"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Aplícase aos órganos foliáceos membranosos, máis ou menos translúcidos, e xeralmente secos e ríxidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor vermella viva e intensa e ás cousas que a presentan.

    2. Materia colorante de cor vermella viva cun punto de amarelo. Extráese da cochinilla da especie Coccus ilicis que habita nas aciñeiras, tanto en Marrocos como na Península Ibérica.

    3. Tea de seda brocada, tinxida cun colorante extraído da cochinilla. Orixinariamente, este nome dábaselle a calquera tecido de seda brocada de moita calidade, independentemente da súa cor. A escarlata introducírona na Península Ibérica os musulmáns que fundaron en Almería un dos centros produtores máis importantes do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tea de la de cor escarlata ou semellante.

    2. Enfermidade infecciosa e moi contaxiosa, que predomina en nenos de 5 a 10 anos, causada polo estreptococo beta-hemolítico e a súa toxina. O período de incubación é de 3 a 6 días, despois maniféstase unha amigdalite grave con cefalalxia e febre, e de 12 a 48 horas despois aparece unha erupción típica na pel. Ao cabo duns 3 ou 4 días, a erupción atenúase e mellora o estado xeral; 2 ou 3 semanas despois pode haber complicacións graves: nefrite, infección reumática, cardiopatía, hepatite, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de escarmentar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Benaventurado o que noutro foi escarmentado! A vella, de escarmentada, pasa o rego remangada. Cos escarmentados fanse os avisados”.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.

      2. Ser algo a causa de que alguén se corrixa e non volva cometer unha falta.

    1. Aproveitar a experiencia ou as ensinanzas propias ou alleas para non cometer os mesmos erros ou faltas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ten que se saber escarmentar o que non queira chorar. Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castigo que se lle impón a algunha persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “O escarmento trae ás veces o arrepentimento”.

    2. Ensinanza que se extrae de erros alleos ou pasados e serve de advertencia para evitar repetilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen escarnece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer escarnio de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Burla ou mofa que se fai con intención de ofender ou deixar en ridículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer escarnio de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar as espigas da cana do millo.

    2. Podrecer o interior dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea anual, de raíz de gran tamaño, que presenta follas anchas e rizadas cunha nervadura central branca e dispostas nunha roseta basal, da que sobresae un talo florífero, de capítulos sésiles, situados en posición axilar, solitarios ou en fascículos. Cada capítulo posúe entre 15 e 30 flores liguladas, de cor azul, rodeadas por dúas series de brácteas que sobresaen das flores. Os froitos son aquenios grosos. Valórase especialmente cando presenta unha cabeza terminal pechada de follas interiores de cor amarela, que non tiveron contacto coa luz. Consómese en ensaladas e guisos e ten un sabor lixeiramente amargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escarolar.

    2. Que se esmigalla con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar os grans do millo do carolo.

    2. Separar as espigas da cana do millo.

    3. Sacar a casca verde ás noces.

    4. Poñer brando ou fofo algo, especialmente a masa do pan.

    5. Esmigallar o pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para formar unha escara.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Declive abrupto de calquera terreo.

      2. escarpa de falla

        Sector dun plano de falla que queda ao descuberto.

    1. Inclinación exterior dun muro. Pode ser en noiro ou á inversa, pero o interior do muro permanece vertical.

    2. Noiro máis achegado ao muro, localizado no foso dunha fortificación.

    3. Pequeno anaco de madeira ou doutro material que se crava na carne.

    4. Cortiza dunha árbore grosa e vella, especialmente de castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha superficie moi irregular, con abundantes desniveis, pendentes ou cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza da armadura que servía para protexer o pé.

    VER O DETALLE DO TERMO