"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos ruminantes, artiodáctilos, da familia dos bóvidos, ao que pertence o rebezo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado que se desenvolveu en Manchuria (1904-1905), provocado pola oposición dos intereses rusos e xaponeses en Asia oriental. O imperio xaponés decidiu intervir contra Rusia cando esta se instalou en Liaodong. A escuadra xaponesa atacou Port Arthur (1904) e asegurou o dominio marítimo da zona. As forzas xaponesas desembarcaron en Corea e ocuparon Seúl, atravesaron o Yalu e apoderáronse do porto de Dalian. En 1905 produciuse a Batalla de Shenyang e a destrución da armada rusa do Báltico en Tsushima. A guerra rematou coa vitoria de Xapón e coa sinatura do Tratado de Portsmouth (1905).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio de ferro con forma de espiral que se fixa ao extremo da baqueta ou dunha hasta para extraer os tacos ou outros obxectos do canón ou das armas de fogo que se cargaban pola boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela real construída por Luís IX o Santo entre 1241 e 1248 no patio do seu palacio de Île-de-France (actual patio do Palais de Justice París) para conservar as reliquias da Paixón. Consta de dúas capelas suporpostas, dunha soa nave, e foi parcialmente restaurada no s XIX por Viollet-le-Duc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
donicela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Samos. Construída no s X, puido ser orixinariamente a capela dun cemiterio ou parte dun mosteiro ou oratorio. Para a construción empregouse a cachotaría de lousa agás no lintel da fiestra xeminada do testeiro, onde se usou o granito. A súa planta é trapezoidal cunha nave e cabeceira. No interior, accédese ao presbiterio a través dun arco triunfal estreito que remata nunha rosca de perfil irregular que semella pecharse en ferradura. No exterior destaca a porta meridional, rematada nun arco que tende á ferradura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Santiago de Compostela. Trátase dun pequeno templo situado no lugar dun antigo hospital para acoller aos cóengos leprosos e outros enfermos, a xuízo do seu prior. Foi fundado en 1149 por Afonso Anaya e a súa dona Adosinda Menéndez, polo cóengo Pedro Pardo e por Pedro, prior da colexiata de Santa María do Sar. O domingo de Lázaro ou de Paixón, que se corresponde co quinto domingo de Coresma, celébrase unha romaría en que se ofrecen diversas clases de esmolas.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1223-1245), fillo de Afonso II e de Urraca de Castela. O seu reinado caracterizouse pola preponderancia que acadaron os favoritos. Incapaz de impoñerse ao poder crecente da oligarquía, foi deposto por unha asemblea de nobres e clérigos, que entregou a coroa ao seu irmán, o infante Afonso (Afonso III de Portugal).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Arte e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), desde ese ano foi director de Radio Fene. Participou na fundación da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, da que foi secretario desde 1989. Relator en numerosos encontros, publicou Pública e local: radio municipal en Galicia (1993), Maniños no pasado (1995), con Mª X. Arias, As orixes de Astano (1996) ou O Seixo no pasado (1998), con varios autores.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado ao S do delta do Ebro (11.572 h [2001]). A economía baséase na agricultura, para a que se recuperou os solos salgados do delta, a explotación das salinas, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dada primitivamente a todas as igrexas fundadas polos apóstolos, e reservada actualmente á de Roma, que comprende, desde un punto de vista xurídico, o papa e os órganos de goberno (curia romana) que axudan no goberno da Igrexa Católica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fonte situada na rúa do Franco, fronte ao colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, construída no manancial onde, segundo a tradición, se detiveron a beber os bois que carrexaban o corpo do Apóstolo Santiago. Co tempo foille engadida unha capela cun pequeno retablo neoclásico coa imaxe de Santiago Peregrino. A tradición tamén conta que nesta fonte san Francisco de Siena recuperou a vista despois de probar as súas augas. Reconstruíuse en 1830 e atópase tras uns arcos de acceso ao edifico que a acubilla.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquia de Ventoxo (Forcarei) e Parada (Cercedo). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caída en prancha ou de bruzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
píntega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
exigas que se forman na lingua do gando vacún.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador da literatura italiano. Discípulo de B. Croce e P. Gobetti, tamén manifestou certa influencia do materialismo dialéctico de A. Gramsci. Dos seus traballos destacan Il Trecento (1934), Compendio di storia della letteratura italiana (1936-1947), Poeti minori del Trecento (1952), Pagine di storia letteraria (1960) e Ritratto di Manzoni e altri saggi (1966), e con E. Cecchi dirixiu a Storia della letteratura italiana (1965-1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Bibei que nace e desemboca na parroquia de Vilardemilo (Viana do Bolo).
VER O DETALLE DO TERMO