"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Tashkent (Uzbekistán) á beira do Akhangaran (132.000 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico inglés (‘mozos coléricos’) que inclúe críticos, poetas, novelistas, dramaturgos e cineastas. Expresaron os seus propósitos na Declaration (1957), na que contribuíron Lindsay Anderson, Kenneth Tynan, Stuart Holdroyd, John Osborne, Doris Lessing, Colin Wilson, Bill Hopkins e John Wain. Reaccionaron contra formas de expresión formalistas e afastadas da realidade; propuxeron investigar esta realidade e atacar o xeito de vida e as institucións inglesas. O movemento é moi ecléctico. Nel participan novelistas como Kingsley Amis ou Alan Sillitoe, dramaturgos como Arnold Wesker ou John Arden, directores de cine como Tony Richardson ou Karel Reisz, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de lonxitude comunmente utilizada en espectroscopia para indicar a lonxitude de onda dunha radiación; tamén se emprega para medir as distancias intermoleculares e atómicas. Defínese por 1 Å = 10-10 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo sueco. Foi profesor de Física e posteriormente reitor na Universidade de Uppsala. Estudiou cuestións de óptica cristalina e metálica e de espectrografía. Descubriu o hidróxeno, o manganeso, o titanio e o aluminio no espectro solar, e foi o primeiro en medir en valor absoluto as lonxitudes de onda. Dáselle o seu nome á unidade de lonxitude de onda (angstrom).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate lemuroide de pouco máis de 26 cm de altura, que ten o segundo dedo das mans anteriores e posteriores reducido a un toco, e o rabo, de menos de 1 cm de longo, agochado debaixo do pelame, que é de coloración castaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labor ou empresa na que alguén está ocupado ou pola que alguén se preocupa.

    2. Servicio a que o vasalo estaba comprometido co señor en canto a animais de carga e outros medios de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente do pazo e castelo de Angueira de Castro, no concello de Rois. Tamén foron os señores de Padrón, vila que perderon coa caída dos seus parentes os Suárez de Deza. A esta familia pertenceu o ilustre padronés Álvaro de Angueira Junqueras Suárez de Deza, bispo de Quito. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo (ou torre) de prata, con portas e ventás de sable; adestrado de tres estrelas de ouro, postas en pao, e dunha espada denuda de prata gornecida de ouro, coa punta cara a arriba; e sinistrado dunha cruz flordelisada, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico literario. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce como profesor de Ensino Secundario e colabora asiduamente en diversas publicacións (O Correo Galego, Diario 16 de Galicia, A trabe de Ouro, etc). Organiza e coordina anualmente o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Como estudoso das letras, elaborou no ano 1992 un estudo sobre a obra Con pólvora e Magnolias, de X. L. Méndez Ferrín. No mesmo campo, publicou, no ano 1995, un libro-antoloxía sobre a historia do Día das Letras Galegas. No campo da narrativa destacan A morte de A. (2003) e Iria,(2012). Polo que respecta á súa obra poética, gañou o Premio Taboada Chivite, e o accésit do VIII Premio Esquío de Poesía pola súa obra Val de Ramirás (1988); en 1996, publicou o poemario O valo de Manselle e, no ano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que asentou casa en Corcubión. As súas armas levan, sobre campo de azul, un canal agrícola que verte as súas augas ao mar. Este apelido presenta a variante gráfica Angueiro; relacionados con esta caste están tamén os apelidos Anguera, Angueira e Angueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cobra, serpente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe de corpo serpentiforme que pode acadar unha lonxitude de 50 cm nos machos e 100 cm nas femias. A boca é ampla, a súa fendedura chega ata os ollos e a mandíbula inferior é máis prominente que a superior. Os dentes, diminutos, dispóñense en bandas nas mandíbulas e no vómer. As aletas dorsal, caudal e anal están unidas entre si formando unha lámina continua duns 500 radios arredor do extremo posterior do corpo. As aletas pectorais son arredondadas e curtas nos individuos novos, e aguzadas e máis longas nos adultos. Carece de aletas pelvianas. A pel está cuberta de escamas diminutas que se fan invisibles á vista e dunha abondosa mucosa que a fai moi escorregadiza. Grazas a esta mucosa e á súa abertura branquial diminuta, pode permanecer bastante tempo fóra da auga. A anguía vive en todo tipo de augas doces, a excepción dos ríos de alta montaña,...

    2. Peixe de corpo alongado, cilíndrico na parte anterior e comprimido na posterior, que pode superar o medio metro de lonxitude. Ten a cabeza e a boca grandes. As aletas dorsal e anal conflúen na parte posterior coa caudal e presenta unha liña lateral ao longo do costado. Vive entre 400 e 4.800 m de profundidade, onde se alimenta de decápodos, anfípodos, cefalópodos e outros peixes.

    3. bolo areeiro.

    4. Peixe de corpo alongado, de ata 45 cm de lonxitude, e cabeza pequena con cinco barbelas, unha no queixo e o resto sobre o fociño; presenta ollos pequenos e saltóns, e unha boca pequena. Ten dúas aletas dorsais, a primeira reducida a un radio seguido de filamentos curtos e a segunda, igual ca a anal, esténdese ata a base da aleta caudal. É de coloración avermellada ou castaña, co bordo das aletas sempre vermello. Atópase amplamente distribuído no litoral en charcas intermareais e, os exemplares de maior tamaño, por debaixo da franxa intermareal, onde se alimentan de crustáceos e pequenos peixes.

    5. Peixe de corpo alongado, de ata 40 cm de lonxitude, de cor negra cunha liña branca lateral. Ten a aleta caudal escotada e a dorsal pequena, situada no centro do espazo que queda entre a base da pelviana e da anal, que é máis longa cá dorsal. Presenta dúas fileiras de fotóforos e unha barbela ramificada baixo o queixo. Vive por debaixo dos 500 m de profundidade e aliméntase de crustáceos e doutros peixes.

    6. Peixe de corpo alongado, de ata 10 cm de lonxitude, con dúas aletas dorsais, a primeira reducida a un radio, de lonxitude similar ao radio do ollo, seguido de filamentos curtos, e unha anal. Ten tres barbelas, unha no queixo e as outras en cadanseu orificio nasal, e dous dentes sobresaíntes na mandíbula superior. É de cor castaña no dorso, avermellada nos laterais e tirando a rosa no ventre. Vive sobre fondos de area e de lama, fóra de beiramar, onde se alimenta de crustáceos.

    7. Peixe que acostuma comerse en empanada, frito, asado, en salsa verde, etc. En Galicia, sobresaen as anguías afumadas de Tui, as de Portomarín, e son moi apreciadas as do lago artificial de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anguía de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Foi un dos dirixentes do Partido Socialista Obreiro Español, no que militaba dende 1905, que se excluíu desa organización para fundar o Partido Comunista Español (PCE). Participou na folga ferroviaria de 1912 e foi uns dos organizadores da folga xeral revolucionaria de 1917, feito que motivou a súa detención e posterior condena a reclusión perpetua; sen embargo, ao ano seguinte liberárono ao ser elixido deputado por València. No congreso extraordinario do PSOE, en 1921, foi un dos seis membros da executiva que abandonou o congreso, xunto con trinta delegados, para fundar o Partido Comunista Obreiro, que pouco máis tarde se converteu en Partido Comunista de España, do que chegou a formar parte do seu Comité Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia dos ánguidos.

    2. Réptil da familia dos ánguidos.

    3. Familia de réptiles sauros formada por individuos ovíparos ou ovovivíparos, que non presentan patas ou que as teñen reducidas. Está constituída por 70 ou 80 especies, a maioría do continente americano. En Europa só se atopan dúas especies: Ophisaurus apodus e Anguis fragilis, coñecida en Galicia co nome de escáncer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para deter as anguías nos lugares onde a corrente é moi forte e pode arrastralas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesta empregada para gardar as anguías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada no litoral da parroquia de Lira (Carnota), entre a Punta dos Remedios ao S e a Punta Coreños ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da Enseada de Corrubedo, no litoral occidental da parroquia de Carreira (Ribeira), na península do Barbanza. Situada entre a punta do Corvo Correiro ao S e a praia da Lagoa ao N, pecha a lagoa de Vixán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Lira (Carnota), situada entre a punta dos Remedios ao N e As Saíñas ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO