"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Erudito. Doutorado en Leis en València (1722), exerceu como catedrático nesa universidade (1723). Posteriormente foi bibliotecario (1733-1740) do Palacio Real en Madrid. Estudioso das ciencias humanas en xeral, centrouse en temas literarios e lingüísticos, que plasmou en Vida de Cervantes (1736), Orígenes de la lengua española (1737) e Retórica (1757).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mecanografar.

    2. Que está escrito á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a mecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afloramento granítico de grao medio situado en Meira (Moaña), inmediato á torre medieval. A rocha principal é ampla e contén trazos rectilíneos e cruciformes, así como tres motivos de representación da custodia. Ao NO, noutra rocha do mesmo afloramento, localízase un motivo illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ferreiriño rabilongo.

    2. abellaruco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos gádidos, duns 70 cm de longo, que se caracteriza polo feito de ter unha mancha negra no medio de cada costado e ser semellante ao bacallau. É abundante ao N do océano Atlántico, onde vive a moita profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘párroco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meleagrídidos.

    2. Ave da antiga familia dos meleagrídidos.

    3. Antiga familia de paxaros, da orde dos fasianiformes, incluída na familia dos fasiánidos. Contén só as especies Meleagris gallopavo e Agriocharis ocellata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves galiformes, da familia dos fasiánidos, coa plumaxe parda verdosa e cabeza e pescozo con carúnculas vermellas. A este xénero pertence a especie M. gallopavo (pavo común).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe etolio, fillo de Eneo, rei de Calidón, e Altea, irmá de Leda. Abateu o porco bravo que Ártemis enviara a Calidón pero na cazaría matou tamén os seus tíos. A súa nai, ofendida, provocou a súa morte e despois aforcouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Home de estudos e coidadoso coas formas, a súa poesía era predominantemente erótica, homosexual e heterosexual. Escribiu As grazas, onde combinou prosa e verso, e A coroa, unha antoloxía de poetas epigramáticos, que foi a base das súas Antoloxías, da que só se conserva a Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sicose fitoparasitaria ou microbiana da barba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro programa de voos espaciais tripulados de EE UU, levado a termo baixo a dirección da NASA, que tivo por finalidade experimentar a capacidade humana de adaptación á ingravitación e ao mesmo tempo iniciarse na tecnoloxía necesaria para as misións tripuladas posteriores de máis alcance. En conxunto efectuáronse varios voos, seis tripulados, dos que dous   foron suborbitais, e os outros catro, orbitais. O programa comezou en 1958 e o primeiro voo suborbital tripulado por un ser humano tivo lugar en 1961, pilotado por Alan B. Shepard. En 1962 John H. Glenn fixo órbitas por primeira vez ao redor da Terra. O último dos seus voos tripulados acabou en 1963, e deu paso ao programa Gemini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meréns (Cortegada). De planta rectangular, realizouse con materiais pobres, agás o hórreo, que é de granito. Destaca a fachada principal onde se conserva un dos escudos máis grandes de Galicia, con 18 cuarteis e unha coroa condal. Nel están representadas as armas dos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosquera, Moscoso, Cisneros, Figueroa, Novoa e Sarmiento. O edificio pertenceu ao conde de Ximonde a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra monástica anónima reunida arredor do s VI en Roma. Formulou os temas básicos da vida monástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a constitución e a estrutura dos metais e as súas aliaxes. A metalografía clásica comprende a análise térmica, a metalografía macroscópica ou macrografía e a metalografía microscópica ou micrografía. A análise térmica ten por finalidade seguir a evolución da estrutura das aliaxes coa temperatura e detectar as transformacións e as súas caracteríticas de velocidade, intensidade e histérese. Distínguense diferentes campos de análise térmica: a análise dilatométrica ou variación do coeficiente de dilatación coa temperatura, a análise termomagnetométrica ou variación da permeabilidade magnética coa temperatura, a análise da termorresistividade ou variación do coeficiente de resistividade coa temperatura e a análise termoeléctrica ou variación do poder termoeléctrico coa temperatura. A macrografía estuda a superficie dos metais a simple vista ou coa axuda dun instrumento óptico de poucos aumentos. A micrografía...

    2. Proceso litográfico que se realiza sobre un metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO