?-1567 a C). É copia dunha obra escrita baixo Ammenemes III (1842-1797 a C). Comprende unha serie de táboas para o cálculo de fraccións e noventa problemas aritméticos e xeométricos, de natureza non teórica, senón práctica.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Deheubarth (Gales). Foi un dos máis destacados dirixentes das revoltas de 1136 e 1165 contra a invasión normanda. En 1171 negociou a paz con Enrique II de Inglaterra que o nomeou xefe dos príncipes do sur de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Ingresou na Unión Liberal en 1858 foi deputado polo distrito de Ortigueira (1858-1863), pola sección da Coruña (1865-1871) e senador pola Coruña (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo estadounidense. Estudou na Harvard University e investigou o tifo, a hepatite e a febre Q causada pola rickettsial Coxiella burneti. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1954), xunto con J. F. Enders e T. H. Weller, polo descubrimento de novas técnicas de cultivos de virus que facilitaron a obtención de vacinas, especialmente contra a poliomielite.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei anxevino de Nápoles e conde de Provenza (1309-1343), fillo de Carlos II de Nápoles e de María de Hungría. Polos tratados de Oloron e de Canfranc foi liberado en hospedaxe, con algúns irmáns seus, por Afonso III de Aragón (1288), que os retivo ata 1295. Foi herdeiro do trono e duque de Calabria ao ser feito rei de Hungría o seu irmán maior, Carlos Martel. Converteuse rei ao morrer o seu pai (1309). Defendeu o dereito de Nápoles ao dominio de Sicilia, organizando unha invasión que destruíu moitas cidades, pero fracasou diante da resistencia dos sicilianos. Ao morrer Federico II de Sicilia (1337), enviou unha nova armada contra o novo rei, Pedro II de Sicilia. Ocupou Lipari (1339) e despois Milazzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revestimento que se coloca na parte baixa dalgunhas paredes para protexelas das rozaduras dos mobles, feito con materiais resistentes como pinturas duras de aceite, madeira ou mármore. OBS: Tamén se denomina zócolo.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Afiliouse ás Xuventudes Socialistas no ano 1979, chegando a ser secretario da organización en León. En 1986 acadou un escano no Congreso pola provincia de León, converténdose no deputado máis novo, escano que mantivo nas sucesivas eleccións a cortes xerais. Formou parte das comisións de Xustiza e Interior, Constitucional, do Defensor do Pobo e de Administracións Públicas, na que era portavoz do seu grupo. No V Congreso provincial do PSOE (1988) é elixido Secretario Xeral da Federación Socialista Leonesa. Reelixido en 1994 e 1997, neste último ano entrou como vogal na Executiva Federal, máximo órgano do PSOE. No ano 2000 decidiu presentarse candidato a secretario xeral deste partido, creando para iso unha nova corrente, centrista e liberal, chamada Nueva Vía, inspirada no laborismo británico de Tony Blair e a socialdemocracia alemana de Gergard Schröeder. Gañou o posto o 22 de xullo dese ano, por escasa marxe, grazas ao apoio dos socialistas cataláns. A súa elección conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (919-944), sogro de Constantino VII. Fíxose asociar ao poder (919) e desenvolveu un goberno positivo. Asinou a paz cos búlgaros e atraeunos á órbita do imperio. Os seus fillos obrigárono a abdicar e retirouse a un convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista e cristalógrafo francés. Enunciou a lei da constancia dos ángulos, que xa fora descuberta anteriormente por Stenon e outros. Publicou Essai de cristallograhie (1772) e diversas obras de mineraloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
radioterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán de Nova Zelanda, o máis alto dos tres volcáns do país, que acada unha altitude de 2.797 m. Ten cráter activo que sempre está cuberto de neve.
-
PERSOEIRO
Político. Doutor en Dereito (1859), foi xefe e fundador do Partido Liberal, gobernador civil de València (1881) e gobernador do Banco de España. Foi ministro de Ultramar (1888), de Graza e Xustiza (1894), e de Gobernación en seis ocasións entre 1888 e 1899.
VER O DETALLE DO TERMO